Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/herbario
Herbario SANT
Facultade de Farmacia
Laboratorio de Botánica
Campus Universitario Sur
E-15782 Santiago de Compostela
Galicia - España
Teléfono: +34 981563100
ext. 14977 (dirección)
ext. 15022 (control de fondos, préstamos, intercambios)
FAX: +34 981594912
Correo electrónico:
javier.amigo.vazquez@usc.es (dirección)
SANT.herbarium@gmail.com (control de fondos, préstamos, intercambios)
herbario@usc.es (estrictamente para comunicación interna coa USC)
O Herbario SANT é un servizo de apoio á investigación dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC. Trátase dunha colección científica, en constante crecemento, de especímenes vexetais desecados e convintemente tratados para a súa preservación a perpetuidade. Por estar ademais convintemente etiquetados, constitúen a base fundamental para os estudios sobre a flora e a vexetación.
Denominación oficial (recollida no Index Herbariorum):
Herbario SANT. Universidade de Santiago de Compostela.
Exemplares incluidos (23 / X / 2008): 93962
| Colección | Exemplares | Data | Ficheiro accesible |
|---|---|---|---|
| SANT | 59747 | 23/X/2008 | SI |
| SANT-Algae | 19499 | 9/XI/2007 | SI |
| SANT-Lich | 11270 | 13/V/2008 | SI |
| SANT-Bryo | 3446 | 18/X/2007 | SI |
| TOTAL | 93962 |
Dende finais de 2004, o ficheiro informatizado de fondos é accesible ao público
(a través de GBIF.ES e GBIF.ORG).
Actualmente o nivel desta informatización ronda a práctica totalidade
das coleccións: a principal, de plantas vasculares (SANT)
e a de algas (SANT-Algae) son accesibles desde o ano 2007.
Desde comezos de 2009 están xa dispoñibles os ficheiros das coleccións de liques (SANT-Lich)
e musgos (SANT-Bryo).
Preténdese tamén abrir un acceso directo ás coleccións a través do dominio web da propia USC, incluindo a posibilidade de visualizar imaxes dos exemplares que divulguen estas coleccións ao público non especializado. Esta novidade inaugurouse con motivo da Semana da Ciencia 2008, e afectará inicialmente a varios centos de exemplares galegos da colección principal, para logo ir incrementando o número de imaxes con regularidade.
Grupos mellor representados:
Zonas xeográficas mellor representadas:

O Herbario SANT foi fundado polo Profesor D. Francisco Bellot en 1945, asociado ao entón existente Xardín Botánico da Facultade de Farmacia. Pasou pola súa primeira etapa de incremento de fondos e intercambio de materiais con outros herbarios ata que a comezos dos 60, coa marcha do Profesor Bellot a unha cadeira en Madrid, entrou nun período de latencia: quedou preservado e ordenado en caixas pero apenas rexistrou novas entradas.
Esta fase, que durou case dúas décadas, rematou coa chegada do Profesor Jesús Izco á Cadeira de Botánica; dende entón emprendeu un novo ascenso, tanto no incremento de materiais como nos seus contactos e intercambios co resto da comunidade botánica nacional e internacional. Nesta última etapa, que podemos cifrar noutros 30 anos ata o día de hoxe, o SANT quintuplicou o número de pliegos da súa colección principal, a un promedio duns 1.500 novos pregos anuais (11.000 pregos que tiña en 1980 en comparación co volume actual).
En 1990 pasou a ser Servicio Xeral da Universidade, situación da que saiu en 1995. Pero desde 1992 dispón dun Técnico Especialista con adicación exclusiva ás tarefas específicas de conservación do Herbario, o que redundou nun incremento significativo da entrada de materiais e nunha preparación, preservación, etiquetado e depósito máis áxiles dos mesmos.
Este enorme incremento no volume de exemplares implica novas necesidades, e por iso desde 2004 o herbario dispón tamén dunha persoa con adicación exclusiva á xestión informatizada dos fondos das coleccións. Esta tarefa é esencial para prestar un servizo rápido e eficaz á comunidade científica, e tamén para poder divulgar ao público non especializado o tesouro destas coleccións, imprescindibles para un axeitado coñecemento do patrimonio natural galego.
Conservación:
Ramiro Iglesias Louzán (plantas vasculares)
(Lic. Bioloxía, Técnico Especialista de Herbario)
Informatización de fondos:
David García San León
(Lic. Bioloxía, Ciclo Sup. Admin. Sistemas Informáticos)
Persoal investigador asociado:
Institucións asociadas:
Convenios e acordos:
Entes promotores observadores:
Intercambio e préstamo de material: