Páxina de inicio da Universidade de Santiago de Compostela versión en Español

versión para discapacitados
 
busca avanzada
Inicio »  Centros »  Facultade de Xeografía e Historia »  Departamento de Historia Contemporánea e de América »  Actividade investigadora »  Servizos de apoio á investigación
Departamento de Historia Contemporanea
Seccións
Titulacións

SERVIZOS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN


Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas Gumersindo Busto | Cátedra Juana de Vega | HISTORGA


CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDIOS AMERICANISTAS GUMERSINDO BUSTO

DIRECCIÓN

  • Directora: Pilar Cagiao Vila.
  • Vicedirectora: Montserrat Villarino Pérez
  • Secretario: Eduardo Rey Tristán
  • Representante no Consello de Goberno da USC: Javier Guitián Rivera
  • Representantes do persoal científico: Jesús Izco Sevillano, Rafael García Pérez e Andrés Precedo Ledo.

MEMBROS DO CIEAM

  • Dr. Francisco Javier Amigo Vázquez, Profesor Titular de Botánica.
  • Manuel Artaza Montero, Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
  • Xosé Luís Barreiro Rivas, Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
  • Dra. Pilar Cagiao Vila, Profesora Titular de Historia de América.
  • Luís Caramés Viéitez, Facultade de Ciencias Económicas.
  • Dr. Rafael García Pérez, Profesor Titular Derecho Internacional Público.
  • Domingo González Lopo, Profesor Departamento de Historia Medieval y Moderna.
  • Dr. Jesús Izco Sevillano, Catedrático de Botánica.
  • Dra. Margarita M. Ledo Andión, Catedrática de Comunicación Audiovisual.
  • Rubén C. Lois González, Profesor Titular de Xeografía.
  • Ramón Máiz Suárez, Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
  • Dr. Antonio Martínez Puñal, Profesor Titular de Derecho Internacional Público.
  • Dr. Luís Martul Tobío, Profesor Titular de Literatura Hispanoamericana.
  • Dr. Xosé Manoel Núñez Seixas, Profesor Titular de Historia Contemporánea.
  • Dra. María Luísa Pazos Pazos, Profesora Titular de Historia de América.
  • Dr. Vicente Peña Saavedra, Profesor Titular de Educación.
  • María Teresa Ponte Iglesias, Facultade de Dereito.
  • Dr. Andrés José Precedo Ledo, Catedrático de Xeografía.
  • Jorge Pueyo Losa, Facultade de Dereito.
  • Dr. Eduardo Rey Tristán, Investigador Parga Pondal.
  • Dr. Xosé Manuel Vázquez Varela, Catedrático de Prehistoria.
  • Dr. Xavier Vence Deza, Catedrático de Economía Aplicada.
  • Dra. Montserrat Villarino Pérez, Profesora Titular de Xeografía Humana.

SINOPSE

O Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas "Gumersindo Busto" (CIEAM), foi aprobado polo Consello de Goberno da USC o 17 de febreiro de 2005, culminando así un largo período de xestación e trámites que comenzara, a impulso da Área de Historia de América, no año 2002.

O centro expresa no seu mesmo nome a súa vocación. Por unha parte, e como se fai patente pola amplia participación de diferentes áreas de coñecemento, nace con vontade de aunar a todos aqueles membros da comunidade universitaria de interés americanista que compartan os seus obxectivos; por outra, se adica ó que se ten considerado impulsor do americanismo na USC, Gumersindo Busto.

Obxectivos:

  1. Os seus obxectivos teñen sido establecidos tanto no seu Reglamento de Réxime Interno como na Memoria de creación, e explican por si mesmos a ambición coa que nace e o servicio que pretende prestar tanto á comunidade universitaria como á sociedade galega:
  2. Crear un espacio de referencia dentro da Comunidad Autónoma de Galicia en xeral, e da USC en particular, para o fomento da investigación científica e difusión académica e cultural de cualquer aspecto relacionado coa realidade de América, con énfase no que se refire ós vínculos comúns coa nosa comunidade.
  3. Poñer en marcha os instrumentos e espacios necesarios para o desenrolo interdisciplinar de actividades de investigación, análise, debate, divulgación e difusión cultural que, no marco establecido polos Planes Galego e Nacional de I+D, acheguen as realidades latinoamericanas á sociedade galega e, de manera especial, ós estudiantes, empresarios, docentes, investigadores e comunicadores, facendo partícipes a todos eles dos logros alcanzados.
  4. Fomentar a investigación básica, a formación de recursos humanos cualificados e de equipos de investigación fortes dentro do marco dos estudios latinoamericanistas, en plena consoancia cos obxectivos que ó respecto establecen os Plans Galego e Nacional de I+D, de forma que poidan levar a cabo os obxectivos concretos do Centro.
  5. Realizar actividades docentes de terceiro ciclo, de especialización e cursos de verán sobre América Latina no marco da programación académica da USC, así como de divulgación no ámbito escolar de Galicia.
  6. Fomenta-las relacións académicas, profesionais e de investigación entre a USC e os centros académicos e de investigación de América Latina, Estados Unidos, Canadá, Europa ou de cualquer outro país, que compartan obxectivos semellantes.
  7. Ser centro de referencia dentro da USC para a canalización das propostas de colaboración ou de organización de actividades científicas (de carácter nacional ou internacional) relacionadas cos estudios americanistas, que procedan de iniciativas tanto internas como externas, e tanto públicas como privadas.
  8. Prestar asesoramento científico no marco de competencia do Centro a institucións públicas, empresas ou particulares.

