Dende o comezo do traballo de reestruturación, modernización e actualización do sitio web da USC, a conciencia para facer un sitio web o máis accesible posible foi moi grande. Por iso desenvolvemos un sitio web que está pensado para que en todo momento poida ser empregado sen problemas por persoas con algún tipo de discapacidade visual, motora, auditiva ou doutro tipo.
O feito de integrar o sitio web cunha ferramenta de xestión de contidos facilitou o proceso de creación, edición e mantemento das páxinas web, puidendo facer obrigatorios elementos como a inclusión da etiqueta ALT para que as persoas con discapacidades visuais ou que se ven obrigadas a empregar navegadores sonoros poidan moverse a través de todo o sitio web sen moitos problemas e sen perda de información.
Elimináronse as animacións multimedia e a carga automática de arquivos sonoros, de tal xeito que as persoas con deficiencias auditivas van poder acceder a toda a información do sitio web.
De tódolos xeitos, se nalgúnha páxina do novo sitio web da USC atopa algún elemento que non cumpre o estipulado coma elementos sonoros que se arrancan automaticamente, imaxes sen a pertinente etiqueta ALT ou sen descrición; por favor, avísenos á seguinte conta de correo electrónico: oficinaweb@usc.es, indicando o problema que atopou e a páxina na que está.
Tamén tentamos facilitar a navegación ás persoas con algún tipo de problema motor, introducindo teclas especiais que permiten acceder directamente a elementos dos contidos. Estas teclas especiais de acceso rápido son:
O uso das teclas de acceso está condicionado polo navegador: