|
Profesorado
| Abstracts | Docencia
ARTIAGA REGO, AURORA
Doutora en Historia Contemporánea (1989) coa tese, A desamortización
da provincia de Pontevedra, 1855-1900, dirixida por Ramón Villares
Paz. Profesora Titular deste departamento (1991).
Foi profesora visitante no Departamento de Lengua y civilización
españolas da Universidade de Rennes-2-Haute Bretagne (1988-1989).
No ámbito da Historia agraria, a súa traxectoria investigadora centrouse
no estudio das transformacións experimentadas pola propiedade territorial
na Galicia do século XIX en relación co asentamento do novo Estado
Liberal. Ten abordado igualmente outros aspectos da sociedade rural
galega decimonónica como a pluriactividade ou a conflictividade
social.
Entre as súas publicacións compre salientar: "Montes Públicos
e Desamortización en Galicia", Agricultura y Sociedad nº 57
(1990); A desamortización na provincia de Pontevedra, 1855-1900
(Pontevedra, 1991); Propiedade da terra e Reforma Liberal. Vol.
III da Biblioteca de Clásicos Agrarios Galegos (Santiago, 1997);
"Labradores, gandeiros, artesáns e traficantes. Unha aproximación
espacial ás actividades productivas da poboación rural en Galicia,
1750-1900", Semata nº 9 (1998); A Agricultura galega a mediados
do século XIX. O primeiro intento de reforma do foro, Vol. IV da
Biblioteca de Clásicos Agrarios Galegos (Santiago, 2001); e como
coeditora Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana
1876-1936 (Santiago, 1997).
Foi Vicedecana de Asuntos Académicos da Facultade de Xeografíe e
Historia entre os anos 1996 e 2003. Na actualidade é a coordinadora
do Terceiro Ciclo.
BALBOA LÓPEZ, XESÚS L.
Doutor en Historia Contemporánea coa tese, O monte en Galicia, séculos
XIX e XX. Problemas xurídico-administrativos e individualización
campesiña (1990), dirixida polo Dr. Ramón Villares Paz. É profesor
titular do Departamento dende 1991.
Profesor invitado da Universidade de Haute-Bretagne no curso 1989-1990,
dende 1991 desempeña o cargo de coordinador das materias de Historia
nas Probas de Acceso á Universidade. Asemade foi secretario do Departamento
entre os anos 1999 e 2001.
A historia agraria é a súa liña preferente de investigación, sobre
todo no referido á evolución histórica dos montes de propiedade
veciñal. Dentro desta liña, participou e participa en diversos proxectos
de investigación subvencionados pola Xunta de Galicia, o Ministerio
de Educación e Ciencia, e a Unión Europea.
Entre outras publicacións súas destaca o libro, O monte en Galicia,
publicado en 1990, así como artigos en diversas revistas, como Agricultura
y Sociedad, Quaderni Storici ou Historia Agraria.
BARREIRO FERNÁNDEZ, XOSÉ RAMÓN
Doutor en Historia (1979, USC) e en Dereito Canónigo (1965, Universidade
gregoriana de Roma), é dende o ano 1987 Catedrático de Historia
Contemporánea de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela.
Decano da Facultade de Xeografía e Historia tralas primeiras eleccións
democráticas (1985) e Vicerrector de Política Cultural da USC (1990
- 1991), tamén desempeñou diversos cargos noutras institucións académicas
e culturais. Membro do Consello da Cultura Galega dende a súa fundación,
foi asemade un dos promotores da refundación do Seminario de Estudios
Galegos, e exerceu entre os anos 1983 e 1985 o cargo de secretario
xeral do Instituto de Estudios Galegos P. Sarmiento (CSIC). Membro
numerario da Real Academia Galega dende o ano 1997, preside na actualidade
a institución (2001), exercendo asemade como académico correspondente
da Real Academia da Historia.
