versión en castellano
english version

accesibilidade
 
Inicio » Xornal da USC » Nova

Xornal. Nova

Martes, 09 de febreiro de 2010 
Portada
Acontece
Resumo de prensa
Investigación
Axenda
Opinión
Publicacións
Entrevistas
Edicións anteriores
Taboleiro
Colabora con nós
• Buscador do xornal
Redacción

CURSOS DE VERÁN DA USC 2006: Goberno electrónico: As novas relacións da administración coa cidadanía

• Actualizada o Martes, 27 de xuño de 2006 ás 11:42

A Facultade de Ciencias Políticas da USC acollerá a mediados de xullo, entre os días 10 e 12, un curso de verán sobre o goberno electrónico e as novas relacións da Administración coa cidadanía. Dirixido polo profesor Ramón Bouzas Lorenzo, o curso conta con cofinanciamento de Microsoft e da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia.

Serán once as conferencias que ao longo das tres xornadas traten cuestións como as novas formas de participación da cidadanía, a revolución do e-goberno, as relacións telemáticas coa Administración ou o e-goberno nas administracións autonómicas e locais. Ademais, están previstas mesas redondas sobre o papel de internet na relación da Administración coa cidadanía e o desenvolvemento das web no ámbito autonómico e no local.

No curso participarán profesores e investigadores de Universidades de toda España así como responsables de sitios web e xestores de diversos entes da Administración pública e do goberno.


Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono centraliña: +34 981 56 31 00
Teléfono de información: +34 981 54 71 11
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00