versión en castellano
english version

accesibilidade
 
Inicio » Xornal da USC » Nova

Xornal. Nova

Martes, 09 de febreiro de 2010 
Portada
Acontece
Resumo de prensa
Investigación
Axenda
Opinión
Publicacións
Entrevistas
Edicións anteriores
Taboleiro
Colabora con nós
• Buscador do xornal
Redacción

A USC lidera a produción científica do conxunto do Sistema Universitario de Galicia con 5.383 documentos publicados entre 2002 e 2006

Os datos despréndense do informe 'Evolución da produción científica do SUG nas bases de datos ISI 2002-2006' elaborado por Bugalicia

• Actualizada o Luns, 27 de outubro de 2008 ás 13:52

A Universidade de Santiago lidera a produción científica do conxunto do Sistema Universitario de Galicia (SUG) con 5.383 documentos publicados nas revistas de investigación máis prestixiosas do mundo entre os anos 2002 e 2006. Este indicador, sumando as cifras das tres institucións galegas, ascende 9.044 documentos, dos que 2.954 proceden de investigadores da universidade viguesa e 1.380 da de Coruña. Os datos despréndense do informe Evolución da produción científica do SUG nas bases de datos ISI 2002-2006 elaborado polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) e inclúe artigos, cartas, material editorial, revisións ou notas, entre outros.

No período analizado constátase que a produción científica das universidades galegas representa o 76,5 por cento de toda a comunidade autónoma, que rexistra no seu conxunto 11.818 documentos publicados, agrupando as publicacións do sistema sanitario, centros asociados ao CSIC, organismos públicos de investigación, da empresa privada, da administración e doutros centros de investigación. Á vista deste resultados o Bugalicia conclúe que as entidades de ensino superior galegas “seguen a ser a locomotora da investigación na comunidade”.

As áreas nas que a USC aglutina unha maior capacidade produtiva son Química, onde contabiliza 1.528 documentos; Medicina, con 1.259; Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, 825; Física e Ciencias do Espazo, 798; e Bioloxía Vexetal e Animal e Ecoloxía, con 488 documentos publicados nos cinco anos que comprende este estudo.

Para a elaboración do informe, o Consorcio botou man das bases de datos de Thompson-ISI, o Instituto para a Información Científica especializado na análise de citación ou factor de impacto de milleiros de revistas de todo o mundo. Á súa vez, a ferramenta empregada para a análise foi a bibliometría, disciplina que permite coñecer a estrutura, dinámica e evolución da actividade científica.


Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono centraliña: +34 981 56 31 00
Teléfono de información: +34 981 54 71 11
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00