A Historia Contemporánea de Galicia é o centro da súa actividade
investigadora, abordando temáticas de carácter diverso. É autor
de preto de 50 monografías, de entre os que cabe salientar os seguintes:
Historia Contemporánea de Galicia (Coruña, 1984); El carlismo gallego
(Santiago, 1976); A Galicia do Antigo Réxime: ensino, ilustración
e política (Coruña, 1991); Historia de la Imprenta en Galicia, siglo
XV-1900 (Coruña, 1991); Historia da Universidade de Santiago (Santiago,
2000-2001); Os Parlamentarios de Galicia. Biografía de Deputados
e Senadores, 1810-2001 (Compostela, 2001).
Obtivo entre outras distincións a Medalla Castelao, o Premio da
Crítica de Galicia (Investigación) en dúas ocasións, o Premio Santiago
da TVG (1988) e o Premio da Asociación de Libreiros.
BAZ VICENTE, Mª XESÚS
Doutora en Historia pola USC e Premio Extraordinario coa tese de
doutoramento, El patrimonio de la Alta Nobleza en Galicia, siglos
XVII - XX: la casa de Alba (1994), dirixida polo Dr. Ramón Villares.
Na actualidade é profesora titular de Historia Contemporánea e Secretaria
da Cátedra Juana de Vega da USC, que dirixe o Catedrático de Historia
Contemporánea X.R. Barreiro Fernández. Completou a súa formación
con estadías en diversos centros de investigación, como o Institute
of Historical Research of London, o Institute für Geschichte (Univ.
de Darmstadt), ou a Universitá degli Studi di Bari.
Dende o ámbito da Historia Agraria, as súas investigacións se centraron
na traxectoria das élites e da propiedade da terra en Galicia no
tránsito do Antigo Réxime ó novo orde liberal. Entre as súas publicacións
destaca a monografía, Señorío y propiedad foral de la alta nobleza
en Galicia, siglos XVI - XX: la Casa de Alba (1996), premiada cun
accésit na convocatoria do XXIII "Premio Nacional de Publicaciones
Agrarias..." - Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
-, o artigo publicado na revista Agricultura y Sociedad, "Reconsiderando
la persistencia del régimen foral en la Galicia del siglo XIX: una
racionalidad de otro orden" (1994), premio de investigación
Xunta de Galicia na área das Ciencias Sociais e Xurídicas, e as
súas colaboracións xunto con Aurora Artiaga Rego na colección, "Biblioteca
de Clásicos Agrarios Galegos".
Na actualidade participa no proxecto de investigación sobre “A Guerra
Civil e o proceso de construcción do réxime franquista en Galicia”,
dirixido por L. Fernández Prieto (Xunta de Galicia), e ven de publicar
xunto con Pilar López Rodríguez o artigo, “Una aproximación a Falange
en la provincia de Lugo, 1936-1942”, no volume A patria enteira,
Homenaxe ao profesor X.R. Barreiro Fernández (2008), así como o
capítulo que leva por título, “La mujer en la guerra de la independencia
en Galicia. Una historia de omisión y anonimato”, na monografía,
Patriotas y heroinas de guerra: mujeres de 1808, Madrid, Cátedra
(2008).
BERAMENDI GONZÁLEZ, JUSTO
Doutor en Historia (1987) e Catedrático de Historia Contemporánea
da Universidade de Santiago de Compostela (1995).
Vicerrector de Política Cultural da USC (1991), foi cofundador da
Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego, da que é actual presidente.
Foi igualmente cofundador das revistas Negaciones (Madrid, 1977),
A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1996).
Especialista en historia das ideoloxías e dos movementos políticos,
é autor de diversos estudios sobre a evolución do pensamento marxista
(Miseria de la Economía, Barcelona 1974), a historiografía e a metodoloxía
da historia política (La historia política: algunos conceptos básicos,
Santiago, 1999) e dos nacionalismos (Ethnos versus Polis? On method
and nationalism, Santiago, 1993), a cuestión nacional en España
("Identity, Ethnicity and the State in Spain. 19th and 20th Centuries",
Nationalism and Ethnic Politics, 1999; "Los nacionalismos hispánicos
y Europa", Santiago, 1999; y La España de los nacionalismos y las
autonomías, con J.L. de la Granja y P. Anguera, Madrid, 2001), e
o galeguismo (Vicente Risco no nacionalismo galego, Santiago, 1981.
