Páxina da USC
Instituto de Ciencias da Educación
I.C.E.
Páxina do ICE
 

Inicio >> ICE >> Iniciativas >> Convenios do ICE con Outras Instancias

 
 
 
 
 

Convenios con Outras Instancias

ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), A TRAVÉS DO SEU INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE), E A PRODUCTORA IBISA TELEVISIÓN, S.L.

15/03/2006

• Establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre o ICE-USC e IBISA TELEVISIÓN en actividades de educación intercultural, relacionadas cos proxectos que, neste eido, desenvolva a productora IBISAtv.
Modalidades de Intervención
• Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coas actividades de ámbalas dúas entidades.
• Desenvolver unha ferramenta educativa sobre educación intercultural dentro do contexto da coprodución internacional “Linatakalam”.

• Organización e execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, a realizar entre o ICE-USC e IBISAtv.
• Intercambio de persoal por tempo limitado.
• Colaboración en materia de educación intercultural.
• Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Acordo Marco.


CONVENIO ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A TRAVÉS DO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN, E O CONSELLO DA CULTURA GALEGA.

20/5/2005

• Coñecer o rendemento académico do alumnado na materia de lingua e literatura galega, relacionándoo con variables sociolingüísticas, sociodemográficas e didácticas.
• Identificar os enfoques pedagóxicos dominantes no ensino da lingua galega, os recursos didácticos nos que se apoian e os criterios e instrumentos de avaliación empregados.
• Analizar a percepción que ten o profesorado de lingua galega do seu labor profesional, dos resultados académicos e sociais que se están a conseguir, e dos puntos fortes e débiles que presenta a actual situación social e escolar en relación co ensino-aprendizaxe da lingua galega.
• Coñecer a valoración que fai o alumnado da súa experiencia discente na materia de lingua galega.
• Contribuír a abrir unha reflexión e un debate entre o profesorado de lingua galega sobre a súa actividade docente e sobre a incidencia que ten no coñecemento e no uso social do idioma.

• Desenvolver conxuntamente a investigación “Situación do ensino da lingua galega na educación secundaria obrigatoria”.


ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE) DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA.

Consello de Goberno, 19/II/2003
• Regula-la colaboración entre o ICE-USC e o Colexio de Educadores Sociais de Galicia
• Desenvolvemento de programas de formación e de proxectos de investigación.
• Organización e realización de actividades académicas, tales como: cursos, conferencias, simposios, e seminarios.
• Intercambio de publicacións, traballos de investigación e de calquera tipo de materiais académicos que resulten de interese para ámba-las dúas partes.
• Intercambio e colaboración en proxectos culturais de interese común.
• Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes

ACORDO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE PUBLICACIÓN DO VOLUME “FUNNY STORIES FOR REMEDIAL PRONUNCIATION” ENTRE O INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE-USC) E A EMPRESA OXFORD UNIVERSITY PRESS ESPAÑA S.A. (OUP).
3/11/2000
• Realizar a edición e publicación do volume “Funny stories for remedial pronunciation”, considerar a posibilidade de realizar unha segunda edición do mesmo e levar a cabo a distribución da citada obra.

CONVENIO MARCO ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), EN REPRESENTACIÓN DO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE), E O INSTITUTO CENTRAL DE CIENCIAS PEDAGÓXICAS (CUBA).

20/12/2000
• Establecemento dun marco de actuación entre o ICE da USC e o Instituto Central de Ciencias Pedagóxicas (ICCP) en actividades de intercambio científico.
• Intercambio de profesores e investigadores.
• Desenvolvemento de cursos de posgrao e de especialización nas áreas que interesen a ámbalas dúas partes.
• Participación en Eventos Científicos.
• Participación en Investigacións Científicas conxuntas.
• Intercambio de Bibliografía e Información Científica.
• Desenvolvemento de Mestrados e Doutorados.
• Intercambio de especialistas para o desenvolvemento de accións conxuntas.
• Producción e intercambios de vídeos educacionais e software.
• Edicións conxuntas (publicacións).
• Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o presente Acordo Marco.
SUBIR

CONVENIO ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), EN REPRESENTACIÓN DO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE), E O INSTITUTO SUPERIOR PEDAGÓXICO “ENRIQUE JOSÉ VARONA” DA UNIVERSIDADE PEDAGÓXICA DE LA HABANA (CUBA).

