Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética
Admisión e Matrícula
Páxina Web: http://www.usc.es/posgrao/merese07/
- Títulos que organiza este Máster
Máster en Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética.
- Destinatarios
Este posgrao está dirixido a Licenciados, Enxeñeiros, Arquitectos, especialmente das titulacións de Física, Química, Farmacia, Bioloxía, Matemáticas, Enxeñerías, Arquitectura, Económicas-Empresa e Dereito.
- Onde se vai impartir
Facultade de Física
- Universidades que participan
Universidade de Santiago de Compostela
- Obxectivos
Os principais obxectivos son:
- Ser coñecedor e consciente da realidade social, económica e ambiental na que se desenvolven as políticas enerxéticas futuras da UE, e o marco lexislativo no que se van a aplicar e xestionar as enerxías limpas no marco da sostenibilidade.
- Preparar ao alumno para entender, xestionar, deseñar e desenvolver unha investigación aplicada aos diferentes procesos de xeración de enerxías limpas.
- Ter un profundo coñecemento nas tres principais fontes alternativas de xeración de enerxías renovables: solar, eólica e biomasa.
- Capacitar ao alumno para deseñar instalacións de xeración de enerxías renovables sobre a base da sostenibilidade enerxética e o respecto ao medio.
- Xerar as condicións máis idóneas para facilitar ao alumno o acceso ao terceiro ciclo universitario ou a súa integración no mercado laboral como un profesional altamente cualificado.
- Modalidade de impartición
Presencial
- Idiomas no que se imparte
Castelán e galego
- Ámbito de coñecemento (Ciencias da Saúde, Experimentais, Ciencias Sociais e Xurídicas, Humanidades)
Todos
- Estrutura académica
O posgrao en Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética organiza un título de Máster e un título de Doutor. O Título de máster está estructurado en 6 módulos: Fundamentos en Enerxética, Enerxía e Empresa: Sostenibilidade, Enerxía Solar, Biomasa e Agro enerxía, Enerxía Eólica e Outras Enerxías Alternativas.
Para a obtención do título de l Máster, cada alumno deberá cursar materias dos distintos módulos ata completar os 90 ECTS dos que 30 corresponden ao Traballo Fin de Máster. Deseñáronse tres vías para orientar os estudios do alumno: Orientación en Enerxía Solar, Biomasa e Agro Enerxía ou Enerxía Eólica.
Durante o último cuadrimestre realizaranse os Traballos Fin de Máter de 30 ECTS. O seu tema adecuarase ao perfil cursado polo alumno.
Para a obtención do título de Doutor o alumno deberá cursar un total de 60 ECTS de entre os ofertados segundo acordo da Comisión Académica do Máster.
As prácticas centraranse en:
- Elaboración de informes técnicos.
- Análise de proxectos.
- Visita a instalacións.
- Prácticas en laboratorios dos Centros implicados, tanto públicos como privados.
- Criterios de admisión e selección
Máster: estarán baseados no expediente académico do alumno.
Doutoramento: expediente académico e entrevista persoal, tendo en conta os criterios que ao respecto establece o Consello de Goberno da USC.
- Saídas profesionais
O alumno vai adquirir un profundo coñecemento nas tres principais fontes alternativas de xeración de enerxías renovables: solar, eólica e biomasa, polo cal estará capacitado para deseñar instalacións de xeración de enerxías sobre a base da sostenibilidade enerxética e o respecto ao medio. O contacto coas empresas que participan no máster e o desenvolvemento de parte das prácticas nas mesma permitiralle un primeiro contacto coas empresas que van a facilitar a súa saída profesional.
Datos de contacto (Nome do coordinador/a, Facultade, correo electrónico e teléfono)
Prof. María Ángeles López Agüera
Facultade de Física
Dirección Av. J. M. Suárez Núñez s/n. Facultade de Física. Campus Sur. 15782 Santiago
Teléfono 981563100-Extensión 13954
e-mail: master.energias.renovables@usc.es