O nacionalismo galego, Vigo, 1997).
Foi investigador principal nos últimos oito anos do grupo de investigación
sobre "Dinámicas sociopolíticas en la Galicia urbana", dirixindo
no seu marco un total de oito teses doutorais. Asimesmo organizou
e coeditou as actas dos seguintes Congresos: Nacionalismos y regionalismos
en la España de la Restauración (Santiago, 1983/Madrid, 1984), Castelao
(Santiago, 1986/ Santiago 1990), Los nacionalismos en la España
de la Segunda República (Mariñán, 1988/Madrid, 1991) e Nationalism
in Europe. Past and Present (Santiago, 1993/Santiago 1994).
Na actualidade é membro da ASEN (Association for the Study of Ethnicity
and Nationalism) e da Xunta Directiva da Asociación de Historia
Contemporánea como coordinador do VII Congreso da AHC, Memoria e
Identidades, (Santiago, setembro do 2004).
CABANA IGLESIA, ANA
Licenciada con Grao en Historia (2001) coa tese de licenciatura,
Facer as Américas: Pedro Murias, tabaqueiro na Habana, indiano na
Devesa (1840-1936), publicada pola Xunta de Galicia. Foi bolseira
predoutoral da Xunta de Galicia no 2000-2001 e bolseira FPU do Miniserio
de Educación entre 2001 e 2003.
Completou a súa formación con estadías en diversos centros de investigación
como o Centro de Etnoloxía Portuguesa (Universidade Nova de Lisboa),
a London School of Economics e a Universidade Autónoma de Madrid.
Na actualidade está a realizar, dende o ámbito da Historia Agraria
e Rural de Galicia, a súa tese doutoral sobre a conflictividade
no rural galego baixo o franquismo. Participa en proxectos de investigación
relacionados con esta temática.
Asemade, presentou comunicacións en diferentes congresos nacionais
e internacionais, como o X Congreso de Historia Agraria en Sitges-Barcelona,
o V Encuentro de Investigadores del Franquismo, en Albacete, ou
Fourth European Social Science History Conference celebrado na Haia.
CABO VILLAVERDE, MIGUEL
Doutor en Historia e Premio Extraordinario (1999) coa tese, A integración
política do pequeno campesiñado: o caso galego no marco europeo,
1890 - 1939, dirixida polo Dr. Lourenzo Fernández Prieto. Profesor
titular neste departamento (2003).
Ten realizado estadías de investigación nas Universidades de Boloña
(Italia, 1996 e 1998), Bielefeld (Alemaña, 1997) e Wageningen (Países
Baixos, 2001).
Membro do consello de redacción da revista Historia Agraria (SEHA)
dende o ano 2002, foi coorganizador xunto con Piet van Cruyningen
(Univ. de Wageningen, Países Baixos), da Sección de Historia Agraria
do Fourth European Social Science History Conference (ESSHC) celebrado
en Den Haag (Países Baixos) en marzo de 2002, e do Fifth European
Social Science History Conference (Berlín, marzo de 2004), ámbos
promovidos polo Instituto International de Historia Social de Amsterdam.
Os seus campos de investigación móvense entre a historia agraria
e a historia social, con estudios sobre a acción colectiva, o asociacionismo
e a politización no ámbito rural ou a prensa agraria, prestando
sempre particular atención á perspectiva comparada.
CAGIAO VILA, PILAR
Doutora en Historia (Sección Historia de América) pola Universidade
Complutense de Madrid (1990) e obtivo premio extraordinario coa
tese, Participación económico - social de la inmigración gallega
en Montevideo, 1900 – 1970. Profesora titular do Departamento dende
o ano 1993.
É autora de varios traballos sobre a emigración a América, entre
os que cabe salientar: "Cinco siglos de emigración gallega
a América", Historia General de la Emigración Española a Iberoamerica
(Madrid, 1992); Muller e emigración (Santiago, 1997); e como coordenadora,
Galegos en América, 'americanos' en Galicia, séculos XIX e XX (Santiago,
1999).
