Páxina de inicio da Universidade de Santiago de Compostela versión en Español

versión para discapacitados
 
busca avanzada
Inicio »  Centros »  Facultade de Xeografía e Historia »  Departamento de Historia Contemporánea e de América »  Presentación
Departamento de Historia Contemporanea
Seccións
Titulacións

PRESENTACIÓN

Creado en 1997, o Departamento de Historia Contemporánea e de América é froito da expansión protagonizada polas dúas áreas que o conforman, Historia Contemporánea e Historia de América.
Logo de que entre 1973/78 fora implantada como especialidade curricular, a historia contemporánea transformouse en 1984, coa aplicación da LRU, en área de coñecemento como parte do Departamento de Historia Medieval, Moderna e Contemporánea.

Dende entón, e da man dos novos profesores contratados, R. Villares e X.R. Barreiro (catedráticos en 1987), máis o finado X.M. Pose Antelo, Carme Fernández Casanova, Isaura Varela, Pilar López Rodríguez, Xavier Castro e Xusto Beramendi González (catedrático en 1995), promoveuse un proceso sostido de formación de doutores e de xenerosa ampliación da actividade con resultados enseguida fructíferos.

Forma parte do mesmo, a incorporación da profesora Pilar Cagiao Vila, no ano 1986, coa implantación na USC da área de Historia de América, hoxe xa plenamente consolidada. Dende o 93 dispón dun itinerario curricular específico no marco da Titulación de Historia. Mantén abertas diversas liñas de estudio -Estudios Migratorios, Relacións Culturais, Dictaduras e Exilio-. E ven de promover a creación do Centro Interdisciplinar de Estudos Americanistas "Gumersindo Busto", que na actualidade está a dirixir a propia Cagiao Vila.

Froito de todo ese esforzo e da colaboración establecida entre uns e outros, o Departamento conta na actualidade cunha plantilla de quince profesores titulares a tempo completo, catro catedráticos (L. Fernández Prieto, 2005), un asociado a tempo parcial, unha axudante non doutora e máis un investigador Parga Pondal.

Impártese docencia nas titulacións de de CC. Políticas, CC. da Información, Relacións Laborais, Humanidades, Enxeñería Forestal, Hª da Arte, Xeografía, Filoloxía Galega, e Filoloxía Portuguesa.
Reúne a un total de cinco grupos de investigación consolidados entorno ás que foron as liñas de investigación definitorias do Departamento, máis algunhas outras recentes: Historia Agraria, Historia Política e dos Nacionalismos, Estudios Migratorios e Americanistas, Historia Social e Historia Oral.
Dispón dun potente arquivo en Historia Oral de Galicia (HISTORGA), en permanente crecemento dende que fora posto en marcha a finais dos 80 pola profesora Isaura Varela coa colaboración de Marc Wouters e de Xurxo Pantaleón.

E promove e participa activamente en proxectos de investigación de gran actualidade, como todo o referido á recuperación da Memoria da Guerra Civil, da Represión Franquista, ou da Emigración e o Exilio.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

universia Universia
unitenda Unitenda
Grupo Compostela Grupo Compostela

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00