Páxina de inicio da Universidade de Santiago de Compostela versión en Español

versión para discapacitados
 
busca avanzada
Inicio »  Centros »  Facultade de Xeografía e Historia »  Departamento de Historia Contemporánea e de América »  Plan estratéxico
Departamento de Historia Contemporanea
Seccións
Titulacións

PLAN ESTRATÉXICO 2005


I.- Presentación da Unidade

O Departamento de Historia Contemporánea e de América non se crea como tal ata decembro do ano 1996, logo dun proceso de forte expansión da entón área de Historia Contemporánea do Dpt. de Historia II (Historia Medieval, Moderna, e Contemporánea). Atopámonos, pois, diante dunha unidade xove, pero cunha experiencia que queda patente tanto na pericia demostrada polos seus mentores para diseñar e levar a bon término os plans de crecemento, como na súa capacidade para promover liñas de investigación que consolidaron á unidade como referente indiscutible no panorama universitario –Hª agraria; Hª dos nacionalismos, etc.-, para formar profesorado propio, ou para acadar de forma continuada os niveis máis altos de matriculación da titulación de Historia -itinerario e optativas-.
Á constitución da unidade en Departamento permitiu, dende o ano 1997, unha nova fase de expansión baseada na captación de docencia noutras titulacións afíns, así como a consolidación da plantilla en formación da que entón nos estábamos a dotar.
Xa que tamén esta segunda estratexia foi acadada en gran parte, pois dende finais de 2003 só tres membros dunha plantilla de 20 non son profesores funcionarios e todos agás un axudante son doutores, compre plantexarse o diseño de metas cualitativamente novas, capaces de dar conta das demandas xeradas polos cambios que se están a impoñer no ámbito universitario –distrito único español e espacio único europeo- e no entorno social.
Tendo en conta que o diseño de todo plan de acción require do coñecemento previo do axente executor así como dos retos xerados polo entorno, os seguintes apartados imolos adicar a ilustrar, por unha banda, a situación actual da unidade, dando conta dos puntos fortes e das feblezas que determinan os seus potenciais, e pola outra, aqueles contornos chamados a ter especial incidencia na marcha do Departamento nos próximos anos. A parte final estará dedicada a presentar e desenvolver o plan de actuación da unidade nos próximos 4 anos.


II.- A situación actual da Unidade

1.- Indicadores de calidade

Matrícula de estudiantes
Un dos rasgos obxectivos que mellor poden definir ao Dpt. de Hª Contemporánea e de América é a capacidade que demostrou ata o de agora para atraer alumnado, mesmo no contexto recente de caida demográfica que está a incidir de forma tan negativa en muitas titulacións universitarias. No curso académico 2002/03 figuraban matriculados nas súas asignaturas un número de alumnos equivalente a case o 10% do alumnado da USC (www.sid.ti.usc.es/calidadeDptos/asp/Tabla17). Se o que tomamos como referente é exclusivamente o segundo ciclo, a porcentaxe de matriculación segue a ser máis que respetable, cun 3,12% dos mesmos. Por outra banda, segundo se puxo de manifesto na Avaliación da Titulación (2003/04), as asignaturas optativas do seu itinerario son globalmente as máis demandadas, non baixando por norma o número de matriculados de 40 e chegando a superar en ocasións a cifra de 80. E xa polo que respecta ós estudios de Terceiro Ciclo, a capacidade de convocatoria do Departamento vese unha vez máis confirmada, pois ano tras ano se cubriu o cupo máximo de alumnos establecido para o seu programa, "Estudios Contemporáneos" –13 prazas-, e contouse sempre coa presencia de alumnos estranxeiros, procedentes na meirande parte dos casos da veciña Portugal, de Latinoamérica e nos últimos anos doutras universidades do Estado.

Presencia docente noutras titulacións en virtude da súa afinidade disciplinar
A pesar de que, como no resto do Estado español, a Historia Contemporánea é unha especialidade relativamente nova, o Departamento acadou presencia docente nun total de 15 titulacións diferentes. No ámbito das Humanidades, os profesores da unidade imparten nas titulacións de Hª da Arte, Xeografía, Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa, Humanidades (Campus de Lugo), e Maxisterio (Campus de Lugo). No eido das Ciencias Sociais, dispoñemos de asignaturas nas facultades de CC. Políticas e Sociais e de CC. da Comunicación, así como na Escola de Relacións Laborais. E polo que respecta ós Estudios Técnicos Agrarios, o Departamento participa con varias materias na Escola Politécnica Superior de Lugo.