Dirixiu tamén como investigadora principal varios proxectos de investigación
sobre o tema e as relacións culturais España-América Latina, así
como varias teses de doutoramento sobre Historia Contemporánea de
América Latina.
Foi profesora invitada en diversas universidades de América Latina,
Portugal e Francia para impartir cursos sobre a devandita temática.
Entre os anos 1999-2002 desempeñou o cargo de Directora do Arquivo
da Emigración Galega e Coordinadora da Sección de Cultura Galega
no Exterior (Consello da Cultura Galega). Foi Comisaria da exposición
"Cen anos de Biblioteca de América, 1904 - 2004" e coordinadora
do libro de título homónimo.
CASTRO PÉREZ, XAVIER
Doutor en Historia (1982) e Catedrático de Escola Universitaria
en Historia Contemporánea na USC dende o ano 1995.
Foi profesor invitado nos Centros Galegos de Bos Aires e Montevideo
así como na Universidade de Rennes.
En colaboración co profesor Jesús de Juana promove dende 1983 as
Xornadas de Historia de Galicia, das que se levan celebrado dez
edicións.
Formou parte do equipo de redacción da revista Grial, desempeñando
o cargo de subdirector dende febreiro de 1997. Foi o comisario da
exposición do Cincuentenario da Editorial Galaxia e asesor histórico
da serie de televisión, As leis de Celavella.
Na actualidade realiza diversos traballos de investigación sobre
historia social centrados na temática da emigración e na historia
da alimentación e da sociabilidade.
Entre as suas principais publicacións destacan os libros: O galeguismo
na encrucillada republicana (1985), 2 vols.; A lume manso. Historia
social da alimentación en Galicia, (Vigo, 1998); Ayunos y yantares.
Usos y costumbres en la historia de la alimentación, (Madrid, 2001).
FERNÁNDEZ PRIETO, LOURENZO
Doutor en Historia (1990) e Premio Extraordinario coa tese, A renovación
tecnolóxica da agricultura galega: estado, sociedade e innovación
nunha economía campesiña, dirixida polo Dr. R. Villares. É profesor
titular de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de
Compostela dende 1993; e entre 1997 e 2005 foi Director do Departamento.
Foi Premio extradordinario de licenciatura (1984) e obtivo os premios
da Crítica de Galicia e Lousada Diéguez no apartado de investigación.
Completou a súa formación con estadías no Institute of Historical
Research of London, no University College Cork e noutras universidades
e centros de investigación.
Especializado en historia agraria, publicou traballos sobre a sociedade
rural contemporánea en distintas revistas especializadas: Historia
Social, Historia Agraria, Recerques, Estudis d'Historia Agraria,
Revista de Occidente, Studia Historica, A Trabe de Ouro, Grial,
entre outras. Tamén é autor de varios libros sobre a cuestión: A
Granxa Agrícola-Experimental da Coruña, 1888-1928, (Santiago, 1988);
Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica
na agricultura galega, 1850-1939 (Vigo, 1992). É editor do libro,
Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea (Vigo,
2000), e coautor de El Pozo de todos los males. Sobre el atraso
en la agricultura española contemporánea (Barcelona, 2001).
Ten tamén contribucións xerais sobre a Historia contemporánea de
Galicia: "Guerra civil e Franquismo" en Nova Historia
de Galicia (A Coruña, 1996), pp. 449-510; coeditor do libro conxunto,
Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana, 1876-1936
(Santiago, 1997).
Secretario do IDEGA da USC (1991-1995).. Formou parte do Consello
de Redacción da revista Historia Agraria (1991-2002).
GRANDÍO SEOANE, EMILIO
Doutor en Historia (1995) coa tese, La C.E.D.A. en Galicia 1931-1936,
dirixida polo Dr. Xosé Ramón Barreiro. Profesor titular do Departamento
de Historia Contemporánea e de América (2003).
Realizou sendas estadías de investigación no Cañada Blanch- LSE
(Londres, Reino Unido) e no ISCTE (Lisboa, Portugal).