CÁTEDRA JUANA DE VEGA

DIRECCIÓN
- Director: Xosé Ramón Barreiro Fernández
- Secretaria: Mª Jesús Baz Vicente

COMISIÓN
- Lourenzo Fernández Prieto (Vicerreitor de Relacións Institucionais da USC)
- Xosé Ramón Barreiro Fernández (Catedrático da USC)
- Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático da USC)
- Enrique Sáez (Presidente da Fundación Juana de Vega)
- José Manuel Andrade (Secretario da Fundación Juana de Vega)


SINOPSE
Creada en colaboración co Departamento de Historia Contemporánea e de América en decembro de 2005, no marco das actividades organizadas pola Fundación Juana de Vega para conmemorar o bicentenario do nacemento da súa fundadora (1805), fíxase como obxectivos promover o desenvolvemento de actividades tanto de investigación, como de formación, debate e divulgación sobre tres aspectos centrais da historia contemporánea de Galicia:

  1. Pensamento ilustrado e proxecto político liberal.
  2. A aportación da muller ó pensamento e proxecto liberal, atendendo moi especialmente á vida e obra de dna. Juana de Vega.
  3. As iniciativas e os procesos modernizadores do agro galego dende o século XIX.

Consonte a iso serán actividades da Cátedra, ademáis da financiación de bolsas pre/postdoutorais de investigación sobre os temas referidos, a organización de seminarios bianuais de debate sobre o pensamento e proxecto liberal, así como actuacións orientadas á divulgación.


HISTORGA

UPDOC (Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo)

Esta unidade ten como cerne o fondo de fontes orais Historga (Historia Oral de Galicia) que é hoxe unha fonoteca de mais de 1.500 entrevistas sobre a historia recente de Galicia. A práctica do traballo de campo fai posible tamén a formación dunha colección de material gráfico e documentos persoais, que van a ser conservados non só por sí mesmos como noutros moitos proxectos existentes senón acompañados da memoria oral que os explica. Ademais súmanse a ese servizo os aportes da documentación escrita e bases de datos achegados por moitas das investigacións e proxectos que no pasado e na actualidade se levan a cabo no Departamento de Historia Contemporánea e de América, da Facultade de Xeografía e Historia, da USC.

HISTORGA (Historia Oral de Galicia)

- Unha plataforma para a recollida e producción de fontes orais:
O núcleo dos investigadores dende o inicio directamente vencellados ó proxecto, emprendendo traballos de investigación propios, dirixindo traballos de alumnos e guiando seminarios metodolóxicos, teñen sido a base fundamental dos aportes.
É moi satisfactorio sinalar ademais que, cada vez con maior frecuencia, este impulso inicial tense visto reforzado polo apoio doutros investigadores alleos ó núcleo inicial, cedendo as súas propias coleccións de entrevistas para a súa conservación e difusión dentro do Fondo Historga.

- Un centro para a conservación do noso patrimonio oral:
O rexistro en gravacións das entrevistas cos protagonistas da nosa historia recente ven dar unha forma de permanencia a un patrimonio, o da memoria, moitas veces destinado a esvaecerse.
A dixitalización dos materiais sonoros, a transcrición das entrevistas e a sistematización deses materiais, nunha base de datos, afortala ademais cunha moderna estructura a conservación deste patrimonio.

- Un servizo de consulta e difusión:
Dando servicio os múltiples intereses dos investigadores e tratando de tirar proveito da enorme riqueza das fontes orais, poñendo a disposición da comunidade investigadora o Fondo Historga a traverso do esforzo propio e mediante convenios con outras institucións.
O fondo recolle o material oral de teses de doutoramento e traballos de investigación publicados que doutro xeito sería dificilmente accesible ós investigadores.

Novas entradas:

Se ben a media de incremento do fondo ronda as 100 entrevistas anuais, os traballos propios e o feito de que o noso Arquivo de Fontes Orais sexa cada vez mais utilizado e recoñecido polos investigadores que se achegan a él, ten elevado nos últimos dous anos as cifras de novas incorporacións por encima das 200 entrevistas. Parellamente téñense incrementado os traballos de clasificación e transcripción

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

universia Universia
unitenda Unitenda
Grupo Compostela Grupo Compostela

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00