| |
Convenios con Outras Administracións
| CONVENIO
DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA (USC), A TRAVÉS DO INSTITUTO DE CIENCIAS
DA EDUCACIÓN (ICE) E O CONCELLO DE CATOIRA EN RELACIÓN
CO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DA ESCOLA DE XESTIÓN
DO PATRIMONIO. |
Consello
de Goberno, 12/V/2004 |
| • Deseño e execución de actividades
no ámbito da educación informal desde a perspectiva
do Patrimonio Sociocultural dos concellos galegos. |
• Planeamento e execución dun Curso
de Especialización en Educación e Técnicas de Promoción
e Xestión do Patrimonio desde as Administracións locais.
• Cooperación no Programa ORIMAX de educación
integral a partir do patrimonio.
• Cooperación no deseño e implementación na posta
en marcha dun Museo-Taller do Patrimonio Local no Concello
de Catoira.
• Cooperación en Deseños de Educación Informal
con asociacións culturais, veciñais e deportivas do
Concello de Catoira. |
| CONVENIO
DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS
DA CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS E A UNIVERSIDADE
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A TRAVÉS DO ICE. |
Consello
de Goberno, 20/XII/2002 |
| • Avaliación de necesidades de formación,
deseño de materiais educativos e outras necesarias para
o desenvolvemento do Programa de Divulgación e Educación
Ambiental sobre o mar. |
• Proxecto de avaliación de necesidades
no ámbito de educación en relación ó medio mariño.
• Ciclo de conferencias sobre o sector pesqueiro.
• Elaboración de materiais didácticos para os
módulos de educación ambiental dos cursos de formación
da Consellería de Pesca. |
| CONVENIO
ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A UNIVERSIDADE
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) PARA A REALIZACIÓN
DE ESTUDIOS QUE SIRVAN DE BASE Á ESTRATEXIA GALEGA
DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. |
| 24/2/1999 |
• Realización de estudios e redacción
de documentos que sirvan de base á Estratexia Galega
de Educación Ambiental.
• Os estudios e traballos encomendados serán realizados
por dous equipos de investigación baixo a coordinación
xeral do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da
USC, a través do seu Taller de Educación Ambiental. |
|
|
|