|
|
|
O futuro da web, a debate o xoves na Escola Técnica Superior de Enxeñaría
•
Actualizada o Venres, 13 de xaneiro de 2006 ás 13:14
O Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da USC organiza o vindeiro xoves, día 19, a xornada ‘Web 2.0 e o futuro da web, aberta a todo o público interesado.
O evento, que se desenvolverá integramente no Salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dará comezo ás 10:00 horas e nel participarán Pedro Jorge Romero, da Asociación de Usuarios de Linux da USC; Joaquín Lameiro Paz, delegado rexional para o Noroeste de IBM; Manuel Guerreiro, director de Negocios de Sun Microsystems Ibérica; e Alvaro Morón Alonso, director de Estratexia de Plataforma de Microsoft Ibérica.
A xornada rematará coa celebración, ás 13:45 horas, dunha mesa redonda con todos os participantes.
Ligazóns relacionados:
Máis información: www.tendenciaseninternet.com
|