Participou nun total de seis proxectos de investigación referidos
ó estudio das élites políticas, financiados polo Ministerio de Ciencia
e tecnología e a Xunta de Galicia. É director dos proxectos de investigación
en colaboración coa USC-Deputación da Coruña: "República e Guerra
Civil na provincia da Coruña, 1936-1939" (2004-2006) e "Violencia
política na II República na provincia da Coruña, 1931-1936" (2006-2008).
E autor de varios libros como, Los orígenes de la derecha gallega.
La CEDA en Galicia, 1931 - 1936 (Sada, 1998); Caciquismo e eleccións
na Galiza da II República (Vigo, 1999); Años de Guerra. A Coruña,
1936 - 1939 (Oleiros, 2000); Vixiancia e Investigación na Galicia
da Guerra Civil. O informe Brandariz (A Coruña, 1937), (Sada, 2001);
o Política e provincia. A Deputación da Coruña na II República (Coruña,
2002).
Ademáis ten publicados varios artigos sobre o tema en revistas científicas,
como Spagna Contemporanea, Bulletin d´Histoire Contemporaine de
l´Espagne, Historia y comunicación social, Espacio, Tiempo y Forma,
Cuadernos Republicanos ou Grial.
LÓPEZ FACAL, RAMÓN
Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa
tese, "O concepto de nación no ensino da historia" (1999), dirixida
polo Dr. Justo Beramendi González. Profesor asociado LOU deste departamento.
A súa investigación e principais publicacións xiran en torno a dúas
liñas principias: Nacionalismos e identidades nacionais.
De entre as súas principias publicacións hai que salientar: "La
nación ocultada", in Pérez Garzón, J. S. (coord.), La gestión de
la memoria. La historia al servicio del poder, (Barcelona, 2000);
"Enseñanza de la historia y formación de la identidad nacional",
in Estepa, Friera y Piñeiro. (eds.), Identidades y territorios (Oviedo,
2001); "La enseñanza de la historia, más allá del nacionalismo,
en J.J. Carrears Ares e C. Forcadell, Usos públicos de la historia
(Madrid, 2003); Història, educació i identitat europea", L’Avenç,
nº 287 (gener 2004); "Un sentimiento de crisis (sobre enseñanza
de la historia), en A. Morales Moya (dir.), Estado y nación en la
España Contemporánea, (Madrid, MEC-UIMP); e "Enseñar historia en
convivencia plurinacional", Gerónimo de Uztariz, nº 17 (2002).
LÓPEZ RODRÍGUEZ, PILAR
Doutora en Historia (1984, USC) e Catedrática de Escola Universitaria
(1986), imparte docencia na facultade de Humanidades do campus de
Lugo.
A súa actividade científica enmarcase dentro dunha das liñas de
investigación consolidadas no Departamento, como é a Historia agraria
contemporánea. Os seus estudios téñense centrado na análise das
estructuras, concretamente na evolución da propiedade da terra en
relación co proceso de redención foral durante o século XIX e no
ámbito espacial da provincia de Lugo.
Boa parte dos resultados desa investigación constitúen o armazón
fundamental dalgúns dos seus libros máis sinalados: Campesinos propietarios.
La redención de foros en la provincia de Lugo durante la I República,
(Lugo, 1985) e Reformismo Agrario no Sexenio Democrático (Paz Nóvoa,
E. Chao) (Santiago, 2001).
MUÑOZ ABELEDO, LUISA
Luisa Muñoz Abeledo é doutora en Historia Económica pola Universidade
Autónoma de Barcelona (2003) coa tese "Los mercados de trabajo en las
industrias marítimas de Galicia. Una perspectiva histórica, 1870-1936".
Impartiu docencia en diferentes universidades españolas e estranxeiras
(Pompeu Fabra, U. da Coruña, British Columbia University). Realizou
varias estadías de investigación, tanto predoutorais como posdoutorais
(British Columbia University- Canadá; Center for the History of Business,
Technology and Society- Estados Unidos, Universidade do Porto-Portugal).
Na actualidade é profesora no Departamento de Historia Contemporánea e
de América da USC. As súas principais liñas de investigación son a historia
do traballo e das relacións laborais, así como a historia da empresa dende unha
perspectiva de xénero.