Plantilla e calidade docente
Na actualidade, a unidade conta cun total de 20 profesionais, distribuidos entre os campus Santiago, onde imparten un total de 17 docentes, e o de Lugo, que dispón de dous profesores titulares e dunha profesora axudante.
En termos de calidade, atopámonos diante dunha plantilla altamente cualificada e experimentada a xulgar polos seguintes indicios. Ata inicios do presente curso, en que se concedeu ó Departamento unha praza de profesor axudante en formación, a totalidade do PDI acadara o grado de doutor, gozando ademais dunha formación moi axustada ó perfil das materias que imparte –Avaliación da Titulación-. Salvo nun caso, a dedicación á labor universitaria é plena. Gran parte dos seus membros dispoñen dunha experiencia profesional dilatada no tempo, cunha antigüidade igual ou superior ós 10 anos no 65% dos casos. A recente incorporación dunha fornada de xoves profesionais favorece o desenvolvemento de novas liñas de investigación e de novas metodoloxías. E por último, a ratio de profesores que teñen acadado o nivel de cátedra, un total de 3, é de 1 por cada 6 profesores funcionarios, sendo previsible que mellore a curto prazo xa que na actualidade dispoñemos dun novo profesor habilitado nas primeiras probas celebradas seguindo o modelo da LOU.
Igualmente satisfactoria demóstrase a asignación de docentes. A política do Departamento foi sempre distribuír a docencia priorizando o criterio da especialidade investigadora dos seus membros por riba de consideracións doutro tipo, como a xerarquía ou a antigüidade. Por outra banda, a boa disposición que mostrou a plantilla en todo momento a ese respecto fixo posible que o profesorado de maior experiencia e grado se atope moi presente no primeiro ciclo. A totalidade dos profesores catedráticos, por exemplo, imparten asignaturas troncais e obrigatorias dos tres primeiros cursos: Fundamentos de Historia Política (I curso), Historia de España (II curso), e Historia de Galicia (III curso).
Polo que respecta ó exercicio das obrigas docentes, as enquisas de avaliación da docencia por parte do alumnado permiten falar dun profesorado altamente motivado e comprometido co seu labor e cos seus alumnos, sendo valorado por riba da media universitaria. Segundo a enquisa do segundo cuatrimestre do ano académico 2001-2002, é un profesorado que asiste con alta regularidade a clase, xustificando e recuperando as inasistencias (4,02). Cumple satisfactoriamente co horario docente (3,88). Está dispoñible para atender ó alumnado durante e fóra do horario de tutorías (3,95). Dá a coñecer a principios de curso un programa docente no que se recollen dende os obxectivos e os contidos da materia ata a a metodoloxía e o sistema de avaliación (3,95). Son profesores que dominan a materia que imparten (4,35), e que axudan ó alumno a relacionar os propios contidos con outros da titulación (3,13), así como a empregar recursos adicionais (3,43). Xúlgase a asistencia ás súas clases teóricas e prácticas, respectivamente, como unha axuda importante para a comprensión da materia (3,85; 3,5). Valóraselles moi positivamente o clima de comunicación que establecen co alumnado (4,01). E finalmente se mostra un alto grado de satisfacción coa súa labor global (3,95).

Actividade investigadora
A pesar de que, comparativamente, a especialidade de Historia Contemporánea é recente no panorama universitario galego e de que por esa causa a unidade tivo que afrontar unha sobrecarga docente, o seu PDI logrou promover unha investigación competitiva e capaz de atender campos diversos, como son os da Hª Política, Hª Social e Económica e Hª da Cultura, en liña cos temas de maior actualidade historiográfica tanto no panorama internacional como no español –Hª Agraria; Hª da Propiedade; Hª das Élites; Hª dos Movementos Sociais; Hª dos Movementos Migratorios; Hª dos Nacionalismos; Hª das Institucións; Hª da Alimentación-, e sempre ó día das sucesivas metodoloxías –Hª das estructuras; Fonte oral; nova Hª narrativa e biográfica-.
Gracias a ese esforzo, o Departamento dispón na actualidade dun equipo consolidado e reputado de investigación en Historia Agraria, dunha traxectoria firme no ámbito de Historia Oral –HISTORGA-, de mui recoñecidas orientacións en Historia dos Nacionalismos, e dunha crecente actividade en materia de Estudios Migratorios e Americanos.
Nese sentido, é obrigado mencionar o grado de competitividade demostrado pola unidade en concursos públicos.
Entre os anos 1998 e 2003 foron financiados por organismos públicos, tanto autonómicos como estatais, un total de 15 proxectos de investigación e de 17 convenios, cunha tasa de éxito do 70% e unha tasa media de actividade de máis de 5.000 euros/ PDI para o período 1988-2003. Dende o ámbito do IDEGA, participouse conxuntamente con outras áreas das Ciencias Sociais no desenvolvemento de proxectos europeos, ademais de en numerosas actividades conxuntas orientadas á divulgación da actividade investigadora propia e á formación de investigadores (www.sid.ti.usc.es/calidadeDptos/asp/Tabla13).


Cadro resume actividade científica 1997-2003

Proxectos competitivos logrados no Departamento: 13
Convenios e contratos: 12
Profesores do Departamento participantes en proxectos e convenios: 18’6/ ano
Congresos e encontros científicos organizados polo Departamento: 2
Nº profesores convidados aos cursos de doutoramento: 33

A producción científica do Departamento permite constatar que o 90 % do PDI pode considerarse como "investigadores vivos na investigación" en función da súa actividade investigadora.
Nesa mesma liña compre salientar que, malia a forte competencia que se ten rexistrado nos últimos anos na captación de bolsas predoutorais e pese ás insuficiencias do sistema de bolsas de postgrado, a unidade puido disfrutar dun total de 18 bolseiros de FPI / FPU, predoutorais da Xunta, da USC e doutras institucións.
Outro aspecto que pon de manifesto o esforzo investigador é o da producción científica. Foron defendidas un total de 13 teses de doutoramento entre os anos 1997 e 2003, a unha media de case 2 por ano, así como unha media de 10 TITS ao ano. O índice de publicación de monografías e de artigos, entre 1998 e 2001, sitúase preto do 5% e no 1% da USC respectivamente, cando a PDI da unidade representa só 0,83% da total da USC. E polo que respecta o número de Sexenios, os datos que puidemos recabar (pese a non contar con datos oficiais) permiten cifralo nun mínimo de 23, para 14 numerarios en condicións de obtelos.
Finalmente, é obrigado mencionar a proxección académica e pública da unidade a través da participación dos seus membros na dirección de institucións culturais e académicas de especial relevancia así como en consellos de redacción de revistas de ámbito estatal e internacional: Real Academia Galega; Consello da Cultura Galega; Museo do Pobo Galego; Universidade Menéndez Pelayo; Asociación de Historia Contemporánea; Seminario de Historia Agraria; e os consellos de redacción de AYER, revista consagrada como foro de divulgación por excelencia das investigacións españolas sobre a Historia Contemporánea, de Historia Agraria, con idéntica categoría, e de GRIAL, Ingenium, entre outras.

