Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  Programas Oficiais de Posgrao  »  Dirección e Planificación do Turismo

Máster en Dirección e Planificación do Turismo

Admisión e Matrícula

Máster en Dirección e Planificación do Turismo

Páxina web propia: http://www.usc.es/mturismo

Importancia destes estudos

A transcendencia económica e social do turismo en Galicia e no resto de España é moi importante, de aí que a formación dos recursos humanos se convirta nunha tarefa ineludible para as universidades públicas.

  1. Títulos que se poden obter con este Máster
    Máster en Dirección e Planificación do Turismo:
    • Especialidade Turismo urbano e xestión de empresas turísticas (USC)
    • Especialidade Turismo de interior e de saúde (UVigo)
    • Especialidade Xestión de destinos e novos productos turísticos (UDC)
  2. Destinatarios
    • Titulados ou graduados en Turismo
    • Titulados ou graduados en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Filoloxía, Xeografía, Socioloxía ou outros
  3. Onde se vai impartir
    • Universidade de Santiago de Compostela: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    • Universidade de Vigo (coordinadora): Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
    • Universidade da Coruña: Facultade de Socioloxía
  4. Obxectivos
    • Orientación profesional : preparar a profesionais de alto nivel para a dirección e planificación de empresas, actividades e institucións turísticas.
    • Orientación investigadora : formar a expertos que orienten a súa carreira profesional á investigación no ámbito do turismo.
  5. Modalidade de impartición
    Presencial
  6. Idioma no que se imparte
    Galego/Castelán/Inglés
  7. Ámbito de coñecemento
    Ciencias Sociais e Xurídicas
  8. Estrutura Académica
    Ao superar 120 créditos ECTS , os estudantes obterán o título oficial, con validez en todo o territorio nacional, e a correspondente especialidade.
    • PRIMEIRO CURSO (5 módulos, 60 créditos)
      • Módulo I: Xestión de organizacións turísticas (18 créditos)
      • Módulo II: Deseño de produtos (6 créditos)
      • Módulo III: Planificación de destinos (18 créditos)
      • Módulo IV: Métodos e técnicas de investigación (6 créditos)
      • Módulo V: Complemento (12 créditos)

        O primeiro ano é común nas tres universidades galegas
    • SEGUNDO CURSO (60 créditos)
      No segundo ano, cada universidade oferta unha especialidade con materias obrigatorias da especialidade e optativas:
      • Universidade de Santiago de Compostela: Turismo urbano e xestión de empresas turísticas
      • Universidade de Vigo: Turismo de interior e de saúde
      • Universidade da Coruña: Xestión de destinos e novos produtos turísticos
      Ademais, deberá realizarse o Practicum (18 créditos) que consiste no deseño e avaliación de proxectos turísticos, a asistencia a conferencias de expertos en turismo, a realización de prácticas en empresas e institucións do sector turístico.
  9. Admisión e selección de estudantes
    • Número de prazas:
      • Universidade de Santiago de Compostela: 28 (20 de réxime ordinario, 5 estranxeiros e 3 tempo parcial)
      • Universidade da Coruña: 25 (Incluídos españois e estranxeiros)
      • Universidade de Vigo: 25
      Terase en conta o expediente académico.
      Se a demanda nalgunha Universidade fora inferior ao número de prazas que lle corresponde, as prazas sobrantes poden ser ocupadas por solicitantes nas outras Universidades.
  10. Saídas profesionais
    • Dirección de empresas e actividades turísticas
    • Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas
    • Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento dos recursos turísticos
    • Investigación de mercados turísticos e desenvolvemento do coñecemento no ámbito do turismo
    • Formación e asesoramento no campo turístico
    • Emprendemento de actividades turísticas

Información

Coordinadora USC : María Luisa del Río Araujo
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariales da USC
Departamento de Organización de Empresas e Comercializaci�n
Avda. do Burgo, s/n
15782 Santiago de Compostela
981 563 100 (ext. 11634)
oemarisa@usc.es

Coordinador UVigo : José Antonio Fraiz Brea
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Campus Universitario de Ourense
32004 Ourense
988 368 700
jafraiz@uvigo.es

Coordinador UDC : Antonio Álvarez Sousa
Facultade de Socioloxía
Campus Elviña, s/n
15071 A Coruña
981 167 000 (ext. 4838)
sousa@udc.es