Páxina da USC
Instituto de Ciencias da Educación
I.C.E.
Páxina do ICE
 


 
 
 
 
 
Logo do ICE
Logo Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Oredanación Universitaria

I Premios a Artigos Sobre Educación Publicados por Profesionais do Ensino Non Universitario en Galicia

Convocados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia) e o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

ACTA DO XURADO

De acordo coas Bases dos Premios, o día 12 de xullo de 2005, reúnese na Sala de Prensa da Reitoría da USC o Xurado nomeado ao efecto, e de xeito conxunto, polo Excmo. Sr. Reitor Magfco. da USC e polo Excmo. Sr. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.

O Sr. Presidente le as Bases e pormenoriza sobre o seu contido e as funcións do xurado.

O Sr. Secretario distribúe os traballos da Modalidade A. Tódolos membros do Xurado reciben unha copia de cada traballo, procedéndose a marcar un prazo de lectura.

Rematado o prazo de lectura e valoración individual dos traballos, póñense en común as valoracións correspondentes por parte do Xurado, co obxecto de decidir sobre os premiados.

Feita a correspondente votación, decídese, por unanimidades de tódolos membros do Xurado, a seguinte distribución dos Premios (Modalidade A):

1º Premio: Juan Antonio Pinto Antón, polo seu artigo titulado “E Platón sentouse diante do Televisor”, publicado no Xornal El Progreso de Lugo (2003-2004).

2º Premio: Ángeles Carbajo Martínez, polo seu artigo titulado “Apuesta por una Educación Intercultural”, publicado no Xornal El Correo Gallego o 21 de marzo de 2005.

3º Premio: Rita Díez Rechou, polo seu artigo titulado “A Educación Viaria nas clases de Educación Física”, publicado na Revista Saudiña en novembro de 2004.

Rematada a valoración dos traballos, e feita a proposta de concesión dos Premios na Modalidade A, o Sr. Presidente indica que procede comenzar o estudo dos traballos correspondenste á Modalidade B.

O Sr. Secretario distribúe un exemplar a cada un sos vinteún (21) traballos presentados nesta Modalidade. Márcase un prazo para a lectura e análise dos traballos.

Rematado o prazo de lectura e valoración individual dos traballos, procédese á discusión das valoracións en común por parte do Xurado, a fin de decidir a elección dos Premiados.

Feita a correspondente votación, decídese, por unanimidade de tódolos membros do Xurado, a seguinte distribución dos Premios (Modalidade B):

1º Premio: Mario Aller Vázquez, polo seu artigo titulado “Accesorios mágicos para escribir en la escuela”, publicado en Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil, nº 18.

2º Premio: Francisco Fernández Barrios, polo seu artigo titulado “Nuevas Técnologías en el Aula: ¿búsqueda de calidad o estar a la moda?, publicado na Revista de Educación Padres y Maestros, nº 78, en setembro de 2003.

3º Premio: Manuel A. Fernández Domínguez, polo seu artigo titulado “Petróleo, Enerxía e Consumo”, publicado no Boletín das Ciencias de ENCIGA, nº 52, en maio 2003.

E así o asinan e rubrican tódolos membros do Xurado, en Santiago de Compostela, a día 12 de Xullo de 2005.

O PRESIDENTE DO XURADO

Dario Villanueva Prieto

OS VOCAIS DO XURADO

Francisco Río Barja

Julio Casado Linajeros

Manuel Quintáns Suárez

O SECRETARIO DO XURADO

Miguel A. Santos Rego