2.- Ventaxas Estratéxicas

Atractivo dos Estudios Contemporáneos
Se os cambios integrais que se están a vivir no mundo de hoxe contribúen a acrecentar o interese pola Historia en xeral, a maior beneficiaria dese fenómeno é a Historia Contemporánea e en especial a Hª do Mundo Actual, que precisamente por ser a máis próxima e influinte no presente así como a máis descoñecida é capaz de arrastrar audiencias moi elevadas, que explican a proliferación de documentais sobre acontecementos desta etapa e, aínda que só en parte, a elevada cifra de alumnos que cursan as asignaturas optativas e de libre configuración da unidade.

Liñas de investigación e Plan de Estudios
Unha das ventaxas estratéxicas da unidade reside na orientación docente e investigadora que se lle quixo dar dende moi cedo. A incorporación daqueles ámbitos máis directamente vencellados coa identidade e coa especificidade histórica de Galicia permitiu desenvolver unha actividade investigadora moi en consonancia coa crecente demanda de memoria colectiva que se está a producir na sociedade.
Un dos grandes acertos foi a incorporación, dende os anos 80, dos estudios americanistas. Aparte de permitir poñer en marcha unha das principais liñas de investigación da unidade, daríalle a ocasión ó Departamento, á vista do interés que reviste a materia para a Historia de Galicia, de promover unha nova especialidade curricular no plan docente en vigor, valorada moi positivamente na Avaliación da Titulación pola súa conexión coas demandas actuais. As súas asignaturas optativas de I e II Ciclo, como tamén as do Programa de Doutoramento, son as que maiores índices de demanda presentan.
O outro gran acerto da unidade foi a consolidación e ampliación da investigación en historia agraria e a súa proxección ao ámbito da docencia. Ademais de tratarse dunha coordenada fundamental da realidade galega, tivo a gran ventaxa poñer a unidade en condicións de atender as novas demandas da sociedade en materia de estudios agro-ambientais, unha das recentes liñas do Departamento en materia de investigación, pero tamén de docencia. Ademais da asignatura optativa, "Sociedades Rurais Contemporáneas....." (Licenciatura de Hª), se imparte na Escola Politécnica de Lugo as materias de "Historia Agraria" e "Historia Forestal".
A potenciación dos estudios sobre as "identidades" e a cuestión nacional é outra das ventaxas dignas de mención. O auxe do tema nas últimas décadas maila calidade das investigacións promovidas dende a unidade fan desta liña outro dos activos máis señeiros e internacionalmente recoñecidos.
Compre mencionar igualmente o esforzo pioneiro feito dende finais dos anos 80 no relativo á recuperación da fonte oral e ó seu emprego como material de investigación. A desconfianza inicial da academia fixo que a tarefa houbera de emprenderse cunha elevada dose de voluntarismo que debe ser recoñecido. Gracias a esa iniciativa, a USC dispón dun dos arquivos de Historia Oral máis antigos sen que apenas colaborara con financiamento específico e dotación de recursos.
Nesa liña, é obrigado resaltar o esforzo de rescate de materiais e de investigación que se está a facer dende unha nova liña de traballo dedicada ó estudio da Galicia rural baixo o Franquismo así como á Guerra Civil e á represión: localización dos arquivos das Cámaras Agrarias Locais e Provinciais; rescate non sempre posible das fontes, a súa catalogación e baleirado para o desenvolvemento de teses de doutroramento en curso; estudios sobre represión na guerra civil e na posguerra, etc.
No ámbito estrictamente docente, realízouse un esforzo para incorporar no plan de estudios asignaturas que permitiran solventar o problema dunha excesiva orientación eurocentrista ou occidentalista. A evolución do mundo actual, marcada polo dinamismo das economías do Extremo Oriente, a globalización e o auxe dos movementos islámicos, requería de novas asignaturas que están a ter moi boa acollida entre o alumnado, caso da "Historia Contemporánea do Extremo Oriente e Oceanía" e a "Historia Contemporánea dos PP. Árabes e Islámicos".
Atopámonos, xa que logo, diante dun Departamento que, ademais de ser referente nas principais liñas de investigación promovidas, ten demostrado capacidade e experiencia para dar conta das novas demandas que a sociedade está a xerar tanto no ámbito da investigación como da docencia:
-Crecente sensibilidade polo rescate, conservación e posta en valor do patrimonio histórico: arquivos documentais, fonte oral, patrimonio rural, industrial e pesqueiro, etc.
-Interés puxante polos estudios sobre as identidades e a configuración da memoria.
-Auxe dos estudios agro-ambientais en consonancia coa demanda dun desenvolvemento agrario sostible.
-Renovado interés polos fenómenos migratorios de longa distancia.
-Atractivo das culturas extraeuropeas e da súa recente evolución.

Ampla Rede de Contactos
Gracias ós contactos establecidos polos profesores con outras universidades, a unidade dispón dun número respectable de acordos de intercambio (11) con centros de 7 países estranxeiros para alumnos de II Ciclo (11), que ademais se verá incrementado en breve.
Por outra banda, a política do Departamento é promover estadías de profesores que, ó tempo que participan no Terceiro Ciclo, ofrecen algunha conferencia para alumnos de I e de II Ciclo co fin de enriquecer e de dinamizar a súa formación. É por iso que a política do Departamento é financiar con fondos propios a visita de profesionais que se acheguen ou ben a Galicia, ou ben no caso de latinoamericanos simplemente a España. Proba diso é o gasto que o Departamento de Hª Contemporánea efectúa nestes mesteres fronte ás outras unidades da licenciatura.

Estudios de Terceiro Ciclo
Unha das ventaxas, a este respecto, é a de dispoñer dun programa propio de Terceiro Ciclo, "Estudios Contemporáneos", xa que os nosos alumnos poden adquir unha formación especializada no período, ó mesmo tempo que plural nos enfoques e nas áreas de estudio.
O programa contempla unha materia dedicada a Investigacións Recentes, que cada ano é impartida por algún profesor invitado polo especial interés dos estudios e da metodoloxía que está a desenvolver. Pero tamén se tenta incorporar, na medida do posible, profesores invitados nas materias impartidas polos docentes da unidade a fin de favorecer o máximo posible a formación dos alumnos con enfoques e experiencias o máis diversas posible.
O programa "Estudios Contemporáneos" atópase, ademais, integrado na rede europea ESTER de estudios de postgrado en historia económica e social.

