Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  Programas Oficiais de Posgrao  »  Neurociencia

Neurociencia

Admisión e Matrícula

  1. Títulos que se poden obter con este Máster:
    Master Oficial en Neurociencia
     
  2. Destinatarios
    • Master:
      • Licenciados en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Psicoloxía e Veterinaria.
      • Diplomados e licenciados con experiencia e/ou intereses específicos nas distintas áreas do coñecemento da Neurociencia.
      • Estudantes do último curso da licenciatura.
    • Doutoramento
      • Licenciados en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Psicoloxía e Veterinaria.
      • Diplomados e licenciados con experiencia e/ou intereses específicos nas distintas áreas do coñocemento da Neurociencia.
  3. Onde de vai a impartir:
    Universidade de Santiago de Compostela, nas Facultades de Bioloxía, Medicina, Psicoloxía e de Farmacia
  4. Universidades que participan:
    Universidade da Coruña
    Universidade de Vigo
    Universidade de Santiago de Compostela Coordinadora
  5. Obxectivos
    • Obxectivos do Master
      Os obxectivos xerais do máster son os seguintes:
      • Coñecer os fundamentos dos diferentes campos dla neurociencia: anatomía, fisioloxía, farmacoloxía, bioloxía molecular, xenética, neurociencia computacional, etc.
      • Coñecer e saber utilizar as técnicas experimentais dos diferentes campos da neurociencia; as novas tecnoloxías e as ferramentas informáticas e estatísticas necesarias para procesar, sintetizar, visualizar e publicar datos de laboratorio
      • Posuír un grao de especialización no coñecemento de problemas, teorías e técnicas específicas, polo menos nun campo da neurociencia.
      • Saber qué preguntas son as relevantes hoxe en día en neurociencia e cómo ler e obter información relevante de publicacións científicas.
      • Ter competencia na presentación oral e escrita dos resultados científicos e capacidade de reflexión sobre as responsabilidades éticas e sociais da aplicación da investigación
    • Obxectivos da realización da Tese de doutoramento
      • Entender os problemas relevantes do campo de investigación no que se realiza a tese de doutoramento; comprender o grao de contribución ao campo que supón a resolución do problema formulado na tese de doutoramento; posuír unha perspectiva xeral do campo de investigación onde se encadra o problema.
      • Acadar un alto grao de competencia nas técnicas experimentais relacionadas co traballo de investigación; ser capaz de presentar os resultados da investigación en eventos, conferencias e publicacións tanto nacionais como internacionais.
      • Realizar estadías de investigación noutros centros e universidades así como establecer colaboracións con outros investigadores e grupos.
      • Realizar unha contribución significativa no campo da investigación onde se realice a tese de doutoramento.
  6. Modalidade de impartición
    Presencial
  7. Idiomas no que se imparte
    Castelán e galego.
  8. Ambito do coñecemento:
    Ciencias da Saúde
  9. Estrutura académica:
    Ao superar entre 60 e 120 créditos ECTS, en función da formación previa do estudante obterase o título oficial de Máster en Neurociencias con validez en todo o territorio nacional e que permite o acceso ao doutoramento
    El Master estruturase en tres bloques principais: (1) un primeiro bloque de materias obrigatorias, (2) un segundo bloque de materias optativas organizadas en especialidades, e (3) un terceiro bloque orientado á formación investigadora.

    CURSOS OBRIGATORIOS BÁSICOS . Neste bloque cóbrense lo contidos básicos en Neurociencia. Consta de 9 cursos teórico prácticos onde se explican os conceptos e técnicas fundamentais nos campos da anatomía, o desenvolvemento, a electtofisioloxía, a neuroquímica, a farmacoloxía , o comportamento e a computación e de 3 cursos eminentemente técnicos onde se tratan con detalle as técnicas neuroanatómicas, electrofisiolóxicas e de neurobioloxía molecular. Ao finalizar este bloque o alumnado debe posuir uns sólidos fundamentos, tanto teóricos como técnicos, para especializarse nun campo da neurociencia.

    CURSOS OPTATIVOS e ESPECIALIDADES. A continuación, o alumnado pode escoller cursos optativos, ben diseñando o seu propio currículo ou ben escollendo unha ou máis especialidades entre as catro que se ofrecen no programa. Estas son: Modelos del Cerebro, Neurobioloxía Médica, Neurociencia Cognitiva y Neurobioloxía Comparada. Estas especialidades foron seleccionadas baseándose principalmente nos seguintes criterios : (1) a traxectoria investigadora e docente recoñecida dos profesores que integran o programa, e (2) aas áreas que permitan identificar e distinguir a este programa de outras ofertas formativas no ámbito da neurociencia. Ao finalizar este bloque o alumnado debe coñecer os problemas e as técnicas relacionadas coa especialidade seleccionada.

    ACTIVIDADES DE INICIACIÓN Á INVESTIGACIÓN. Considerando o programa de carácter principalmente investigador, introduciuse un bloque de cursos que ten como obxectivo introducir ao alumnado nas habilidades e metodoloxías investigadoras.

    Doutoramento: estrutura
    O doutoramentos ten como obxectivo a consecución do grao de Doutor . Para obter o título, o estudante debe satisfacer os seguintes requisitos:
    • Realizar e defender a tese de doutoramento ante un tribunal de recoñecidos expertos no campo da investigación no que se encadrou a tese.
    • Realizar actividades de investigación.
    O estudante debe cursar 12 créditos. No caso de que os estudantes que accedan ao doutoramento non fixesen o módulo de investigación durante o máster deberán facelo obrigatoriamente no doutoramento.

    Acceso  Doutoramento:

    Deberán ter en conta que é necesario realizar os 60 créditos no Máster para acceder ao Doutorado, pero que para obter o Título Oficial de Master en Neurocienciencia deben cursarse os 120 créditos do Master.
  10. Criterios de Admisión e Selección
  11. Saídas profesionais
    É un posgrao que fundamentalmente capacita para a realización de investigación en neurociencia. No ámbito académico ofrece una coñecementos actualizados e as técnicas experimentais dos diferentes campos da Neurociencia, así como l capacidade de obter información de xeito autónoma, procesala e transmitila .
    No ámbito profesional , o posgrao en Neurociencias proporciónalles aos estudantes os coñecementos teóricos e técnicos necesarios para traballos en empresas e industrias relacionadas con este campo.
    Aos profesionais da clínica permítelles a actualización do coñecemento das bases biolóxicas do funcionamento do sistema nervioso, así como dos trastornos neurolóxicos e mentais.

Datos de contacto:

Web propia : www.usc.es/neurosci

Coordinación :

Directora do Programa de Posgrao e Coordinadora Universidade de Santiago:

Rodicio Rodicio, María Celina bfcelina@usc.es

Coordinadora Universidade de A Coruña:

Manso Revilla, María Jesús chusman@udc.es

Coordinador Universidade de Vigo:

Lamas Castro, José Antonio antoniolamas@uvigo.es

Administración :
Concepción Lapido Silva
Decanato Facultade de Bioloxía - Campus Sur
15782 Santiago de Compostela
(A Coruña)
concepcion.lapido@si.usc.es
Teléfono: +34 981 56 31 00 Ext: 13305/13190