20/10/2000
• Establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre o ICE da USC e o ISP “Enrique José Varona” en actividades de intercambio científico.
• Intercambio de profesores e investigadores.
• Desenvolvemento de cursos de posgrao e de especialización nas áreas que interesen a ámbalas dúas partes.
• Participación en Eventos Científicos.
• Participación en Investigacións Científicas conxuntas.
• Intercambio de Bibliografía e Información Científica.
• Desenvolvemento de Mestrados e Doutorados.
• Intercambio de especialistas para o desenvolvemento de accións conxuntas.
• Producción e intercambios de vídeos educacionais e software.
• Edicións conxuntas (publicacións).
• Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o presente Acordo Marco.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), A TRAVÉS DO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE), E A ASOCIACIÓN DE INSPECTORES DE EDUCACIÓN EN GALICIA (AIEGA).
19/10/2000
• Desenvolvemento de iniciativas, proxectos e investigacións vencelladas a distintos ámbitos académicos, en especial ó de Ciencias da Educación, que poidan supor unha mellora para o coñecemento neses ámbitos e para a mellora educativa en Galicia.
• A USC, a través do seu ICE, colaborará coa Asociación de Inspectores no estudio, programación e realización, se fora o caso, de todo tipo de actividades encamiñadas á formación dos seus membros asociados.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) E A ASOCIACIÓN DE DIRECTORES DE CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO DA BISBARRA DE SANTIAGO.
25/2/1999
• Desenvolvemento de iniciativas, proxectos e investigacións vencelladas a distintos ámbitos académicos, en especial ó de Ciencias da Educación, que poidan supor unha mellora para o coñecemento neses ámbitos e para a mellora educativa en Galicia.
• A USC, a través do seu ICE, colaborará coa Asociación de Directores no estudio, programación e realización, se fora o caso, de todo tipo de actividades encamiñadas á formación dos seus membros asociados.
SUBIR

ACORDO MARCO  ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), EN REPRESENTACIÓN DO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE), E A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA PARA O ESTUDIO DO DEREITO E DA POLÍTICA DA EDUCACIÓN (AEEDPE).

15/6/1999
• Establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC e a AEEDPE en actividades de formación de persoal, de investigación científica e de foros de debate e discusión en materia de política educativa.
• Execución de proxectos de estudio ou de investigación conxuntos a realizar entre o Instituto e a Asociación.
• Cooperación en programas de formación do persoal docente.
• Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coas actividades de ámbalas súas entidades.
• Organización e execución de actividades comúns relacionadas coa educación.
• Colaboración en publicacións en materia educativa.
• Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Acordo Marco.

CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE ASESORAMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), EN REPRESENTACIÓN DO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE), E O INSTITUTO DA LINGUAXE E A COMUNICACIÓN (ILC).
12/7/2002
• Establecer un marco de colaboración para que as actividades de formación do profesorado relacionadas coas alteracións da linguaxe e da fala, que o ILC imparte, poidan ser asesoradas por un Profesor Numerario da USC.
• O asesoramento centrarase particularmente sobre os recursos metodolóxicos e técnicos máis idóneos para o desenvolvemento das actividades de formación que imparte o ILC.

ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) E A SOCIEDADE INTERUNIVERSITARIA DE FILOSOFÍA (SIFA).

OUTUBRO DE 1999
• Establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC, a través do ICE e da Facultade de Filosofía, e a SIFA en actividades de formación de persoal, de investigación científica e de foros de debate e discusión en materia de política educativa.
• Execución de proxectos de estudio ou de investigación conxuntos e que se han de realizar entre o Instituto e a Asociación.
• Cooperación en programas de formación do persoal docente.
• Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ámbalas súas entidades.
• Organización e execución de actividades comúns relacionadas coa educación.
• Colaboración en publicacións en materia educativa.
• Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Acordo Marco.

ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), EN REPRESENTACIÓN DO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE), E A EDITORIAL GALAXIA.

9/5/2000
• Establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre o ICE-USC e GALAXIA en actividades de formación e investigación de interese para ámbalas dúas partes.
• Asesoramento en cuestións relacionadas coas actividades de ámbalas dúas entidades.
• Actividades de extensión educativa e cultural.
• Organización e execución de actividades comúns relacionadas co mundo do ensino.
• Intercambio de persoal por tempo limitado.
• Colaboración en materia de edición de libros.
• Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Acordo Marco.
SUBIR