Ubicación, configuración e xestión do Departamento
Unha das ventaxas da unidade se deriva da súa propia ubicación. A súa condición de único departamento do noroeste peninsular e de Portugal que reúne na mesma unidade a Hª Contemporánea coa Hª de América, maila afinidade lingüística e cultural co mundo luso e latino, poñen a este Departamento nunha situación óptima para captar alumnado procedente de Portugal e máis de Latinoamérica, como xa ven sucedendo.
A afinidade e mesmo complementariedade das dúas áreas que conforman a unidade, Hª Contemporánea e Hª de América, é outro aspecto a resaltar por canto, iso unido á súa estructura sinxela, facilita un funcionamento interno fluido, basado na recíproca confianza e na cooperación, no que as decisións se toman por consenso horizontal e os recursos se xestionan primando as necesidades e o interés do Departamento como unidade por riba de consideracións de tipo individual.

3.- Factores críticos e Feblezas

A falla de correspondencia entre os recursos materiais e humanos dispoñibles e as demandas cada vez maiores ás que se quixo facer fronte foi, e en boa medida segue a ser, un dos principais problemas de fondo do Departamento de Historia Contemporánea e de América. Se ben a situación mellorou recentemente, o PDI da unidade houbo de soportar ata o de agora unha innegable sobrecarga laboral, que ten a súa orixe, en parte, nas peculiaridades específicas do Departamento, e en parte nas esixencias universitarias dos novos tempos:
1) Alta demanda dos estudios contemporáneos, que se traduciu nunha tasa de crecemento da súa docencia moi elevada así como en índices de matrícula moi superiores á media da Titulación.
2) Problemas de masificación, que se ben remitiron nalgunha medida, seguen a pesar no desenvolvemento da docencia, e sobre todo na organización das clases prácticas, traducíndose nun sobreesforzo da plantilla.
3) A promoción, polo actual plan, das clases prácticas así como da "actividade académicamente dirixida" de cara a proporcionar unha formación máis completa e de calidade, en consonancia coas novas demandas. Un dos méritos do último equipo decanal da Facultade de Xeografía e Historia foi, precisamente, con motivo da posta en marcha do plan de estudios 2000/2001, promover diversas medidas orientadas a preparar as titulacións cara á inminente converxencia con Europa adaptando a organización docente ó sistema de créditos ECTS.
4) Promoción das relacións exteriores da Unidade –contactos, convenios, asesoramento- de cara a facilitar a mobilidade dos alumnos no marco dos programas ERASMUS e SÉNECA.
5) Incorporación das novas tecnoloxías dixitais e da comunicación á actividade universitaria no seu conxunto: burocracia administrativa, investigación, docencia.
6) Multiplicación dos requerimentos burocráticos de funcionamento das unidades e do PDI.
7) Un nivel de dotación de recursos extraordinariamente baixo no que respecta á Facultade de Xeografía e Historia: o gasto por alumno efectuado pola USC figura entre os últimos, mesmo das Humanidades, xa de por sí peor dotadas que as titulacións técnicas, a pesar de que o nivel de ingresos propios cos que contribúe a Facultade ó fondo común da USC é dos máis elevados. Tal desequilibrio explica que se tardara tanto tempo en correxir os problemas de sobrecarga docente da unidade, que a dotación de persoal administrativo sexa insuficiente, e que non se dispuxera ata ese mesmo ano do persoal de apoio que as recentes transformacións están a impoñer.
Como resultado de todo o arriba comentado, para atender as crecentes obrigas da unidade o PDI houbo que recurrir a un voluntarismo que, ademais de ser insuficiente, resulta contraproducente por canto non favorece os niveis de calidade e de competitividade que demandan os novos tempos.

Formación continua
Dada a carga laboral arriba comentada, os membros da unidade apenas puideron acollerse ás diversas convocatorias que a USC oferta para facilitar a imprescindible formación continua das plantillas. Foi imposible ata o de agora, por exemplo, poñer en marcha un sistema rotativo de sabáticos que permitira que cada ano un membro da plantilla puidera dedicalo á investigación e á súa formación, tal e como sucede en muitas outras unidades.

Incorporación das TICs: Docencia, Equipamento e Formación
Unha das conclusións da Avaliación da Titulación (2003) é que, en materia docente, segue a haber un predominio excesivo das metodoloxías clásicas por canto as TICs apenas se incorporaron á docencia. Pero tan importante como facerse cargo do diagnóstico é, de cara a darlle solución, detectar os problemas que impediron avanzar máis nese ámbito.
Así como nos últimos 6 anos se lograra dotar á totalidade do PDI de equipamento informático de despacho, a incorporación das novas tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas seguía a ser claramente insuficiente cando deu comezo a autoavaliación. De igual maneira, tampouco se fomentara dende o centro a reciclaxe formativa do profesorado neste aspecto concreto, por exemplo, mediante a organización e oferta de cursos específicos para as súas titulacións. Este tipo de accións son, sen embargo, fundamentais por canto as carencias formativas herdadas en materia didáctica non favorecen unha boa disposición individual a incorporar técnicas innovadoras. E proba diso é que só unha porcentaxe baixa de profesores –20% da titulación- recoñecía ter realizado cursos nos últimos anos sobre as novas tecnoloxías aplicadas á docencia. Finalmente, non hai que esquecer tampouco a total carencia de persoal informático de apoio que puidera axudar e facilitar ó PDI esta tarefa. Nese sentido, resulta moi ilustrativo que as adxudicacións deste tipo de profesionais se fagan con cargo exclusivamente ós proxectos: docencia e necesidades do Departamento como unidade son así sistematicamente sacrificados.
As deficiencias que presenta a nosa Web en canto a diseño e mantenemento son outro claro exemplo. Non é posible dispoñer dunha Web de contidos, que vaia máis alá dunha foto fixa do persoal e dos cursos ofertados, dinámica e interactiva, sen dispoñer de persoal especializado.
Outra das feblezas derivadas é que o Departamento como tal unidade non elaborara nin se dotara dun fondo propio de materiais didácticos de apoio, que poida ser empregado, ademais de polos propios docentes, polo alumnado para a preparación dos traballos así como dos exámenes a traverso do ensino virtual: aparato fotográfico diverso; mapas; gráficos; textos seleccionados –fragmentos lexislativos, citas de memorias, de ensaios, artigos-; relacións de documentais, films históricos e obras literarias, etc.

