II Premios a Artigos sobre Educación
Publicados por profesionais do ensino no
universitario en Galicia

Distintos estudos e informes de ámbito nacional e
internacional teñen posto de manifesto, nestes pasados
anos, a importancia de prestar atención ás
visións e perspectivas que manifesta o profesorado
dos diferentes níveis do ensino sobre a calidade
e mellora dos procesos educativos.
Do mesmo xeito, algúns traballos desenvolvidos no
marco da Universidade de Santiago de Compostela sobre a
Investigación Educativa en Galicia avalan a existencia
de vías de conexión positivas entre os procesos
de reflexión dos docentes e o seu grao de motivación,
satisfacción persoal e desenvolvemento profesional.
Así, coa finalidade de dar pulo á deliberación
e análise das cuestións que afectan á
mellora do noso sistema educativo, e co ánimo de
reforzar o necesario protagonismo do profesorado, a Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria da
Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela
–a través do seu Instituto de Ciencias da Educación
(ICE-USC)– convocan estes II Premios a Artigos Sobre
Educación.
MODALIDADES DOS PREMIOS
MODALIDADE A:
Artigos referidos a algún aspecto da educación
ou do ensino en Galicia que estean publicados nun xornal
ou nun semanario.
MODALIDADE B:
Artigos nos que se abroden cuestións de interese
xeral para a educación en Galicia, que estean publicados
nunha revista científica e/ou profesional.
CONTÍA DOS PREMIOS
MODALIDADE A
1º Premio: 750 Euros e Diploma
2º Premio: 500 Euros e Diploma
3º Premio: 300 Euros e Diploma
MODALIDADE B
1º Premio: 1.500 Euros e Diploma
2º Premio: 1.000 Euros e Diploma
3º Premio: 750 Euros e Diploma
BASES
I. Os artigos terán como autor ou autora a unha
persoa física que se encontre en servizo activo,
no prazo da convocatoria dos Premios, adscrito a calquera
das categorías docentes do ensino non universitario
en Galicia, tanto que exerzan en centros públicos
como privados.
II. No momento de cursar a súa solicitude, os interesados
acompañarán copia acreditativa da súa
condición de funcionario, interino, ou contratado
no sistema público ou no centro de ensino que corresponda.
III. As solicitudes faranse en instancia dirixida ao Excmo.
Sr. Rector Magfco. da USC, facendo constar: “II Premios
a artigos sobre educación publicados por profesionais
do ensino non universitario en Galicia– Modalidade…
(A ou B)”. Na instancia incluiranse sempre os datos
profesionais e persoais que permitan, no seu caso, a correspondencia
e contacto directo co primeiro dos autores asinantes.
IV. Os artigos que opten a estes Premios terán que
estar publicados entre o 1 de abril de 2004 e o 15 de setembro
de 2006.
V. O prazo de presentación de solicitudes rematará,
a todos os efectos, o día 20 de outubro de 2006.
A entrega dos Premios terá lugar no transcurso dun
acto público presidido polo Excmo. Sra. Conselleira
de Educación e Ordenación Universitaria da
Xunta de Galicia, e o Excmo. Sr. Rector Magfco. da USC.
Os autores dos artigos premiados comprométense a
asistir ao referido acto.
VI. Xuntaranse á instancia de solicitude cinco (5)
copias do artigo, coidando de que resulten todas perfectamente
lexibles en toda a súa extensión. Asemade,
indicarase claramente a referencia do xornal, semanario
ou revista na que foi publicado o artigo (volume, número,
ano, páxinas…).
VII. O Xurado dos Premios, que resolverá todas as
cuestións non previstas nestas Bases, será
nomeado conxuntamente polo Excmo. Sr. Rector Magfco. da
USC e o Excmo. Sr. Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria da Xunta de Galicia, e del formarán
parte cinco persoas de recoñecida experiencia e prestixio
no ámbito da educación. O Secretario do Xurado,
con voz e voto, será o Director do ICE da USC ou
persoa na que delegue.
VIII. O veredicto do Xurado será inapelable, e polo
feito de concursar, os participantes renuncian a calquera
impugnación das súas decisións, ou
acción en contra destas Bases.
IX. A documentación presentada quedará en
depósito no ICE-USC durante un ano. Posteriormente
será remitida ao Arquivo Histórico da USC.
En ningún caso será devolta aos participantes
na convocatoria destes Premios.
X. Agás causas que así o xustifiquen, non
se manterá correspondencia cos autores dos artigos
que concurran aos Premios.
XI. Non poderán participar traballos premiados
con anterioridade.
XII. Os Premios poderán declararse desertos en parte
ou na súa totalidade.
INFORMACIÓN