Convocatoria de eleccións a vocais do Consello Científico do Instituto de Ciencias da Educación
De acordo ao sinalado nos Estatutos da USC, no Regulamento electoral xeral da USC e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á convocatoria de elección de vocais atendendo ás seguintes datas e prazos:
- O prazo de presentación de candidaturas de persoal científico adscrito ao ICE será ata o 16 de marzo.
- A proclamación provisional dos/as candidatos/as será o día 25 de marzo.
- O prazo de reclamación contra a proclamación provisional de candidatos/as será dende o 26 ao 31 de marzo
- A proclamación definitiva de candidatos/as será o 4 de abril.
- A reunión na que se efectuará a votación terá lugar o día 12 de abril, na Aula Magna da Facultade de Química ás 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas en segunda.
- Ao remate da elección dos/as 9 vocais do Consello Científico, procederase á elección dos/as 3 representantes do Consello Científico no Consello de Goberno do ICE que deberán ser doutores.
Acceso á documentación:
Texto da convocatoria
Candidatura vocais
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adscrición de persoal científico ao Instituto de Ciencias da Educación da USC
O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de presentación de solicitudes para a adscrición de persoal científico a este Instituto.
1. Persoal científico
En conformidade co Regulamento de Réxime Interno do ICE (art. 14.1.) o persoal científico estará formado por:
- Profesores/as e investigadores/as da USC que realicen investigación en ámbitos das Ciencias da Educación.
- Persoal investigador contratado especificamente para programas de investigación
- Persoal en período de formación investigadora.
Poderán pertencer tamén ao persoal científico do Instituto, en calidade de investigadores/as colaboradores, membros doutras Universidades ou persoas alleas á comunidade universitaria que, sen vinculación contractual, colaboren asiduamente nalgún proxecto ou programa do Instituto (Regulamento ICE, art. 14.2.)
2. Solicitudes
2.1. Quen desexe participar nesta convocatoria deberá facelo constar mediante instancia que se axustará ao modelo que figura como Anexo I. Este modelo atópase nas dependencias do Instituto de Ciencias da Educación, e no enderezo electrónico http://www.usc.es/ice/informacion/central.htm
2.2. As solicitudes dirixiranse ao Director do ICE no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación da convocatoria.
2.3. A presentación de solicitudes farase na sede do propio Instituto de Ciencias da Educación, situado no Campus Vida (Avda. das Ciencias, s/n, chalé nº 3, 15782 Santiago de Compostela). As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán estar datadas e seladas.
3. Documentación acreditativa
Xunto coa solicitude (Anexo I) achegarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.
- De conformidade co establecido no artigo 14.4. do Regulamento do ICE, os profesores/as axudantes e bolseiros/as que soliciten o ingreso no Instituto deberán contar coa autorización previa do seu departamento para desenvolver no Instituto a totalidade ou parte da súa xornada investigadora.
- Breve currículo vitae, aproximadamente cunha extensión de 2 folios, resaltando as actividades investigadoras coincidentes cos obxectivos e fins do Instituto de Ciencias da Educación (ICE).
- Declaración do importe das axudas concedidas polas Administracións Públicas para actividades investigadoras nos últimos cinco anos, segundo modelo (Anexo II).
- Compromiso escrito de vincular, executar e computar en termos económicos e de produción científica a súa actividade investigadora, de xeito parcial ou total, a través do Instituto de Ciencias da Educación (ICE), segundo modelo (Anexo III).
Santiago de Compostela, 13 de Xaneiro de 2011
Acceso á documentación:
Anexo I (Instancia)
Anexo II (Declaración do importe das axudas concedidas polas Administracións Públicas para actividades investigadoras)
Anexo III (Compromiso)
Regulamento de Réxime Interno do ICE
Listado provisional de admitidos e excluidos (publicado o 21 de febreiro de 2011).
Listado definitivo de admitidos e excluidos (publicado o 4 de marzo de 2011).