Articulación e coordenación de programas
Coincidindo coa posta en marcha do plan vixente (2000/2001), promoveuse a instancias tanto do Rectorado como do Decanato da Facultade a adopción dunha serie de mecanismos de control sobre os contidos dos programas docentes orientados a evitar que se produciran solapamentos ou baleiros que puideran impedir a desexable progresividade dos temarios.
Estableceuse a práctica, por exemplo, de que unha vez organizados os PODs os profesores elaboraran as programacións docentes das materias asignadas para o próximo ano a fin de sometelas á aprobación do Consello de Departamento. Creouse ademais a figura do coordinador de materia para facilitar a coordinación da docencia nas asignaturas organizadas en varios grupos e con varios docentes.
Os logros foron importantes, como o demostra que a gran maioría dos programas da unidade se axusten ás consignas recollidas na "Normativa Básica para a ordenación do proceso de ensino / aprendizaxe" a nivel de información, de diseño do temario, e de coordinación de materias compartidas.
Aínda así quedan pasos importantes por dar. Por un lado, precísase dunha maior coordinación de contidos entre materias concomitantes. E polo outro, sería de desexar un maior control sobre os programas capaz de garantir planificacións docentes que fagan que os temarios sexan viables no tempo así como equilibrados e progresivos nos contidos.

Mobilidade do alumnado
A pesar dos convenios establecidos con centros do exterior, as saídas dos alumnos seguen a ser moi escasas. En parte, débese á insuficiencia material das bolsas ERASMUS así como á falta de dominio de linguas estranxeiras. Pero pesa sen lugar a dúbidas tamén a falta de información e de incentivación entre o alumnado provocados pola falla dunha figura encargada "ex profeso" de xestionar as relacións externas e a dependencia do voluntarismo. Unha das suxerencias da Avaliación Externa da Titulación vai precisamente nesa dirección.


Espacios de traballo
Outro dos factores críticos a salientar é a extrema carencia de espacio que sofre a unidade, obstaculizando o desexable desenvolvemento da actividade do Departamento.
1) Xeráronse situacións de aglomeración. Ata 5 profesores, 4 deles titulares, vense obrigados a compartir "sala" de traballo. A boa atmósfera que reina entre os mesmos non basta para eliminar as inconveniencias que iso provoca: titorías de 4 docentes a tempo completo, que imparten tamén no Terceiro Ciclo, dirixen TADs, Tesiñas, Teses, etc.
2) Non se dispón dun espacio que pola súa dimensión e condicións poida desempeñar en verdade a función de seminario, o que pesa manifestamente á hora de tomar iniciativas.
3) A falla de espacios chegou a frear de forma manifesta o desenvolvemento de proxectos emblemáticos en materia de investigación. O caso máis paradigmático é o do Arquivo da Fonte Oral, HISTORGA. Sendo un dos pioneiros no marco do Estado español, foi imposible ata o de agora que a USC se fixera cargo de dotalo dun espacio propio debidamente acondicionado, ao tempo que se preservaba a súa autonomía, como tampouco dos recursos materiais e humanos de que precisaba, tendo que autofinanciarse con cargo ás partidas do Departamento e dos proxectos de investigación. O novo contorno de competitividade así como o auxe que están a ter por doquier os arquivos de fonte oral esixe de inmediato un cambio de actitude.
4) Esta precariedade afecta tamén as posibilidades dos demáis equipos convalidados da unidade, con graves problemas mesmo para almacenar os resultados das súas investigacións ou ubicar o seu material.
5) A falla de espazos dificulta tamén a incorporación de novos docentes ou persoal de apoio en condicións dignas e resulta especialmente grave para o traballo dos numerosos bolseiros de investigación que contou cun único espazo (nun antigo almacen: mal ventilado e iluminado). As posibilidades de ofrecer algún espazo de traballo a outros doutorandos non bolseiros resulta simplemente imposible.


III.- O Contorno

Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación
A expansión das novas tecnoloxías da información e da comunicación favorece, no presente contexto de demanda do saber histórico contemporáneo e actual, un emprego acrítico da información histórica así como o perigo de que a sociedade non perciba a necesidade de profesionalización deste saber. É así, por exemplo, que nos novos perfís profesionais non se recurre con frecuencia a especialistas da historia para cubrir a formación histórica.
Daquela imponse, pola nosa parte, un esforzo de actualización en materia de TICs que nos permita, ademais de mellorar a atención proporcionada ós propios alumnos, ofrecer servicios de información e de formación a sectores máis amplos que os estudiantes: docencia virtual –servicio de titorías dende a rede, acceso ós materiais didácticos e de apoio da unidade, etc.-; elaboración de productos mediáticos de divulgación educativa; web de contidos –difusión de materiais e recursos propios-.
Non obstante, as carencias formativas en materia de TICs que arrastran gran parte das plantillas e a dimensión do esforzo inicial a realizar por unha plantilla moi cargada de docencia esixen a concesión de recursos humanos e de servicios técnicos de apoio.

