Desenvolvemento Rexional e Integración Económica
Admisión e Matrícula
- Títulos que se poden obter con este POP
Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica.
- Especialidade en Desenvolvemento Rexional.
- Especialidade en Integración Económica.
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Destinatarios
Alumnos de Economía ou Administración e Dirección de Empresas.
Alumnos doutras titulacións. Estes alumnos deberán realizar con carácter obrigatorio os créditos correspondentes ao módulo preparatorio (consiste en materias impartidas no primeiro cuadrimestre cun programa personalizado de estudo e traballo dirixido).
- Onde se vai impartir
Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.
- Universidades que participan
Universidade de Santiago de Compostela.
- Obxectivos
Facilitar que os alumnos obteñan unha formación económica avanzada, proporcionándolles coñecementos, ferramentas e métodos propios da economía moderna que lles permitan:
- Diagnosticar e analizar con éxito os problemas económicos.
- Desenvolver actividades profesionais complexas, tanto en empresas como noutras institucións públicas e privadas.
- Para aqueles que desexen orientarse á investigación, contar cunha base sólida (desde as perspectivas metodolóxica, teórica e de coñecemento de experiencias históricas) para iniciar a súa carreira investigadora.
Complementar os coñecementos académicos coa súa aplicación práctica en axencias, empresas, institucións e grupos de investigación que colaboran neste POP. Todo isto co obxectivo de formar especialistas capaces de analizar os complexos procesos de integración económica e de desenvolvemento rexional, as implicacións de política comercial e o papel das institucións locais, nacionais e internacionais.
- Modalidade de impartición
Presencial.
- Idiomas no que se imparte
Galego, Español e Inglés (segundo as materias).
- Ámbito de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Estrutura académica
Os alumnos deberán superar 120 créditos ECTS, dos cales o 75% corresponde a módulos teórico-prácticos e o resto distribúese entre a realización de prácticas en empresas, institucións e grupos de investigación e a realización dun traballo fin de máster.
Módulo Preparatorio (para alumnos que non procedan de Economía ou ADE) (15 créditos).
- 1º CURSO (60 créditos)
Módulos Obrigatorios de Máster:
- Economía Internacional (20 créditos).
- Desenvolvemento Economico e Humano (20).
- Econometría (10).
- Practicum (10).
- 2º CURSO (60 créditos)
Módulos Obrigatorios de Especialidade:
- Desenvolvemento rexional (20).
- Integración Económica (20).
Módulo Optativo: - Optativo (18).
Módulo Obrigatorio: - Practicum (10).
Módulo Obrigatorio: - Traballo de fin de máster (12).
O traballo de fin de máster, cunha equivalencia de 12 créditos ECTS, consistirá na realización dun traballo tutelado relacionado cos contidos impartidos durante o posgrao nos módulos obrigatorios e/ou optativos.
O prácticum con 20 créditos ECTS, constitúe un complemento fundamental para a formación do alumno. Dos 20 créditos citados, 8 (216 horas) serán de practicum en empresas, institucións ou grupos de investigación.
- Criterios de admisión e selección
MASTER: Acceso: Ser titulado universitario, posuír un título de Licenciado ou Diplomado, ter superados os créditos do 1º ciclo das titulacións actuais de primeiro e segundo ciclos ou acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estea comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns.
Admisións: Ofértanse 30 prazas, das que 20 resérvanse a alumnos procedentes das titulacións de Economía e Administración e Dirección de Empresas; 10 a alumnos doutras titulacións; 10 para a cota de estranxeiros; e 10 prazas para os alumnos que realicen a titulación a tempo parcial.
Criterios de selección: Expediente Académico.
DOUTORAMENTO:
1) Expediente acadámico e curriculum vitae (incluíndo como mínimo a referencia á experiencia profesional e ao cońecemento de idiomas estranxeiros).
2) Entrevista persoal.
Ter cursado o máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica será considerado como un mérito relevante pola estreita relación que éste mantén coas liñas de investigación ofrecidas para o doutoramento.
- Saídas profesionais
Este POP forma a especialistas de alto nivel para desenvolver carreiras profesionais tanto no sector público como no privado, en actividades como:
- Deseño e xestión de modelos empresariais de desenvolvemento sostible.
- Asesoramento a empresas e outras institucións sobre comercio exterior, mercados e investimento externo.
- Deseño de instrumentos de mellora da produtividade e da competitividade.
- Planificación de procesos de innovación tecnolóxica.
- Elaboración e tramitación de solicitudes de proxectos a programas de axuda ao desenvolvemento.
- Organización, promoción e xestión de estratexias ou programas de actuación creativos de desenvolvemento local.
- Deseño, impulso e xestión de políticas de igualdade.
Permítese así ter acceso a unha ampla variedade de postos de traballo tanto en institucións, axencias e empresas dedicadas ao desenvolvemento rexional e local como en institucións internacionais, interrexionais (fronteirizas o trasfronteirizas, como é o caso de Galicia) ou nacionais interesadas nos ámbitos do desenvolvemento, da integración e da cooperación.
A súa dobre orientación (académico-profesional e investigadora) tamén permite optar por unha formación na que prime o carácter investigador e que sirva de punto de partida para a continuación dos estudos de doutoramento e, no seu caso, converterse en futuros investigadores nos centros públicos e privados de investigación en ciencias sociais.
Datos de contacto (Nome do coordinador/a, Facultade, correo electrónico e teléfono)
Coordinadora: María Dolores Riveiro García
Dpto. Fundamentos de Análise Económica
Fac. CC. Económicas e Empresariais
Correo-Electrónico: dolores.riveiro@usc.es
Teléfono: 981 563100 Ext. 11536
Información: aesec@usc.es; Teléfono 981563100, Ext. 11537