Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  Programas Oficiais de Posgrao  »  Educación, Xénero e Igualdade

Educación, Xénero e Igualdade

Admisión e Matrícula

Importante: este Máster organízase bianualmente; no curso 2009-2010 só se impartirá o 1º curso.

 

  1. Título que organiza
    Master Oficial en Educación, Xénero e Igualdade
    • Especialista en Investigación e deseño de programas
    • Especialista en Intervención educativa
    Doutora-Doutor.
  2. Destinatarios:
    Para titulados da área de CC. Xurídico Sociais, así como para os licenciados en Historia, Filosofía, Filoloxía, Bioloxía e Medicina.
  3. Lugar de celebración:
    CIFEX-Facultade de Ciencias da Educación. Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela.
  4. Universidades que participan
    Título Oficial organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, especialmente o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos do Xénero da Universidade de Santiago de Compostela (CIFEX e contará coa colaboración de profesorado doutras univesidades nacionais e estranxeiras.
  5. Obxectivos:
    A importancia básica e o poder fundamentante das relacións de xénero en calquera estructura e organización social coñecida, encerra un significado especial para os procesos específicos da socialización e educación humana. Por este motivo faise necesario un coñecemento en profundidade, por parte dos profesionais adicados á formación, organización, educación e socialización humana no sentido amplo, dos mecanismos de producción e reproducción social que interveñen na nosa sociedade nas relacións de xénero que vai máis alá dun simple coñecemento particularizado sobre o tema. Ó longo dos últimos 30 anos foise configurando un campo específico de coñecemento sobre o complexo entramado dos elementos estructurais, ideolóxicos e sociais nos que se asentan as relacións de xénero actuais nas diversas disciplinas científicas referidas ó coñecemento social. Éstos móstran-nos os complicados mecanismos de cambio que se están a xenerar actualmente tendo ó mesmo tempo implicacións políticas, sociais, xurídicas, educativas, etc. Especialmente relevante dende unha perspectiva global e transversal da formación, organización, educación e socialización humana é o análisis pormenorizado das dinámicas que configuran as relacións entre homes e mulleres na nosa sociedade para os profesionais que traballan no campo da formación e relacións humanas. Estos últimos -os profesionais- poden axilizar, promover ou impedir mediante as súas actuacións concretas os procesos lentos que están a dar lugar a cambios e transformacións cara unhas condicións máis igualitarias para as relacións entre nenas e nenos, mozas e mozos, varóns e mulleres; aínda demasiadas veces caracterizadas por un significado vertical. Un dos propósitos específicos deste proxecto académico-docente consiste nunha formación de profesionais que poidan impulsar accións en prol da igualdade das mulleres, a implantación da perspectiva de xénero ("mainstreaming") e a institucionalización de contidos e medidas referidos á igualdade de xénero. Esta labor profesional refirese tanto ao contexto educativo propiamente dito (nos distintos niveis do ensino, na familia, etc) como á Administración, ás empresas e a todas as institucións e organizacións sociais, culturais, económicas e políticas; labor fundamental para conquerir, en efecto, unha meirande igualdade entre os xéneros, así como a transformación das estructuras androcéntricas aínda existentes nas sociedades actuais.
    Dende un ángulo epistemolóxico-crítico cabe sinalar que outro dos propósitos concretos deste proxecto académico-docente consiste nunha formación de investigadoras e investigadores que poidan contribuir á construcción dun coñecemento novo a cerca das relacións e roles sociais entre mulleres e varóns dende unha perspectiva feminista e de xénero multidisciplinaria.
    A formación académica e profesional que se oferta ten como obxectivo global a preparación de universitarias e universitarios que poidan desenvolver todas as actuacións necesarias como axentes e investigadores de igualdade previstas na actual lexislación internacional, estatal e autonómica ao respecto.
  6. Modalidade de impartición:
    Presencial
  7. Idiomas no que se imparte:
    Castelan e Galego
  8. Ámbito de Coñecemento:
    Ciencias Sociais e Xurídicas / Humanidades
  9. Estrutura Académica:
    Duración 2 anos académicos (Setembro de 2009 / Xullo de 2011)
    Nº de Créditos: 120 con organización modular: 4 módulos que conteñen materias obrigatorias e optativas.
    Módulos do Máster e do Doutoramento:
    • Módulo I: Cuestións epistemolóxicas, teóricas e metodolóxicas básicas das relacións de xénero.
    • Módulo II: Marco lexislativo, políticas públicas e problemáticas específicas das desigualdades en función do xénero e das mulleres.
    • Módulo III: Procesos específicos de socialización e educación de xénero e das mulleres.
    • Módulo IV: Titorías, seminarios, prácticas, memoria profesional e traballos de investigación.
    Prácticas:
    • Clases prácticas que se integrarán nas sesións de traballo dirixidas polo profesorado da materia según o criterio deste.
    • Prácticas a realizar en diferentes centros de asistencia a mulleres e organismos e institucións diversos implicados na igualdade de xénero.
    • Visitas Guiadas.
  10. Criterios de admisión e selección:
    Ofértanse 20 prazas, 10 para estranxeiros e 10 a tempo parcial, que se cubrirán segundo a normativa da USC, en función do expediente académica do alumnado.
    Condicións de Acceso ao Doutoramento:
    As previstas na normativa e a estructura de especialización do POP, salvo casos especiais nos que se determinarán as condicións de acceso.
  11. Saídas profesionais
    Como profesionais e axentes de igualdade en todos os campos que requiren unha labor especializada e a implementación de accións para acadar a igualdade das mulleres e do xénero particularmente previstas nas lexislacións internacional, estatal e autonómica ao respecto. De xeito singular:
    • No ámbito da educación e do ensino, en todos os seus niveis e actividades levadas a cabo dende as diferentes institucións educativas.
    • No ámbito das empresas e da Administración Pública para o deseño e execución de programas e plans de igualdade de xénero.
    • No ámbito das asociacións e dos diferentes organismos non gubernamentais que traballan con diversos colectivos de mulleres.
    Dende un punto de vista moi concreto, as persoas que obteñan o Máster Oficial en Educación, Xénero e Igualdade poderán empregarse por exemplo en casas de acollida e centros sociais de mulleres, na prevención e tratamento da violencia en función do xénero, nas concellarías de muller, na organización e impartición dos contidos referidos á igualdade de xénero no sistema educativo, etc.

Datos de contacto:
Profa. Dra. Rita Mª Radl Philipp
CIFEX-Facultade de Ciencias da Educación.
Campus Universitario sur, 15782 Santiago de Compostela.
E-mail: cifex@usc.es Tlfn.: 981563100 Ext.: 13810 / 13809 Fax: 981 547 019