Desenvolvemento Rexional e Integración Económica

O programa de Desenvolvemento Rexional e Integración Económica é un programa oficial de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela, adaptado ao espazo europeo de educación superior, que inclúe un máster con dúas especialidades e/ou doutoramento



PAXINA WEB

1. FICHA TÉCNICA

  • Entidade organizadora: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, USC
  • Duración: 3 semestres (1,5 Cursos académicos)
  • Nº de créditos ECTS: 90
  • Modalidade de impartición: Presencial
  • Modalidade de matrícula: Tempo completo / parcial
  • Orientación; Académico-profesional e investigadora
  • Período lectivo:
    1º semestre: de setembro a xaneiro
    2º semestre: de febreiro a xullo
  • Horario: Tarde
  • Taxas académicas: Prezos públicos aprobados pola Consellería de Educación (19€ por crédito ECTS)

Títulacións que se poden obter:

  • Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica
  • Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela.

2. DESTINATARIOS

Titulados ou graduados en Economía ou Administración de Empresas. Titulados e graduados doutras áreas das Ciencias Sociais (Xeografía, