Master en Educación Xénero e Iguadade
INSTITUTO
DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
Avda das
Ciencias, Chalet nº 3
15782 - SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno: 981 / 56 31 00 (ext. 14477, 14484)
Información
e Inscripción:
Telf: 981 563100
Ext: 13810/14484/14477
Mail: icebego@usc.es
Mail: cprita@usc.es
|
 |
INTRODUCIÓN AO MASTER
A importancia básica e o poder fundamentante das
relacións de xénero en calquera estructura
e organización social coñecida, encerra un
significado especial para os procesos específicos
de socialización e educación humana. Por este
motivo faise necesario un coñecemento en profundidade,
por parte dos profesionais adicados á educación,
dos mecanismos de producción e reproducción
social que interveñen na nosa sociedade nas relacións
de xénero que vai máis alá dun simple
coñecimiento particularizado sobre o tema. Ó
longo dos últimos 20 anos foise configurando un campo
específico de coñecementos sobre o complexo
entramado dos elementos estructurais, ideolóxicos
e sociais nos que se asentan as relacións de xénero
actuais nas diversas disciplinas científicas referidas
ó coñecemento social. Éstos móstran-nos
os complicados mecanismos de cambio que se están
a xenerar actualmente tendo ó mesmo tempo implicacións
políticas, sociais, xurídicas, educativas,
etc. Especialmente relevante dende unha perspectiva global
e transversal da educación é o análisis
pormenorizado das dinámicas que configuran as relacións
entre homes e mulleres ( nenas e nenos) na nosa sociedade
para profesionais vencelladas/os ó campo da educación
e formación humana tales como pedagogas/os, psicopedagogas/os,
traballadoras/os sociais, avogadas/os, médicas/os,
psicólogas/os, sociólogas/os, educadoras/es
sociais, mestras/es, etc.. Estos últimos poden axilizar,
promover ou impedir mediante as súas actuacións
concretas os procesos lentos que están a dar lugar
a cambios e transformacións cara unhas condicións
máis igualitarias para as relacións entre
nenas e nenos, mozos e varóns e mulleres; aínda
demasiadas veces caracterizadas por un significado vertical.
É un feito, que apenas se imparten materias particulares
referidas á problemática educativa do xénero
dentro das carreiras conducentes ás titulacións
requeridas para o exercicio profesional da educación
nos distintos niveis. Por isto proponse ol presente Master
coma un programa de formación especializada, enlazando
cunha traxectoria científica das Universidades máis
prestixiosas do mundo. Éstas ofrecen dende hai anos
un amplo espectro de cursos específicos para unha
formación especial no tema dol xénero para
o sector educativo incluíndo coñecementos
específicos das disciplinas sociolóxicas,
médicas, políticas, históricas, pedagóxicas,
etc.
No contexto que nos concerne conectamos cunha experiencia
investigadora e docente do equipo que representa a directora
do curso, que logrou introducir a única materia existente
na titulación pedagóxica nunha Universidade
Galega sobre a problemática dol xénero sendo
a profesora titular da asignatura "Identidade de Xénero
e Educación" na Universidade de Santiago. O
profesorado do Master, pertencente a nosa Universidade,
ten asimismo experiencia investigadora e docente no tema,
tendo impartido en diversos programas de doutoramento materias
específicas sobre a cuestión aquí suscitada.
O equipo docente do Master compleméntase con profesoras/es
internacionalmente coñecidas/os que proveñen
de prestixiosas Universidades internacionais e nacionais,
así como con coñecidas/os expertas/os profesionais
no tema.
ORGANIZACIÓN DO CURSO DE POSGRAO
CARACTERÍSTICAS XERAIS.
Número de Créditos: 58 (Teóricos e
Prácticos)
Tipo de Ensino: presencial
Duración (cursos académicos): 1,5
Requisitos de Acceso (Titulacións Universitarias
Previas que dan acceso):
Licenciatura ou Diplomatura
Criterios de Selección:
Currículum.
Experiencia práctica no campo da educación.
Coñecemento previo e interés no tema específico
do Master.
Entrevista Persoal.
Procedemento de Avaliación:
Asistencia mínima a un 80% das aulas impartidas.
No seu caso, realización dos traballos prácticos
encomendados.
