Importancia destes estudos
1. Títulos que se poden obter con este POP
Máster en Dirección de Empresa Familiar
2. Destinatarios
3. Onde se vai impartir
A docencia rotará entre as tres universidades participantes:
Docencia Teórica (25 cr.ECTS):
Curso 2008-09:U. Vigo
Curso 2009-10:U. A Coruña
Curso 2010-11:U. Santiago
Docencia Práctica -Seminarios, conferencias, mesas redondas (6 cr.ECTS):
Curso 2008-09:U. A Coruña, U. Santiago
Curso 2009-10:U. A Vigo, U. Santiago
Curso 2010-11:U. Vigo, U. A Coruña
Traballo Fin do Master (14 cr.ECTS):
Curso 2008-09: U. Vigo, U. A Coruña, U. Santiago.
Curso 2009-10: U. Vigo, U. A Coruña, U. Santiago.
Curso 2010-11: U. Vigo, U. A Coruña, U. Santiago.
Prácticas na Empresa Familiar (15 cr.ECTS):
Curso 2008-09: U. Vigo, U. A Coruña, U. Santiago.
Curso 2009-10: U. Vigo, U. A Coruña, U. Santiago.
Curso 2010-11: U. Vigo, U. A Coruña, U. Santiago.
Esta rotación repetirase ao longo do tempo.
4. Obxectivos
Ao finalizar os estudos os alumnos demostrarán, conforme aos obxectivos de Dublin, que:
- Posúen e comprenden coñecementos que aportan unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e aplicacion de ideas no contexto das problemáticas da empresa familiar
- Saben aplicar os coñecementos á resoución de problemas no ámbito da empresa familiar
- Estan capacitados para emitir xuizos neste ámbito
- Estan capacitados para comunicar os coñecementos e as conclusións a públicos especializados e non especializados sobre empresa familiar
- Teñen as habilidades de aprendizaxe que permitan estudiar dun modo autodirixido ou autónomo
Os obxectivos formativos específicos do programa están vinculados á aprendizaxe por parte do alumno de todas as cuestións, teóricas e prácticas para:
- Superar os inconvenientes dos seniors a deixar os seus postos no momento oportuno.
- Solventar os problemas financeiros e fiscais do cambio xeracional.
- Garantir que o sucesor familiar sexa competente.
- Ter a capacidade para atraer e reter a directivos seniors non familiares.
- Conseguir recursos financeiros externos; establecer alianzas con outras empresas sen perder o control efectivo da empresa e dirixir o proceso de internacionalización, de ser o caso.
5. Modalidade de impartición
6. Idioma no que se imparte
7. Ámbito de coñecemento
8. Estrutura Académica
|
Curso
|
Módulo
|
Créditos Obrigatorios
|
Total
|
||
|
1º
|
UVIGO
|
USC
|
UDC
|
||
|
Módulo I: A empresa familiar: aspectos identificativos e xestión da organización |
4
|
4
|
|||
|
Módulo II: Tratamento xurídico e fiscalidade da empresa familiar |
6
|
6
|
|||
|
Módulo III: A dirección estratéxica e financeira na empresa familiar |
15
|
15
|
|||
|
Módulo IV: Actividades formativas complementarias* |
6
|
6
|
12
|
||
|
Módulo V: Traballo Fin de Máster* |
14
|
14
|
14
|
14
|
|
|
Módulo VI: Prácticas na empresa familiar* |
15
|
15
|
15
|
15
|
|
|
* Poderán impartirse por calquera das Universidades |
60
|
||||
A proposta do título de Master ten como obxectivo a participación igualitaria das tres Universidades, polo que se propón un sistema de rotación na docencia.
O primeiro, que consta de tres módulos e oito materias, recolle as materias específicas sobre Empresa Familiar, distinguindo por unha banda, no referente á empresa, os órganos de goberno da mesma, a continuidade e a internacionalización da empresa.
Doutra banda, no tocante á familia, destácase os seus órganos de goberno e a problemática derivada do conflicto familiar. Tamén considerouse conveniente incorporar aspectos legais e fiscais específicos da empresa familiar e do patrimonio dos seus membros, así como os financeiros e organizativos.
Nun segundo bloque, integrado por tres módulos e catro materias, quedan recollidas tódalas actividades formativas complementarias que permiten poñer en valor os coñecementos e habilidades adquiridas nos módulos formativos tradicionais.
Integraríanse aquí as conferencias e mesas redondas con empresarios, as visitas a empresas familiares relevantes, o traballo fin de máster como aplicación práctica real a unha empresa familiar dos estudos realizados, e un período de prácticas nunha empresa familiar.
9. Admisión e selección de estudantes
O proceso de admisión realizarase conforme ás normas xerais de admisión de cada unha das universidades participantes.
A USC oferta 10 prazas a tempo completo, 2 prazas para estranxeiros e 2 prazas a tempo parcial. As universidades da Coruña e Vigo ofertan tamén 10 prazas cada unha; no caso de non cubrirse por calquera das universidades esta cota podería aumentarse nas outras.
· Preferentemente: Licenciados en Economía, Administración e Dirección de Empresas e Dereito
· Outras licenciaturas
10. Saídas profesionais
Dirección de Empresas Familiares, accionistas ou futuros accionistas, membros da xeración sucesora ou continuadora da actividade empresarial. Empresas asesoras.
Coordinador USC : José Alberto Díez de Castro
Departamento de Organización de Empresas e Comecialización