Páxina de inicio da Universidade de Santiago de Compostela versión en Español

versión para discapacitados
 
busca avanzada
Inicio »  Centros »  Facultade de Xeografía e Historia »  Departamento de Historia Contemporánea e de América »  Fondos documentais »  Fondo documental HISTORGA
Departamento de Historia Contemporanea
Seccións
Titulacións

PRESENTACIÓN DO FONDO DOCUMENTAL HISTORGA


Entrevistas: 1 a 20 | 21 a 40 | 41 a 60 | 61 a 80 | 81 a 100 |
| 101 a 120 | 121 a 140 | 141 a 160 | 161 a180 | 181 a 200 |


O Fondo HISTORGA (Historia Oral de Galicia), creado a finais dos anos 80 pola profesora deste Departamento, Isaura Varela coa colaboración de Marc Wouters e de Xurxo Pantaleón, dispón na actualidade dunha inestimable colección que xa supera as 1.500 entrevistas, poñendo á disposición de todos testemuñas sobre aspectos centrais da historia recente de Galicia.

Á modo de exemplo, compre salientar o fondo de máis de 350 gravacións en torno á guerra civil e ó exilio, as máis de 700 entrevistas sobre a emigración a América, ás que aínda hai que sumar as relativas á emigración a Europa e os fluxos migratorios interiores, as igualmente ricas testemuñas sobre a conflictividade política e social rexistrada no Franquismo e na Transición, ou as referentes á vida cotián, á alimentación, ou á educación en Galicia.

Nos últimos tempos estase a facer, ademais, un gran esforzo por incorporar novos eidos temáticos de forte actualidade, como son a inmigración ou a muller.

Conscientes do enorme interés e potencial do fondo, no ano 2005 púxose en marcha, no marco do Plan Estratéxico do Departamento, un convenio coa Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) para a catalogación e publicitación do arquivo que nos permitira dalo a coñecer e poñelo á disposición da comunidade académica así como do conxunto da sociedade.

O resultado desta iniciativa son as máis de 200 fichas que nesta primeira entrega inclúe este catálogo virtual, e que permiten unha primeira achega para a consulta da fonte, dispoñible na súa totalidade no local de HISTORGA, do Departamento de Historia Contemporánea e de América, na Facultade de Xeografía e Historia.

Por último, compre sinalar que o deseño do catalogo responde á necesidade de harmonizar unha estructura funcional cos criterios éticos e legais que sempre ha de atender a difusión dun fondo destas características.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

universia Universia
unitenda Unitenda
Grupo Compostela Grupo Compostela

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00