Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  Programas Oficiais de Posgrao  »  Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura

Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura

Admisión e Matrícula

Importancia destes estudos
 
O programa Oficial de Posgrao terá un carácter pluridepartamental e interdisciplinar cunha vocación científica e formadora, cun carácter mixo orientado á investigación e á profesionalización dos alumnos, e prestará unha especial atención á apertura aos estudantes do resto de Europa e América Latina, en consonancia coas relacións interculturais que fan de Santiago de Compostela, e da súa Universidade, referentes privilexiados nos espazos mencionados.
Os contidos formativos do programa atenderán a un desenvolvemento actualizado, teórico e práctico, dos sistemas teóricos e metodolóxicos vixentes no eido dos Estudos literarios, así como dos seus antecedentes máis significativos desde a Retórica e Poética clásicas. Do mesmo xeito, o programa favorecerá un aprofundamento dos coñecementos da literatura ou literaturas que o estudante cursara no primeiro e segundo ciclos ou grao, enfocándoos desde unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüística.

O Programa facilitará a realización de teses de doutoramento de índole teórica e comparada e proporcionará, así mesmo, o instrumental básico, os coñecementos rigorosos e a preparación necesaria para poder ocupar determinados postos de traballo relacionados co eido das Humanidades.

 

1.  Prazas ofertadas

No curso 2009-2010 a USC ofertará:

-    

 2.  Títulos que se poden obter con este Máster

Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura

 

3.  Destinatarios

Por esta orde de preferencia:

  • Licenciados da Área de Humanidades ou titulados de Ensinanzas Artísticas Superiores
  • Diplomaturas da Área de Humanidades
  • Outras licenciaturas e diplomaturas alleas á Área de Humanidades

 4.   Onde se vai impartir

Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

5.   Obxectivos

  • Proporcionar coñecementos filolóxicos e humanísticos, cunha visión actualizada e práctica dos sistemas teóricos e metodolóxicos vixentes na actualidade no eido dos Estudos literarios, así como os seus antecedentes máis significativos desde a Poética e a Retórica clásicas.
  • Favorecer o profundamento nos coñecementos da literatura ou literaturas desde unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico.
  • Proporcionar as ferramentas metodolóxicas e técnicas.
  • Proporcionar os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a fenómenos culturais que transvasan as fronteiras físicas.
  • Favorecer e crear unha rede de coñecemento, de investigación e de encontros no ámbito dos Estudos literarios e das Humanidades que permita a libre circulación de ideas e a mobilidade de estudantes, profesores e investigadores, superando as especificidades nacionais.
  • Promover o entendemento intercultural mediante a colaboración cos países de fóra da Unión Europea.
  • Proporcionar unha vía alternativa aos másters de elite que ofrecen as universidades norteamericanas.
  • Integrar os Estudos literarios nun contexto cultural máis extenso.
  • Atender de maneira especial ao concepto de Literatura Europea, desde un punto de vista comparado. revisando cuestións de índole historiográfica e xeocultural.
  • Análise da situación particular da Península Ibérica, no que se refire á Literatura e á Cultura.
  • Aproximarse, de maneira rigorosa, ao que nos últimos anos se denominou “posliteratura”, isto é, reflexionar e cuestionar a concepción máis tradicional do termo e concepto Literatura, ampliándoa a través da súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, as artes, así como á diversidade xenérica, social, cultural, en definitiva.
  • Contribuír á necesidade de camiñar cara a unha moderna pedagoxía da literatura. Trátase de achegarse a unha auténtica pedagoxía do texto (en sentido amplo) máis axeitada ás circunstancias da nosa sociedade. Esta aprendizaxe reflexiva capacitará aos estudantes para interpretar textos de calquera clase mediante unha lectura lúcida e para expresarse (de maneira oral e escrita) de maneira correcta.

 

6.   Modalidade de impartición

Presencial

7.   Idioma no que se imparte

Galego, castelán, inglés

8.   Ámbito de coñecemento

Humanidades

9.   Estrutura Académica

O Máster en Estudos teóricos e comparados da Literatura e da Cultura consta de 60 ECTS e impártese nun curso académico.

