| |
Presentación
Sendo función do Instituto
de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago
de Compostela (ICE-USC) dar pulo ó coñecemento
e á investigación educativa en xeral, con especial
atención á que ten que ver coa mellora da realidade
dos procesos formativos en Galicia, considerando as liñas
de estudio abertas no Instituto nos derradeiros anos, e mesmo
os obxectivos estratégicos da Universidade, cómpre
desenvolver un eido de grande interese para a sociedade: o
da relación entre Educación e Traballo en Galicia,
enfatizando a mellora da calidade dos procesos que atinxen
á formación e a inserción profesional
nos seus distintos niveis, accións e modalidades.
Páxina web: http://www.usc.es/gefil/ |