Precio de Matrícula: 2.105,00€ (coa posibilidade
de pagamento en 2 prazos).
CALENDARIO.
Preinscrición: ata o 20 de outubro de 2.005
Matrícula: do 21 ao 30 de outubro de 2005
Data de comenzo: Novembro de 2005
Data de finalización: Marzo de 2007
Datas de Realización e Horario: Venres, de 16:00h
a 21:30h.
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación
NOME
|
OBRIGAT.
|
CRÉDITOS
|
HORAS
TEÓRICAS |
HORAS
PRÁCTICAS |
MODULO
I: CUESTIÓNS EPISTEMOLÓXICAS E METODOLÓXICAS BÁSICAS
DAS RELACIÓNS DE XÉNERO EN EDUCACIÓN |
sí
|
12
|
100
|
20
|
MODULO
II: MARCO LEXISLATIVO, POLÍTICAS PÚBLICAS E PROBLEMÁTICAS
ESPECÍFICAS DAS DESIGUALDADES EN FUNCIÓN DO XÉNERO
|
sí |
16 |
75 |
85 |
MODULO
III: PROCESOS ESPECÍFICOS DE SOCIALIZACIÓN E EDUCACIÓN
DO XÉNERO. |
sí |
16 |
75 |
85 |
MODULO
IV: CONFERENCIAS, SEMINARIOS, PRÁCTICAS E VISITAS
ORGANIZADAS |
sí |
8 |
|
80 |
PROGRAMA DAS MATERIAS
MÓDULO:I
CÓD: MATERIA: CUESTIÓNS EPISTEMOLÓXICAS
E METODOLÓXICAS BÁSICAS DAS RELACIÓNS
DE XÉNERO EN EDUCACIÓN
PROGRAMA: INTRODUCCIÓN A INVESTIGACIÓN E O
COÑECEMENTO DO XÉNERO/FUNDAMENTOS TEÓRICOS/CUESTIONS
EPISTEMOLÓXICAS/METODOLOXÍA PARA OS ESTUDIOS
DAS RELACIÓNS DE XÉNERO NO ÁMBITO DA
EDUCACIÓN/A VARIABLE SEXO/XÉNERO EN CIENCIAS
SOCIAIS
MÓDULO:II
CÓD: MATERIA:MARCO LEXISLATIVO, POLÍTICAS
PÚBLICAS E PROBLEMÁTICAS ESPECÍFICAS
DAS DESIGUALDADES EN FUNCIÓN DO XÉNERO
PROGRAMA:ASPECTOS XURÍDICOS, LEXISLATIVOS E ECONÓMICOS/ACTIVIDADE
PROFESIONAL, MUNDO DO TRABALLO E XÉNERO/POLÍTICA,
POLÍTICAS PÚBLICAS E XÉNERO/A VIOLENCIA
CONTRA AS MULLERES
MÓDULO:III
CÓD: MATERIA: PROCESOS ESPECÍFICOS DE SOCIALIZACIÓN
E EDUCACIÓN DO XÉNERO.
PROGRAMA: SOCIALIZACIÓN PRIMARIA E XÉNERO/PROCESOS
ESPECÍFICOS DE SOCIALIZACIÓN SECUNDARIA/OS
MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS/IDENTIDADE DE XÉNERO/PROGRAMAS
DE COEDUCACIÓN/ANÁLISIS DE TEXTOS EDUCATIVOS/MULTICULTURALISMO,
TRANSCULTURALISMO, INTERCULTURALIDADE E EDUCACIÓN
DO XÉNERO/CONTIDOS TRANSVERSAIS/XÉNERO E ENVELLECIMENTO/
ASPECTOS PSICOLÓXICOS REFERENTES A CONSTITUCIÓN
DA PERSONALIDADE
MÓDULO:IV
CÓD: MATERIA: CONFERENCIAS, SEMINARIOS, PRÁCTICAS
E VISITAS ORGANIZADAS
PROGRAMA: PRÁCTICAS: - CENTROS DE EDUCACIÓN
DIVERSOS/ASOCIACIÓNS DE MULLERES/ORGANISMOS E INSTITUTOS
DA MULLER CASAS DE ACOLLIDA/ORGANISMOS ADMINISTRATIVOS E
POLÍTICOS (ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA,
LOCAL, PARTIDOS E SINDICATOS)