Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  Programas Oficiais de Posgrao  »  Servizos Culturais

Servizos Culturais

Admisión e Matrícula

Importancia destes estudos

No contexto socio-histórico actual destaca o elevado protagonismo da industria cultural, un sector en auxe debido ás políticas desenvolvidas que consolidan a cultura como un eido privilexiado do consenso social. De aí a importancia de formar a profesionais que actúen de mediadores entre a creación, a participación e o consumo cultural, así como especialistas en converter o tempo de lecer nun espazo para a formación continua.

Títulos que se poden obter con este POP

  • Máster en Servizos Culturais

Destinatarios

Preferentemente licenciados e licenciadas en Humanidades, Filoloxía, Historia, Historia da Arte, Filosofía, CC. da Información, Antropoloxía, Mestres, Socioloxía, Biblioteconomía e Documentación, Turismo, Relacións Laborais e Educación Social. Outros titulados da Área de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurúdicas que queiran ampliar os seus coñecementos no campo dos Servizos Culturais.

Onde se vai impartir

Na Facultade de Humanidades (Campus de Lugo)

Obxectivos

  • Orientación profesional: formar a especialistas de alto nivel na análise das diversas manifestacións culturais, así como na xestión e programación de actividades e proxectos culturais especializados (exposicións, espectáculos audiovisuais, patrimonio, museos, galerías) e xeneralistas (xestores de institucións locais, fundacións, empresas culturais públicas e privadas).

Modalidade de impartición

Presencial

Idioma no que se imparte

Galego/Castelán
(Nas materias de ‘Linguas para a Comunicación’ nos idiomas correspondentes)

Ámbito de coñecemento

Humanidades

Estrutura Académica

 No curso 2009-2010 ofértase unha nova configuración deste Máster, con 60 ECTS (un curso académico).

O Máster ten dúas orientacións ou liñas:

Liña A: A Cultura e a súa Xestión (con perfil profesional)

Liña B: Cultura e Diversidade (con perfil investigador)

En ambos os dous casos os alumnos deben cursar 7 materias obrigatorias de 4 ECTS cada unha (en dúas delas deben elixir unha lingua autóctona -español ou galego- e unha lingua estranxeira -entre inglés, francés ou portugués).

Os alumnos deberán cursar tamén 5 materias optativas da Liña elixida (cada unha de 4 ECTS).

Finalmente, os alumnos que elixan a Liña A deberán realizar unhas prácticas obrigatorias (6 ECTS) e a modalidade de Traballo Fin de Máster de 6 ECTS.

Os alumnos que elixan a Liña B deberán realizar o Traballo Fin de Máster na modalidade de 12 ECTS.

 

Criterios de admisión e selección de estudantes


Saídas profesionais

Os egresados poden dirixirse a un variado abano de ámbitos profesionais:

  • Conservación, promoción e ordenación do Patrimonio Cultural
  • Xestión e programación cultural en institucións e administracións públicas (técnicos culturais)
  • Análise das distintas manifestacións culturais
  • Xestión de entidades públicas e privadas (fundacións) con carácter cultural
  • Dirección e xestión de casas de cultura
  • Dinamización cultural. Promoción da cultura en distintas institucións
  • Deseño e coordinación de exposicións en museos e galerías de arte
  • Xestión de empresas culturais
  • Promoción e xestión dos recursos turístico-culturais
  • Asesoramento a empresas interesadas no sector cultural
  • Organización de proxectos e eventos culturais
  • Cooperación cultural e ONG

Información complementaria

Coordinador: JoDee Anderson McGuire
Departamento de Filoloxía Inglesa
Facultade de Humanidades
Campus universitario, s/n
27002 Lugo
Tfno: 981 56 31 00 Ext.: 24713
jo.anderson@usc.es