NÚÑEZ SEIXAS, XOSÉ MANOEL
Doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia (1992) coa tese
"El problema de las nacionalidades en la Europa de entreguerras. El Congreso de Nacionalidades Europeas (1925-1938)",
dirixida polos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf.
Foi profesor titular de Historia Contemporánea na USC (1994-2007) e catedrático da mesma dende outubro de 2007.
Especializado no estudo comparado da cuestión nacional en España e na Europa, na análise da emigración galega a América
e mais na historia sociocultural da violencia. Foi profesor convidado nas Universidades de Halle an der Saale, Bielefeld, París X,
París VII, Rennes II, Zentrum für zeitgeschichtliche Forschung (Potsdam) e City University of New York.
É membro do consello de redacción das revistas Estudos Migratorios (Santiago de Compostela),
Estudios Migratorios Latinoamericanos (Bos Aires) e Historia del Presente (Madrid), e integrante do
Consello Asesor das revistas European History Quarterly (Londres), Historia Social (Valencia) e Segle XX (Barcelona).
Autor dunha quincena de libros e deceas de artigos en volumes colectivos e revistas ibéricas e internacionais,
entre os seus últimos libros salientan "Entre Ginebra y Berlín. La cuestión de las minorías nacionales y la política internacional en Europa, 1914-1939"
(Madrid: Akal, 2001); "O inmigrante imaxinario. Estereotipos, representacións e identidades dos galegos na Arxentina, 1860.1940"
(Santiago de Compostela USC, 2002); "¡Fuera el invasor! Nacionalismos y movilización bélica durante la guerra civil española,1936-1939"
(Madrid: Marcial Pons, 2006) e "Imperios de muerte. La guerra germano-soviética, 1941-1945" (Madrid: Alianza, 2007).
PAZOS PAZOS, MARIA LUISA
Licenciada en Historia pola Universidad Iberoamericana (México D:F:)
e Doutora en Historia (Sección Historia de América) pola Universidade
de Sevilla coa tese, El Ayuntamiento de la ciudad de México en el
siglo XVII: Continuidad Institucional y Cambio Social (1997), dirixida
polas Dras. Enriqueta Vila Vilar e Mª Justina Sarabia. Publicada
en 1999 por la Diputación de Sevilla. É profesora titular deste
Departamento (2000).
Foi profesora e investigadora na universidade Iberoamericana, no
Instituto de Antropología e Historia e no CIESAS, e no Departamento
do D.F. todos eles na cidade de México. Colaborou coa escuela de
Estudios Hispanoamericanos de Sevilla na catalogación das Cartas
de Cabildo Americanas.
Dende o ano 2000 é profesora titular nesta universidade. Dende entón
colaborou en diferentes proxectos, entre eles o dirixido por Pilar
Cagiao "Cen anos da Biblioteca América 1904-2004".
Actualmente investiga os emigrantes galegos dende o século XVI hasta
o XX co proxecto América en Terra de Montes. E os galegos no exilio
mexicano. Ademais de colaborar cos estudos de cidade de mexico na
época colonial para os que e requerida.
REY TRISTÁN, EDUARDO
Licenciado en Antropoloxía Americana (1994) e en Historia de América
(1996) pola Universidade Complutense de Madrid, doutorouse en Historia
pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2002.
Na actualidade é investigador do Programa Parga Pondal na Área de
Historia de América do Departamento de Historia Contemporánea e
de América.
A súa investigación céntrase en torno ó tema da violencia politica,
revolucións e guerrillas en America Latina no século XX. Froito
principal deste traballo é a súa tese doctoral, dirixida pola Dra.
Pilar Cagiao Vila, La izquierda revolucionaria uruguaya, 1955-1973,
publicada en 2005 pola Escola de Estudios Hispanoamericanos (CSIC)
e a Universidade de Sevilla.
Nos últimos anos colaborou en diferentes proxectos de investigación
en torno á Biblioteca América da USC e ás relacions culturais entre
España e America Latina durante o século XX. O principal resultado
destes traballos é a participación na obra colectiva, Cen anos da
Biblioteca América, 1904-2004, e a coordenación da exposición que
lembra o Centenario deste acervo bibliográfico.