Novas Opcións formativas
É de prever a moi curto prazo unha forte competencia na captación do alumnado como consecuencia da implantación do distrito único español e da próxima creación do espacio único europeo de Ensino Superior. Pero tamén froito da reorientación da poboación en proceso de formación cara ciclos superiores de orientación profesional, xa que na sociedade segue a imperar a errada identificación da titulación de Historia como un saber non práctico que non capacita directamente para o actual mercado de traballo.

Reforma do Ensino Superior e de Postgrao
O acordo de Bologna de creación dun Espacio Único Europeo de Ensino Superior, comprometido cunha formación de calidade e en consonancia coas demandas do mercado laboral, obriga a unha reforma da práctica docente encamiñada a adaptala ás técnicas pedagóxicas cada vez máis imperantes da autoformación e da avaliación continua, así como á organización de Postgrados de especialización profesional respecto do ensino xeralista a implantar no I e II Ciclos.
Na Facultade de Xeografía e Historia, así como se deron pasos significativos cara á integración na dinámica docente propia do sistema europeo de créditos (ECTs), está todavía pendente de abordar o deseño de cursos de postgrao.

Incremento dos requerimentos laborais
A reforma da práctica docente así como a crecente burocratización do traballo traduciranse nun incremento dos requerimentos laborais das plantillas: titorías persoalizadas, actividade academicamente dirixida, docencia práctica, relacións exteriores e mobilidade, avaliación e programación estratéxica das unidades, incorporación das TICs ó ensino presencial e non presencial, integración na rede, etc.
O reforzamento das plantillas, cando menos con persoal de apoio especializado, imponse como condición "sine qua non" para poder afrontar os novos retos de calidade e competitividade cunha eficiencia que non é probable de acadar se se segue a depender do voluntarismo dos profesionais cuia propia formación, en ocasións, non facilita as cousas. A sobrecarga das plantillas con requerimentos novos para os que carecen de destrezas é fácil que provoque unha disminución do potencial investigador e mesmo docente.

Políticas de financiaciamento precarias e desequilibradas
1) O retorno aos esquemas utilitaristas dun pensamento neoliberal reticente a facerse cargo das responsabilidades sociais que non teñan directa e inmediata traducción económica fai prever que se manteña o actual desequilibrio en materia de financiamento entre o ámbito das ciencias e a tecnoloxía, por un lado, e as Humanidades polo outro.
2) Delicada situación financieira da USC, nun momento no que ademais a converxencia con Europa require de maiores esforzos en materia de financiamento. A escasa inversión en I+D das administracións estatal e autonómica fai pensar que os recortes realizados nas partidas presupostarias dedicadas tanto á docencia como á investigación persistirán aínda durante un tempo.

Demanda de formación histórica
É de prever un crecemento da demanda de formación histórica en xeral, que viría determinada polos seguintes fenómenos:
1) Progresiva implantación da sociedade da cultura, da formación continua e do ocio: é unha realidade constatada xa a crecente demanda da colaboración de historiadores para atender os servicios socio-culturais
2) Previsible demanda de asesores históricos sobre as areas das economías emerxentes do Pacífico e de América Latina, así como os países árabes.
3) A maior mobilidade poboacional que caracteriza ás sociedades actuais en xeral, manifesto no caso particular de Galicia na intensificación dos procesos de retorno de emigrantes. A necesidade de integrar e de socializar á poboación recenchegada é de prever que reforce a demanda de formación histórica.
4) A aparición de prioridades europeas na investigación relacionadas coa gobernanza, as migracións a xestión e ordenación de territorios rurais e pola agricultura máis sostibél que encaixan con algúns dos peares básicos da producción historiográfica deste Dpto.
Igualmente, é previsible que se manteña o atractivo polos estudios contemporáneos dados os novos retos que se están a plantear na sociedade actual en ámbitos tan diversos como a política, a sociedade ou a economía: reforma do ordenamento político-territorial español e europeo; o rexurdir do debate e dos conflictos identitarios; a globalización nas súas múltiples dimensións; a sensibilización ecolóxico-ambiental. Por último, xérase unha nova demanda de estudios históricos vinculados a propia construcción europea.

Formación continua
Demanda crecente de cursos de formación continua especializada por parte dos profesionais do Ensino Medio que deben ser atendidos convenientemente.

Itinerario de especialización docente
A desaparición do ICE conlevará a creación dun itinerario de especialización docente para as ciencias sociais no que se prevé a introducción de formación complementaria en Historia.

Postgrao e Mercado Latinoamericano
É unha realidade constatada o auxe da demanda de formación de Postgrado por parte de egresados latinoamericanos, como tamén de doutores españois en Historia por parte das universidades americanas.

Proxección exterior e Mobilidade
A organización do espacio único europeo en Ensino Superior podería favorecer un contacto máis frecuente e estreito con centros do exterior, que se plasmará en índices superiores de mobilidade, tanto do alumnado como do profesorado, e nunha mellor calidade da formación.

Captación de futuros investigadores
A formación de futuros investigadores podería verse afectada de forma negativa polas escasas perspectivas laborais existentes dentro do Departamento o que esixe deseñar oportunidades alternativas. A idade media xove da plantilla é previsible que desmotive ó alumnado máis vocacional, motivado e con mellores capacidades.
Outros obstáculos son o futuro incremento das taxas de matriculación dos Postgrados así como a probable implementación de políticas moi selectivas de de financiamento dos programas e de concesión de bolsas ós alumnos.


IV.- Liñas de actuación

1.- Razón de ser da unidade

Propósitos
1) A formación de profesionais da Historia contemporánea no eido da docencia e da investigación, así como capacidades no comportamento e documentación no ámbito da historia contemporánea.
2) Proporcionar a formación humanística de que precisa toda sociedade, fomentando a conciencia crítica da relación entre o pasado e os acontecementos e procesos do mundo actual.
3) O desenvolvemento das capacidades e destrezas investigadoras.
4) O fomento da conciencia crítica e participativa dos cidadáns, precisa para a creación e consolidación dunha verdadeira esfera pública, pear fundamental de toda sociedade democrática.

