¿Que é LINATAKALAM?
Linatakalam é unha serie de televisión comprometida
coa realidade e coa responsabilidade social (RSC), que trata
do diálogo e do coñecemento mutuo entre os
pobos e as culturas do Mediterráneo. Ten como argumento,
pois, o diálogo entre os ribeireños do mar
común: persoas de distintas razas, relixións
e países; personalidade relevantes da política,
as artes ou a cultura. A serie consta de seis capítulos
de 27 minutos, e compleméntase cun documental de
52 minutos e un DVD didáctico para a formación
de profesores (educación intercultural).
¿Quen é LINATAKALAM?
Linatakalam é un proxecto da produtora galega independente
IBISAtv (anteriormente "Hanan: de Marrocos a Galicia.
O que nos une", www.hanantv.com). A serie, presentada
pola periodista marroquí Zubaida El Fathi, conta
cun amplo equips, dirixido polo realizador Valentín
Carrera (Premio Galicia de Comunicación). O guión
é de Carrera e Carlos Vázquez, con asesoramento
científico do Instituto de Ciencias da Educación
(USC). OS coprodutores actuais son: IBISAtv, SNRT (Marrocos);
FILMAX TV, TVE, TVG, TV3 (España); Surf Films (Italia).
Tamén será emitida por Localia e distribuída
internacionalmente por Filmax.
¿Como é LINATAKALAM?
Linatakalam será rodada en HD (Alta definición
digital, 16:9), con versión orixinal en castelán
e versións previstas en galego, catalán, árabe,
italiano e francés. Proporción bruto/montaxe
10:1; localizacións principalemente en exteriores;
inclúe seis danzas en plató orixinais de Laila
Rangel e seis animacións en 3D. A imaxe é
un deseño orixinal de nuskiDesign. A música
de cabeceira será o simbólico Mediterráneo
de Serrat.
¿Cando LINATAKALAM?
O proxecto iniciouse en abril do 2005 e será presentado
en novembro no Festival Internacional de Marrakech. A rodaxe
comezará a finais de novembro en Mallorca (reunión
do GAN, Grupo de Alto Nivel da ONU para a Alianza das Civilizacións)
e en Barcelona, coincidindo coa Cumbre EuroMediterránea.
Estrearase en 2006, ano de Marrocos en España.
¿Onde LINATAKALAM?
Linatakalam rodarase en diversas localizacións ribeireñas
do Mediterráneo, principalmente en Alexandría
(Exipto); Zaragoza, Barcelona, Levante, Córdoba e
Toledo (España); Fez, Terúan e Saidía
(Marrocos); SIcilia (Italia); e Estambul (Turquía).
¿Por que LINATAKALAM?
Linatakalam forma parte do xénero de documentais
compormetidos cos problemas do noso tempo: a tese é,
fundamentalmente, humanista.
Falando aprendemos mutuamente e enriquecémonos. como
persoas e como pobos. Falando resolvemos xuntos os nosos
conflitos. O diálogo é a antesala do consenso
e da alianza entre as culturas e as civilizacións
que naceron e viven en torno ao Mediterráneo, e que
hoxe están extendidas por todo o mundo. O diálogo
é o contrario que o enfrontamento, do fundamentalismo,
da guerra.
A verdade de cada quen - e de cada pobo- ha de ser o punto
de partida: o noso punto de chegada é o entendemento
e a paz. Polo tanto ¡FALEMOS...!
LINATAKALAM...
Sanatakalam...