1. Títulos que se poden obter con este POP
2. Destinatarios
Licenciaturas das áreas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
É un requisito necesario o dominio excelente de dous dos seguintes idiomas europeos: inglés, francés, italiano, portugués, castelán ou alemán.
3. Onde se vai impartir
4. Obxectivos
1) Proporcionar as ferramentas metodolóxicas e técnicas que axuden a pór en práctica as competencias necesarias para conseguir postos de aplicación en distintas institucións nacionais e internacionais, nos grandes grupos de comunicación que dependen da administración e a xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
2) Facilitar in situ aos estudantes plurilingües os instrumentos metodolóxicos que desenvolvan un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de face a fenómenos culturais que transvasan as fronteiras físicas.
3) Favorecer e crear unha rede de coñecemento, de investigación e de encontros no ámbito dos Estudos literarios e as Humanidades que aborden a homoxeneidade e a heteroxeneidade da cultura europea en todas as épocas. Este aspecto experimental é un elemento chave para que exista unha libre circulación de ideas. Os estudantes, profesores e investigadores implicados no Máster intercambiarán, no marco do Consorcio, prácticas pedagóxicas e traballos en equipo, superando as especificidades nacionais.
Obxectivos e perfil de cada unha das universidades
Sheffield: ¿Textos e Contextos?.
Estabelécese unha revisión de distintos textos literarios, cinematográficos e discursivos ingleses, franceses e da Península ibérica, así como os seus respectivos contextos sociohistóricos.
Bergamo: "Estudo de Medios, Comunicación e edición cultural". Aproximación, desde un punto de vista contemporáneo, ás diferenzas e similitudes existentes entre disciplinas diversas, como o xornalismo, a edición e publicación, catalogación e comunicación multimedia.
Saint Andrews: "Identidades culturais".
Aproximación, desde unha perspectiva integrada e interdisciplinar, aos procesos de constitución de identidades colectivas, a través de todas e cada unha das súas manifestacións culturais. Os espazos culturais que se abordan son: Gran Bretaña, Francia, España, Alemaña e Italia, baixo o marbete de "Europa e 'os outros'".
Lisboa: "Historia Literaria e estudos interculturais".
Aproximación transversal aos textos literarios e os seus contextos, explorando, dun xeito especial, os mitos culturais de Portugal, facendo un percorrido polas áreas culturais francesa, inglesa, norteamericana e portuguesa.
Perpignan: "Territorios fronteirizos".
Os cursos inscritos neste programa ofrecerán un percorrido por distintas prácticas literarias e culturais ordinarias, combinadas con outras prácticas heterodoxas (heterolóxicas), do clasicismo europeo e do Modernismo; Delinearanse as traxectorias da Historia literaria francesa e española, utilizando como marco teórico a Semiótica de Peirce.
Universidade de Santiago de Compostela: Estudos teóricos e comparados da Literatura e da Cultura.
Novos medios, comunicación, escrituras emerxentes, Historia literaria, análise cultural, identidades
5. Modalidade de impartición
6. Idioma no que se imparte
Español, inglés, francés, alemán, italiano, galego, portugués.
7. Ámbito de coñecemento
Artes e Humanidades
8. Estrutura Académica
O Máster Oficial en Mundus Crossways in European Humanities consta de 120 ECTS. Existen dúas vías de acceso ao título:
Para obter o Título, os estudantes deben reunir tres requisitos:
a) Os estudantes deberán estar en posesión dun título de Licenciatura no campo das artes, idiomas ou ciencias sociais (é dicir, unha educación en literatura, pensamento ou estudos culturais, correspondente a un nivel alto e especializado), onde se trataran un ou máis dos seguintes temas: Inglaterra, Francia, Alemaña, Italia, Portugal, España (ou Europa como conxunto)
b) Ter un nivel de First Class ou un 2:1 Bachelor of Arts Honours Degree (ou equivalente).
Os alumnos do Mundus seguirán un itinerario móbil de estudos ao longo de dous anos (a vía estándar) ou un ano (matrícula directa). Estudarán en dúas ou tres universidades europeas elixidas entre as sete que compoñen o Consorcio Crossways:
Os alumnos pasarán os semestres 1 e 3 na mesma universidade, e os semestres 2 e 4 noutras dúas universidades do Consorcio (matrícula estándar, licenciatura de dous anos). Ou, do mesmo xeito, poderán pasar os semestres 3 e 4 (soamente) en dúas universidades (matrícula directa, licenciatura dun ano).
Para o curso 2008-09 ofertanse 15 prazas para Licenciados na Área de Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas.
O Consello pedagóxico, composto, cando menos, por dous profesores de cada universidade do Consorcio, seleccionará cada ano aos estudantes que reúnan as aptitudes académicas para participar no programa. O Consello pedagóxico estudará, do mesmo xeito, o perfil do candidato, tendo en conta o itinerario de cursos que o/a estudante desexe escoller. O Consello poderá ofrecer ao candidato unha proposta de mobilidade mediante o seguinte modelo: Universidade de acollida para o primeiro e terceiro semestres, así como outras dúas universidades do Consorcio nas que o candidato realizará o segundo e cuarto semestres de formación.
A Comisión académica específica de Posgrao, tendo en conta as directrices legais, atenderá ás solicitudes de validación que se cursen por parte dos interesados dos anteriores programas de doutoramento. Os solicitantes presentarán toda a documentación necesaria (programas de materias cursadas no doutoramento, xustificación de teren superadas esas materias). A Comisión procederá ao recoñecemento dos créditos mediante criterios de fiabilidade, tendo en conta que a validación afectará a módulos e non a materias.
Durante as dúas primeiras convocatorias do POP, e co fin de non prexudicar aos alumnos/as incorporados a Programas de Doutoramento durante a fase de transición ao novo marco de estudos de grao e posgrao emanado das directrices de Bolonia, a Comisión específica do POP facilitará o recoñecemento e validación de créditos de estudos de Terceiro Ciclo sen que ese procedemento exceda os dous terzos do número total de créditos esixidos. A partir da terceira convocatoria, ese límite situarase no 50%, de maneira que en ningún caso podería haber validación de máis de 30 créditos ects.
Os alumnos que cursaran e superaran materias de estudos universitarios españois ou estranxeiros con contidos equivalentes aos do plan deste POP poderán solicitar a súa validación. Tamén poderán solicitar a validación doutros estudos profesionais que a USC considere que reúnen os requisitos de equivalencia de nivel e contidos cos impartidos nesta titulación. O procedemento se iniciará a petición do alumno mediante a correspondente solicitude que deberá ir acompañada da certificación de superación de ditas materias así como os programas cursados. A validación será concedida logo do informe da Comisión Académica específica do POP. Para estes efectos a Comisión poderá solicitar da Facultade de Filoloxía as táboas de validacións que serán aplicábeis sen necesidade de solicitar informes ao centro.
En todo caso, para as validacións haberá que rexerse polo Real Decreto 285/2004 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologacion de títulos e estudos estranxeiros de educación superior (publicado no BOE nº 55 de 4 de marzo) e o Real Decreto 49/2004 de 19 de xaneiro sobre homologación de plans de estudos de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
11. Saídas profesionais
O programa prepara ao alumno para realizar estudos doutorais (para os que aspiran á docencia universitaria) ou ben para una grande variedade de carreiras internacionais, executivas e capacitadas para traballar en ámbitos políticos, culturais e administrativos a nivel internacional.
Coordinadora USC : María Teresa Vilariño Picos
Facultade de Filoloxía
Departamento de Lingüística Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Avda. Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela
981 563 100 (ext. 11771)