Valores
1) Desenvolvemento consoante as sucesivas demandas detectadas na sociedade.
2) Cooperación: traballo en equipo que permite potenciar sinerxias.
3) Priorización dos intereses da unidade por riba de individualismos co fin de garantir unha xestión de conxunto o máis eficiente posible.
4) Toma de decisións por consenso, favorecendo a comunicación e un clima de confianza que permitan optimizar, xunto cos recursos, a masa crítica.
5) Desenvolvemento coordenado das facetas docente e investigadora, en permanente diálogo.

2.- Liñas de actuación

Partindo de que o Departamento de Historia Contemporánea e de América aspira a asentarse como un referente no ámbito europeo e americano tanto en materia docente como polo seu labor investigador no marco das liñas consolidadas –historia agraria, nacionalismos e identidades, estudios migratorios e americanistas- e emerxentes –estudios ambientais, memoria oral, franquismo-, propoñémonos potenciar os obxectivos e as accións de mellora que pasamos a expoñer, organizados en torno a dous eixos fundamentais como son a mellora da docencia e a potenciación da investigación.


linea superior

EIXO I - Mellora da Docencia

OBXECTIVO (1)  Incorporación das TIC á Docencia Presencial no 30% das Materias

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Elaboración do material docente de apoio en formato Power Point

. 15% das materias no 2005

. 15% das materias no 2006

Porcentaxe de materias que incorpora  Power Point á docencia presencial

 

Informe da Comisión do Plan

1pxlinea inferior

linea superior

EIXO I - Mellora da Docencia

OBXECTIVO (2)  Incorporación das TIC á Docencia Non-Presencial no 30% das Materias

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Realización dos cursos de ensino virtual (CeTA)

Curso 2004-2005

Porcentaxe de profesores que realizaron os cursos de docencia virtual

 

2) Elaboración e volcado do material docente no programa de docencia virtual

. 5% das materias

  no ano 2005

. 10% no 2006

. 15% no 2007

Porcentaxe de materias operativas no campus virtual

Informe da Comisión do Plan

Inquérito dos alumnos

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO I - Mellora da Docencia

OBXECTIVO (3)  Elaboración de Guías Didácticas para o 75% das Materias

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Creación da figura dun responsable de Guías Docentes

Xaneiro de 2005

Actas das reunións celebradas entre o responsable e o profesorado do Departamento

 

2) Deseño dun formato de Guía específicamente adaptado ás nosas necesidades docentes

Xaneiro de 2005

Deseño dun formato específico de Guía Docente do Departamento

3) Elaboración e volcado das Guías Docentes na Web do Departamento

Elaboración e volcado na Web dun 25% das materias cada ano

Porcentaxe de materias con guías docentes incorporadas á WEB do Departamento

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO I - Mellora da Docencia

OBXECTIVO (4)  Coordinación da Programación Docente a prol da Progresividade dos Temarios

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Reaxuste dos programas no sentido de evitar reiteracións innecesarias e carencias inxustificadas

Reaxuste dun 25% das materias cada ano

Actas das reunións celebradas entre o responsable e os grupos de traballo de profesores con asignaturas afíns

 

2) Reaxuste dos programas no sentido de garantir temarios factibles e equilibrados: temporización do seu desenvolvemento

Reaxuste dun 25% dos programas cada ano

Porcentaxe de guías que integre a temporalización e o modo de desenvolvemento do temario

Inquérito ós alumnos

1pxlinea inferior

** Non se sinala custe

linea superior

EIXO I - Mellora da Docencia

OBXECTIVO (5)  Adecuación dos Sistemas de Avaliación ao Marco de Bologna

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Implantación de  sistemas homoxéneos de avaliación nas asignaturas con máis dun profesor

Homoxeneización cada ano do cupo de materias comprendidas no 25% anual

Porcentaxe de asignaturas que cumplan co deseño da Guía Docente

 

2) Implantación  de  sistemas de avaliación continua no 60% das materias

Implantación no 20% das materias cada ano

Informe da Comisión de tres profesores sobre o seu cumprimento a partir dos documentos de exposición de notas

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO I - Mellora da docencia

OBXECTIVO (6)  Potenciación dos Estudios de Postgrao

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Reforma do programa de III Ciclo, Estudios Contemporáneos, na dirección da reforma do Postgrao. E solicitude da mención de calidade

Diseño da reforma: 2004/2005.

Implantación: 2005/2006

Novo programa de Terceiro Ciclo

 

Solicitude da Mención de Calidade

Obtención da M.C.

2) Diseño e organización dun Postgrao en Dictaduras e Democracia no s. XX (Erasmus Mundus) en colaboración coas Universidades de Bologna e Nova de Lisboa

Diseño:
Curso 2004/2005

Implantación:
Curso 2005/2006

Informe do Director do Dpto. sobre os contactos e as xestións realizadas

Solicitude do programa no marco da convocatoria Erasmus Mundus

Posta en marcha do curso de Postgrao

3) Diseño e organización dun Postgrao en Estudios Americanos no marco do programa da Fundación Ortega y Gasset

Diseño:
Curso 2004/2005.

Implantación:
Curso 2005/2006

Informe da Área de Hª de América sobre as xestións realizadas

Posta en marcha do curso de Postgrao

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO I - Mellora da Docencia

OBXECTIVO (7) Fomento das Relacións Exteriores do Departamento con fins Docentes

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Ampliación e diversificación do ámbito de relacións exteriores estables: incremento nun 50% no número de convenios Erasmus

Ampliación nun 10% o primeiro ano, nun 15% no segundo ano, en un 25% no terceiro ano

. O nº de novos convenios Erasmus asinados con universidades estranxeiras

. A porcentaxe de convenios con universidades de países novos

 

2) Nomeamento do responsable Erasmus do Departamento para o fomento activo da  rede entre os alumnos da titulación: publicitación e encontros cos estudantes

Nomeamento: xaneiro de 2005.

