Páxina da USC
Instituto de Ciencias da Educación
I.C.E.
Páxina do ICE

Inicio >> Instituto de Ciencias da Educación >> Iniciativas >> Taller de Educación Ambiental

Taller de Educación Ambiental

Composto por profesionais do ensino de diferentes especialidades e niveis, ven desenvolvendo desde o ano 1988 actividades, estudios, campañas, ... co obxectivo central de promover a incorporación da Educación Ambiental no ensino, difundir a problemática ambiental e participar activamente no debate arredor do desenvolvemento sostible.

O traballo estructúrase anualmente en función de temas monográficos -auga, residuos, enerxía, parques naturais, ecoescolas, consumo ...- sobre os que se desenvolven actividades formativas e de divulgación tales como conferencias, seminarios, visitas, elaboración de materiais... Ó tempo compaxínase a actividade anual coa organización de eventos como foi o Congreso Internacional de "Estratexias e Prácticas en Educación Ambiental" (1996), participación na elaboración da Estratexia Galega de Educación Ambiental (2000), Campaña de promoción da reciclaxe de papel na Universidade de Santiago de Compostela (1992-93), organización de Exposicións...

Coa súa creación xurde a Sección Ambiental na biblioteca do I.C.E. dotada con máis de mil monografías, revistas, vídeos, carteis, folletos, informes e outros variados materiais con información medioambiental de todo o mundo.

ACTIVIDADES PARA O CURSO 2009-2010 NOVO!!!
CURSO "EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA UNHA MOBILIDADE SOSTIBLE"
Programa (acceder)
Boletín de preinscripción (formato word) (formato pdf)


ACTIVIDADES PARA O CURSO 2008-2009
eduambiengal09

SUBIR

ACTIVIDADES PARA O CURSO 2005-2006

CURSO BÁSICO
“EDUCACIÓN AMBIENTAL E BIOTECNOLOXÍAS”

Cartel do curso

Díptico do  curso

Organiza: Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación

Dirección: Manuel R. Bermejo, Manuel A. Fernández, Carmen Morán

Datas:

venres 31 de marzo e sábado 1 de abril de 2006

venres 21 e sábado 22 de abril de 2006

Lugar: Aula Magna da Facultade de Química, Campus Sur, Santiago de Compostela

Actividades: Relatorios, Mesa Redonda, Videoforum, Visitas a institucións

Certificación: Curso Básico de 20 horas certificado pola Universidade de Santiago

Preinscrición: ata o 15 de febreiro de 2006 (ICE ou www.usc.es/ice)

Matrícula: 16 de febreiro-15 de marzo de 2006 (UXA Sur)

Custe: 60 €

SUBIR

PROGRAMA

Venres, 31 de marzo 2006

16,30 h.: entrega de documentación e presentación do Seminario

17,00 h.: “O proxecto Xenoma Humano”. Prof. Ángel Carracedo. Catedrático de Medicina Legal.USC.

18,30 h.: pausa

19,00 h.: “Impacto ambiental dos Organismos Modificados Xeneticamente (OMX)”. D. Juan Felipe Carrasco. Responsable da Campaña de Transxénicos. Greenpeace.


Sábado, 1 de abril 2006

10,00 h.: “Clonación e Células Nai”. Prof. Daniel Soutullo. IES “O Grove”

12,00 h.:Bioética e Biotecnoloxías”. Prof. Ascensión Cambrón Infante. Dpto. Filosofía do Dereito. Univ. de A Coruña.

16,30 h.: “Biotecnoloxía: experiencias, materiais e recursos educativos”
Prof. Manuel A. Fernández Domínguez. Coordinador Taller E.A.-ICE

18,30 h.: Mesa Redonda: “biotecnoloxías, sociedade e educación ambiental”
Participan:
Representante do Sindicato Labrego Galego
Xulio Maside. Complexo Hospitalario Universidade de Santiago
Ascensión Cambrón. Universidade de A Coruña
Moderador: prof. Manuel R: Bermejo Patiño. Director do Taller de EA-ICE.

Ver nota de prensa actividade

SUBIR

Venres, 21 de abril 2006

17:00-19,30 h.: Cineforum “Biotecnoloxía no cine”
Prof. Luis Hueso Montón. Catedrático de Cine USC


Sábado, 22 de abril 2006

10:00-14:00 h.: visita-estudo a centros de investigación en biotecnoloxía da USC:
- Instituto de Acuicultura
Prof. Óscar García Martín
- Facultade de Enxeñería Química
Prof. Mª José Núñez García

SUBIR

ACTIVIDADES REALIZADAS NO CURSO 2004-2005

- Novembro, 2004

  • Día 26 (venres):

    - Videoforum: "O cambio climático no mundo audiovisual"
    Prof. D. Luis Hueso Montó (Catedrático de Historia do cine. USC)

- Seminario: "Cambio climático e educación ambiental".

Cartazo do Seminario:  Cambio climático e educación ambiental

SUBIR

ACTIVIDADES REALIZADAS NO CURSO 2003-2004

-Novembro 2003

  • Mesa Redonda: "A un ano do Prestige"

  • Tema monográfico anual: "Urbanismo, planificación do territorio e educación ambiental".

"SANTIAGO TEN INTERESE POLO SEU URBANISMO"

CLICK NA IMAXE PARA AGRANDALA
[Click na imaxe para agrandala]

(La Voz de Galicia, Xoves 5 de Febreiro de 2004)
Manuel Antonio Fernández
Coordinador do Taller de Educación Ambiental do ICE
Imaxe do encontro de Encarna Oteto con profesores de educación ambiental

"UNA CIUDAD PARA LOS DOCENTES"

Click na imaxe para agrandala
[Click na imaxe para agrandala]

Encarna Otero acercó el urbanismo de Santiago a profesores de ed. ambiental
(La Voz de Galicia, 14 de Febreiro de 2004)

- Xaneiro, 2004
  • Conferencia: "Ordenación do territorio e transformación da paisaxe galega"
- Marzo, 2004
  • Conferencia: "Plans Xerais de Ordenación Urbana"
-Abril, 2004 (días 16 e 17)
  • Seminario: "Desenvolvemento Urbano e ordenamento do territorio"
- Maio, 2004
  • Día 7 (venres)

    Conferencia: "Desenvolvemento e planeamento urbano", D. Rubén Lois González (Dpto. Xeografía USC)

  • Visita á Mariña lucense: Covas do Rei Cintolo, praia das Catedrais e núcleos urbáns de Foz, Burela e Ribadeo
- Xuño, 2004
  • Mesa Redonda (celebración 5 Día Mundial do Medio Ambiente): "Urbanismo e planificación territorial"

  • Día 19 (sábado)

    Roteiro pola Serra do Barbanza, concretamente o "Roteiro das Mámoas"
SUBIR