RICO BOQUETE, EDUARDO
Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa
tese, A riqueza forestal de Galicia no século XX: producción e explotación
(1995), dirixida polo Dr. R. Villares. Profesor titular de Historia
Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2000).
A súa actividade científica enmárcase dentro dunha das liñas de
investigación consolidadas no Departamento, a Historia Agraria Contemporánea,
e máis específicamente, no ámbito forestal. Nun sentido amplio,
neste marco débense incluir os seus estudios sobor dos procesos
de industrialización ligados ó sector, a política forestal, a conflictividade
social entorno ó monte.
É autor dos libros, Política Forestal e repoboacións en Galicia,
1941 - 1971 (Santiago, 1995); e Montes e industria en la provincia
de Pontevedra. Antecedentes y desarrollo de la Empresa Nacional
de Celulosas S.A. (Santiago, 1999).
Colaborou en diversas obras colectivas, das que cabe salientar:
Andrée Corvol (ed.), Forêt et Marine, L´Harmattan (París, 1997);
Charles Watkins (ed.), European Woods and Forest: Studies in Cultural
History, (Oxon, 1998); M.Agnoletti and S. Anderson (eds.), Forest
History: International Studies on Socioeconomic and Forest Ecosystem
Change, (New York, 2000).
SOUTO BLANCO, MARÍA JESÚS
Doutora en Historia (1997) pola Universidade de Santiago de Compostela
coa tese, La represión franquista en la provincia de Lugo: (1936
- 1940), dirixida polo Dr. X.R. Barreiro. Profesora asociada do
Departamento dende 2001.
Foi profesora visitante no Departamento de Lengua y civilización
españolas da Universidade d’Angers (1989-1990) e completou a súa
formación cunha estadía na Universidade Nova de Lisboa (2004).
Froito das súas investigacións sobre a represión franquista e a
guerra civil en Lugo publicou os libros: La represión franquista
en la provincia de Lugo 1936 - 1940, (Sada, 1998); Los apoyos al
régimen de Franco en la provincia de Lugo, 1936 – 1940, (Sada, 1999).
Centrouse tamén no estudio do Lugo contemporáneo profundizando na
realidade económica, social e cultural de Lugo dos séculos XIX e
XX, reflexo delo é a seguinte obra: "Historia Contemporánea de Lugo"
no libro colectivo: Historia de Lugo (A Coruña, 2001).
Cabe salientar asemade a súa participación en dous libros coordinados
e dirixidos polo catedrático e director da R.A.G., D. Xosé Ramón
Barreiro Fernández: Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados
e senadores (1810 - 2001), 2 vols. (Santiago, 2001); e Historia
da Universidade de Santiago de Compostela, Volume II, O século XIX,
(Santiago, 2002).
VARELA GONZÁLEZ, ISAURA
Doutora en Historia (1986) coa tese, La Universidad de Santiago
de Compostela, 1898-1936, dirixida polo Dr. J. Palomares Ibáñez.
Profesora titular do Departamento de Historia Contemporánea e de
América dende o ano 1989.
Foi membro do Seminario de Fuentes Orales da Universidade Complutense
de Madrid e cofundadora do Arquivo de Fontes Orais de Galicia deste
Departamento, ademáis dirixiu e participou en diversos proxectos
relacionados coa materia: Historia Oral de Galicia. HISTORGA (1988);
Fontes Orais para o Estudio do Nacionalismo Galego (1989); Galicia
e América. Fontes Orais para o estudo da Emigración Galega (1990).
Xunto coa historia contemporánea da Universidade de Santiago de
Compostela, centrou a súa investigación asemade na historia de xénero,
dirixindo mesmo varias teses sobre o tema.
As súas publicacións máis senlleiras son: La Universidad de Santiago.