Publicitación e encontros anuais coincidindo coas datas de solicitude

O número de alumnos da titulación que se presentan á convocatoria Erasmus por algunha das universidades con convenio co Departamento

3) Fomento da incorporación de alumnos Erasmus estranxeiros: nomeamento dun responsable e titorías personalizadas

Nomeamento: xaneiro de 2005.

Atención persoalizada dende o segundo cuatrimestre do 2004/2005

O número de alumnos estranxeiros que cursan algunha asignatura de Historia vencellada á Licenciatura

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO I - Mellora da Docencia

OBXECTIVO (8)  Comisión do Plano Estratéxico (CPE)

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Creación dunha Comisión formada por tres profesores para certificar a marcha e execución das accións de mellora comprometidas (2005/2007)

Xaneiro 2005

Acta do Consello do Departamento no que se designa os seus membros

 

Actas anuais de certificación da progresión do Plan

1pxlinea inferior

 


 

linea superior

EIXO II - Potenciación da actividade investigadora

OBXECTIVO (1)  Formalización de novas instancias de investigación interdisciplinar

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Deseño e creación dun Centro de Estudios Americanistas

Ano 2005

Articulación dun Proxecto de Centro de Estudios Americanos

 

Informes de avaliación da USC e externos

Creación e posta en marcha do centro

2) Posta en valor e promoción do fondo de Fonte Oral como Servicio de Investigación de Historia Oral

Primeiro trimestre do 2005

Elaboración do protocolo e sometemento ao Consello de Departamento

 

Promoción da proposta nas instancias pertinentes

Reubicación e dotación de recursos para os fondos HISTORGA

Publicitación dos fondos de HISTORGA

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO II - Potenciación da actividade investigadora

OBXECTIVO (2)  Deseño de estratexias para potenciar e por en valor a actividade investigadora

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Estudo de viabilidade dun Instituto de Documentación e Investigación en Historia Contemporánea

Curso 2005-2006

Deseño dunha proposta de Instituto

 

2006

Presentación da proposta en Consello de Departamento

Curso 2006-2007

Inicio das xestións para a creación

2) Posta en valor e promoción dos fondos documentais do Departamento derivados dos proxectos de investigación

Xaneiro-Xullo 2005

Inventario completo dos fondos e recursos do Departamento

 

Setembro-Decembro 2005

Publicitación dos fondos: Web, circulares, etc.

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO II - Potenciación da actividade investigadora

OBXECTIVO (3) Incrementar as actividades de I + D

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Redefinición de grupos de investigación para a consolidación de liñas recentes e acrecentar a competitividade das máis asentadas

Todo o período 2005-2007

Formación de subgrupos de investigación

 

2) Incremento do número de investigadores principais

Todo o período 2005-2007

Número de proxectos con investigadores principais noveles

 

3) Solicitude de proxectos en convocatorias competitivas: alomenos 3 en convocatorias da Xunta; idem en estatais; e 1 en convocatoria europea

Todo o período 2005-2007

Número de proxectos aprobados en nova convocatoria

 

4) Proxectos e actividades con equipos doutras universidades españolas e estranxeiras

Todo o período 2005-2007

Número de proxectos e actividades con outros grupos

Desprazamentos

(xestión de proxectos)

9.000 €

5) Sinatura e execución de convenios de investigación: media de dous anuais

 

Número de convenios

 

6) Incorporación anual de máis de 2 bolseiros de investigación: ata un mínimo de 8.

Todo o período 2005-2007

Número de bolseiros pre e postdoutorais

 
1pxlinea inferior
linea superior

EIXO II - Potenciación da actividade investigadora

OBXECTIVO (4) Promoción da actividade investigadora de Terceiro Ciclo e Predoutoral

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Presentación dunha media anual de 10 TITs, ata un total de 30 no período

Para todo o período 2005-2007

Número de investigadores con suficiencia investigadora

 

Porcentaxe de TITs presentados e aprobados

2) Defensa dunha media anual de 3 teses, ata un total de 9 no período

Para todo o período 2005-2007

Número de Teses defendidas e a nota media obtida

 

3) Incremento do cupo de alumnos admitidos no programa de doutoramento, dos 12 actuais a 15

Para todo o período 2005-2007

Formalización do incremento do cupo no curso 2005-2006

 

4) Formación de investigadores do ámbito latinoamericano e lusófono

Formalización a partir do Curso 2005-2006

Captación de alumnos de doutoramento de Latinoamérica e países lusófonos

 

Número de novos investigadores dese países

1pxlinea inferior
linea superior

EIXO II - Potenciación da actividade investigadora

OBXECTIVO (5) Incremento da producción científica do Departamento

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Organización dun mínimo de 3 congresos e reunións científicas no período

Para todo o período 2005-2007

Número de congresos e reunións científicas organizadas

 

2) Incrementar un 10% a participación en congresos e encontros científicos nacionais e internacionais

Para todo o período 2005-2007

Porcentaxe de incremento

 

3) Incrementar un 10% a publicación de artigos en revistas de impacto nas áreas do Depatamento

Para todo o período 2005-2007

Porcentaxe de incremento

 
1pxlinea inferior
linea superior

EIXO II - Potenciación da actividade investigadora

OBXECTIVO (6) Consolidación de persoal de apoio á investigación

Accións

Prazo

Indicadores

Custo

1) Solicitude, nas convocatorias pertinentes, de bolseiros de FP de apoio á investigación

En cada convocatoria anual

Solicitudes apresentadas

 

Porcentaxe de éxito na concesión

2) Xestionar a consolidación dun Documentalista experto en informática de xestión de apoio

No curso 2006-2007

Establecemento da praza

 
1pxlinea inferior

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

universia Universia
unitenda Unitenda
Grupo Compostela Grupo Compostela

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00