 

MÓDULOS
Nº ECTS DO MÓDULO
Nº DE ECTS QUE SE DEBEN CURSAR DEPENDENDO DA TITULACIÓN DE PROCEDENCIA DO ALUMNO
Módulo I.a. Crítica Literaria e Análise Cultural
 
10
  
  • Como regra xeral os alumnos poden escoller os módulos libremente, pero deben cursar todas as materias dos módulos elixidos.

 

  • Os alumnos da área de Humanidades (con 240 créditos) deben superar un total de 60 ECTS escollidos de maneira optativa entre as materias de calquera dos 15 módulos do programa.

   

  • Os alumnos que posúan 180 créditos porque proceden dunha diplomatura e non teñen formación de posgrao deben cursar obrigatoriamente os módulos I.a; III.a; IV.a; V.b e VI.b, que teñen en total 55 créditos e un traballo de investigación de 5 créditos; e todo isto ademáis dos 60 ECTS optativos do apartado anterior.

   

  • Os alumnos que procedan de licenciaturas alleas á area de Humanidades que posúan 240 créditos deben facer os 60 créditos optativos indicados no segundo apartado, e 20 créditos máis correspondentes ao módulo I.a e V.b.
  
Módulo II.a. Métodos de Investigación en Literatura Comparada
 
10
Módulo III.a. Literatura Europea Comparada
 
15
Módulo IV.a. Teoría da Cultura de Masas
 
10
Módulo IV.a. Teoría da Cultura de Masas
 
10
Módulo V.a. Ciberliteratura e Cultura Dixital
 
10
Módulo VI.a. Teoría dos Xéneros Literarios I: Poesía
 
5
Módulo VII.a. Teoría dos Xéneros Literarios II: Ensaio
5
Módulo VIII.a. Reflexividade, Metalinguaxes e Metafición
5
Módulo IX.a. Performance e Teatralidade
5
Módulo I.b. Teoría dos Xéneros Literarios III: Narrativa
5
Módulo II.b. Teoría dos Xéneros Literarios IV: Teatro
5
Módulo III.b. Interartes
 
10
Módulo IV.b. Estudos Filmoliterarios
10
Módulo V.b. Tradución Literaria
10
Módulo VI.b. Escrituras Emerxentes
10

  

Os contidos formativos do POP delinéanse a través dun Máster cuxas liñas básicas profesionais e de investigación concrétanse nas seguintes especialidades:
  • Especialista en Crítica literaria e análise cultural (30 créditos)
  • Especialista en Cultura dixital e escrituras emerxentes (35 créditos)
  • Especialista en Literatura Europea Comparada (35 créditos)
  • Especialista en Interartes e Estudos filmoliterarios (30 créditos).
  • Especialista en Estudos teatrais (30 créditos).
 
10.  Saídas profesionais
  • Asesor en consellos editoriais de xornais, revistas e coleccións literarias.
  • Asistente (como documentalista e/ou investigador) de equipos de guionistas.
  • Axudante (como documentalista e/ou investigador) na dirección escénica de espectáculos.
  • Promotor cultural, na planificación de actividades de intercambio, na organización de encontros, convencións, conferencias ou mesas redondas; no deseño de roteiros literarios.
  • Tradutor e/ou adaptador de textos literarios.
  • Docencia universitaria e de ensinanza media.
  • Creativo en empresas (publicidade).
  • Redactor cultural.
  • Animación sociocultural. Promoción da cultura en distintas institucións, públicas ou privadas.
  • Cooperacións culturais e de ensinanza con ONG.
  • Intérprete.
  • Lector de linguas.
  • Traballo en postos de diplomacia.
  • Traballo en aeroportos.
  • Traballo en catalogación e arquivos.
  • Traballo en museos
  • O programa prepara ao alumno para realizar estudos doutorais (para os que aspiran á docencia universitaria) ou ben para unha grande variedade de carreiras internacionais, executivas e capacitadas para traballar en ámbitos políticos, culturais e administrativos a nivel internacional.

   

Coordinadora USC : Teresa Vilariño Picos
Facultade de Filoloxía
Departamento de Lingüística Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Avda. Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela
981 563 100 (ext. 11771
e-mail: fetere@usc.es