1900-1936. Reforma universitaria y conflicto estudiantil (Coruña,
1989); "Condición obrera, conflictividad y asociacionismo en Santiago
en la época de la Comisión de Reformas Sociales, 1833-1903", O Movemento
obreiro en Galicia (Vigo, 1990); "Prensa juvenil y estudiantil en
el bando franquista durante la Guerra Civil (1936-1939)", J. Aróstegui
(coord.), Historia y memoria de la guerra civil (Salamanca, 1988);
"A incorporación da muller e os inicios do asociacionismo estudiantil
na Universidade (1890-1936)", Gallaecia Fulget,1495-1995 (Santiago,
1995).
VEIGA ALONSO, XOSÉ RAMÓN
Doutor en Historia pola USC e Premio Extraordinario coa tese O conde
de Pallares e o seu tempo, 1828 - 1908. Política, ferrocarrís e
agrarismo en Galiza, (1998), dixida polo Dr. Xosé Ramón Barreiro
Fernández. Profesor titular deste Departamento (2003), imparte docencia
na Escola de Maxisterio de Lugo.
Como investigador, a súa actividade tense dirixido cara diferentes
eidos referidos á traxectoria histórica da Galiza decimonónica,
partindo do seguemento biográfico feito arredor da figura do conde
de Pallares, a evolución das infraestructuras férreas, a reflexión
sobre da situación agraria, a determinación das estratexias reproductivas
do grupo fidalgo galego, o papel da prensa na dinámica histórica
do país e a investigación das redes clientelares que dominan a vida
político - eleitoral neses anos. Igoalmente, ten participado en
varios proxectos de investigación centrados no estudo de diferentes
variábeis referidas ao eido agrario galego nos séculos XIX e XX.
Froito desta laboura ten sido a publicación de dúas monografías
e dunha trintena de traballos recollidos en actas de congresos,
libros coleitivos e revistas especializadas (Historia Social, Studia
historica. Historia contemporánea, Hispania, Ler História, Noticiario
de Historia Agraria, Historia contemporánea...).
VILLARES, RAMÓN
Doutor en Historia (1980) e Catedrático de Historia Contemporánea
da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987.
Especializado en historia agraria, historiografía e historia xeral
de Galicia, é autor de máis de setenta publicacións, entre as que
destacan as seguintes: La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936,
(Madrid, 1982); Foros, Frades e fidalgos, Estudos de historia social
de Galicia, (Vigo, 1982); Galicia. A Historia, (Vigo, 1984); Figuras
da nación, (Vigo, 1997); e El mundo contemporáneo, siglos XIX y
XX, (Madrid, 2001) (en colaboración con A. Bahamonde). Tamén foi
editor de libros como, Donos de seu, (Barcelona, 1988), e de Señores
y campesinos en la peninsula ibérica, siglos XVIII-XX (Barcelona,
1991) (en colaboración con Pegerto Saavedra).
Ten sido Investigador Principal de cinco Proxectos de Investigación
(CYCIT e Xunta de Galicia), así como de varios Convenios de Asistencia
Técnica.
Decano da Facultade de Xeografia e Historia (1986-1990) e Rector
Magnífico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador
e Presidente (1996-2002) da Asociación española de Historia Contemporánea,
na actualidade é Director en Galicia da UIMP (dende 1998). Tamén
pertence aos patronatos do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis
Seoane e da Fundación Otero Pedrayo, así como tamén é membro do
plenario do Consello da Cultura Galega, onde coordina o Arquivo
da Emigración e a Sección de Cultura Galega no Exterior.
Ten feito estadías de investigación na Universidade de Bologna (Italia)
e no centro "Alcide Cervi" de Roma, así como Profesor convidado
na Ecole de Hautes Etudes (París) e no Instituto de Ciencias Sociais
(Lisboa). Impartiu cursos e conferencias en universidades e centros
de investigación como as de Oxford, Birmingham, Bologna, París-IV,
Heidelberg, Frei Universität de Berlin, Buenos Aires, La Habana,
así como na maioría das universidades españolas. Ademáis de formar
parte do Consello Editorial de Marcial Pons, Ediciones de Historia,
pertence ao consello asesor de revistas como Grial (Galaxia), Ayer
(M.Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania
(Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México).
|