Saltar ao contido principal
Inicio  »  Ligazóns do web  »  Axuda

Axuda

Navegación

O xeito de navegar a través do sitio web está pensado para facilitarlle a tarefa ao usuario.

En todas as páxinas da estructura da web existe a posibilidade de voltar á páxina inicial premendo no logotipo da USC da parte superior esquerda da páxina.

Na zona de navegación superior aparecen unha serie de ligazóns que son comúns a todo o sitio web e que contemplan algunhas opcións comúns como a posibilidade de acceder ao Mapa do web, ao Directorio do persoal da USC e a Axuda do sitio.

A estructura da páxina contempla a existencia da "Migas de pan" (breadcrumbs) que reflicte a ubicación dun elmento dentro da estructura do sitio web, é a ruta onde se sitúa a páxina na que se está. Esta ruta permite ir cara arriba na estructura ata chegar á páxina de Inicio.

A navegación, principalmente se realiza mediante o contido do bloque "Seccións". Este bloque é contextual e cambia en función da páxina na que se estea, de tal xeito que non é igual o contido da caixa Seccións da páxina dunha facultade que a da páxina dun departamento ou dun servizo.

Outra posibilidade é a de navegar a través de Perfís que permiten que determinados usuarios xa definidos (Estudantes, PAS, PDI, Futuros estudantes, Empresas e Estudantes estranxeiros) poidan acceder directamente aos contidos especificamente deseñados para o seu perfil.

O sitio web da USC emprega Google Analytics para facer un estudo das visitas, por iso pode ser que o script de conexión co servidor xenere algún conflicto con algún antivirus ou configuración do navegador.

Busca

En todo o sitio web se pode realizar unha busca por palabras significativas, na zona de busca da parte superior dereita da páxina. Ao introducir unha palabra e premer no botón de "Buscar" iníciase unha busca por todo o sitio web das páxinas onde se atopa a(s) palabra(s) que coincide(n). A opción de "Busca avanzada" permite restrinxir a busca a certos tipos de documentos ou categorías de contidos.

Arquivos para descargar

En todo o sitio web poden aparecer arquivos para descargar, os programas necesarios para ver estes arquivos son:

Cookies

A cookie é un ficheiro de texto que o servidor da USC introduce no seu ordenador para facilitar a navegación do usuario, gardando información sobre as súas preferencias e acelerando o tempo de descarga das páxinas a seguinte vez que se accede a elas.

Se precisa máis axuda contacte co Centro de Atención a Usuarios