PORTA ABERTA Ó HERBARIO SANT


Actividade: Exposición “PORTA ABERTA Ó HERBARIO SANT”
Integrada en: Semana da Ciencia 2006
Dirixido a: alumnado universitario, ensino medio e público en xeral

ACTUALMENTE EN ITINERANCIA por centros de ensino
(ver detalles sobre a súa disponibilidade)
Organiza: Herbario SANT e Departamento de Botánica Patrocinan: Dirección Xeral de I+D+i (Xunta de Galicia) e USC Contacto: Tel. 981563100, ext. 14977 (Javier AMIGO) ou 15022 (Ramiro IGLESIAS) email: javier.amigo.vazquez@usc.es
  • Dossier de prensa
  • Reportaxe no programa da TVG A Revista, 30/IX/2006: introducción (video 800 Kb) + entrevista (video 4 Mb)
  • Condicións para o préstamo da exposición en itinerancia.
  • Presentación animada complementaria (8 Mb)

  • Ante vós, unha mostraxe das plantas vasculares representativas de distintos ambientes naturais de Galicia.

    Os obxectivos básicos dun herbario son documentar e preservar; por iso o que aquí se exhibe son mostras, ou copias de mostras, preparadas para a súa preservación indefinida. Pode non ser tan vistoso como unha colección fotográfica de especies silvestres, pero o que se quere resaltar é o valor do esforzo de moitas persoas ao longo do tempo recolectando, preservando e etiquetando espécimes, tanto para a aprendizaxe coma para a investigación en Botánica, no momento actual e no futuro.

    Tras un percorrido por distintos medios ecolóxicos (aconséllase seguir a dirección das frechas), móstranse esquematicamente os labores previos do botánico dende que colecta un exemplar ata que este se integra definitivamente no Herbario. Só nos centramos nas plantas vasculares, pero o SANT ten asociadas tamén coleccións moi importantes de outros tipos de plantas chamadas criptógamas: algas, liques e musgos.

    Finalmente poderedes ver algunhas prestacións que poden obterse de toda esta colección de plantas na medida en que se está a informatizar todo o seu contido. Esta é unha fase aínda non rematada e que aínda non ten garantida a súa continuidade, pero que innegablemente permitirá nun futuro moi próximo abrir á sociedade unha ventá permanente a unha boa cantidade de información sobre o noso patrimonio natural.

    Sede benvidos.

    Aspectos a ter en conta de cara a solicitar a exposición en préstamo:

    A). DISPOR DUN ESPACIO AXEITADO para a exposición, que consta das seguintes partes:

    B). PREVISIÓN DE DATAS: en principio calculamos que unha duración dun par de semanas é axeitada para unha exposición destas características, de xeito que poida ir rotando por distintos centros. O calendario previsto a día de hoxe é o seguinte:
    DATAS RESERVADASCENTRO
    03/05/2007 - 11/05/2007IES Antonio Fraguas Fraguas
    Santiago de Compostela (A Coruña)
    14/05/2007 - 25/05/2007IES de Arzúa
    Arzúa (A Coruña)
    28/05/2007 - 11/06/2007IES Miguel Ángel González Estévez (ver fotos)
    Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
    13/09/2007 - 15/09/2007Xornadas Ciencia e Ensino
    Santiago de Compostela (A Coruña)