Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  Programas Oficiais de Posgrao  »  Xerontoloxía

Xerontoloxía

Admisión e Matrícula

Importancia destes estudos

Galicia está a experimentar un proceso de envellecemento acelerado. O incremento progresivo da poboación de persoas maiores de 65 anos, que en España supera xa o número de individuos menores de 14 anos, fai necesario formar a profesionais nas necesidades e atención sociosanitarias. Ademais, a carencia actual de recursos asistenciais obrigará a amplialos de maneira significativa nos vindeiros anos.

Títulos que se poden obter con este Máster

  • Máster en Xerontoloxía:
    • Especialista en Xerontoloxía Clínica (UDC)
    • Especialista en Xerontoloxía Social (USC)

Destinatarios

Titulados universitarios en Ciencias da Saúde e/ou Ciencias Sociais que queiran ampliar os seus coñecementos no campo da asistencia e a investigación xerontolóxica.

Onde se vai impartir

  • Universidade da Coruña: Facultade de Ciencias da Saúde
  • Universidade de Santiago de Compostela: Escola de Enfermaría

    (Coordinación conxunta)

Obxectivos

  • Orientación académica: este POP pretende engadir valor á formación de grao de titulados en Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais.
  • Orientación profesional: formar aos profesionais da saúde e de Ciencias Sociais nas necesidades e atención sociosanitaria dos maiores, e tamén na xestión e dirección de centros xerontolóxicos.
  • Orientación investigadora: facilitar a incorporación de profesionais no campo da investigación xerontolóxica.

Modalidade de impartición

Presencial

Idioma no que se imparte

Galego/Castelán/Inglés

Ámbito de coñecemento

Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais

Estrutura Académica

Para acceder ó doutorado, o estudiante, unha vez obtido un mínimo de 60 créditos en programas oficiais de Posgrado ou cando se atope en posesión do título oficial de Máster, poderá solicitar a súa admisión no doutorado, sempre que teña completado un mínimo de 300 créditos no conxunto dos seus estudios universitarios de Grao e Posgrao.
A Comisión Académica avaliará a idoneidade do currículo universitario do interesado, previamente á aceptación.

  • PRIMEIRO CURSO (60 créditos)
    • Os estudantes deberán cursar 55 créditos comúns ás dúas universidades e completar ata os 60 créditos segundo a optatividade ofertada.
  • SEGUNDO CURSO (60 créditos)
    • Os estudantes elixirán entre as dúas especialidades.
    • Cursarán 50 créditos vinculados á especialidade elixida e 10 créditos de materias optativas.
    • Os estudantes que opten polo Máster en Xerontoloxía (xenérico) deberán realizar 60 créditos de calquera das especialidades; por exemplo 30 de Clínica e 30 de Social.
    • Os estudantes que realicen os 50 créditos da especialidade de Clínica e os 50 de Social lograrían as dúas especialidades.

Admisión e selección de estudantes

Número de prazas:

  • Universidade da Coruña:
  • Universidade de Santiago de Compostela: 

(Se a demanda nalgunha Universidade fora inferior ao número de prazas que lle corresponde, as prazas sobrantes poden ser ocupadas por solicitantes nas outras Universidades)

Valorarase o expediente académico

Saídas profesionais

As competencias que acadan os alumnos logo da realización do Máster habilítaos para o traballo en:

  • centros asistenciais: tarefas de coordinación e xestión de recursos.
  • concellos: elaboración e seguimento de diferentes programas asistenciais, desenvolvemento de tarefas de atención e coidado aos maiores.
  • área de atención sanitaria (residencias de maiores, centros de día...): coordinación e xestión dos recursos do maior.
  • área de atención social: coñecemento das necesidades do maior e do seu contorno, de cara a poñer en marcha as medidas necesarias para palialas.
  • formación de profesionais neste ámbito: auxiliares, coidadores...

Datos de contacto

Coordinador
Manuel Gandoy Crego
Máster en Gerontoloxía
Universidad de Santiago de Compostela
Avenida de Xoán XXIII, s/n. 15782. Santiago de Compostela
Tel: +34 981 56 31 00 Ext. 12083
Fax: +34 981 54 70 58
e-mail:xrsecret@usc.es

Documento para descargar - icono PDF Horarios [13 KB]

Páxina web: http://www.usc.es/xeronto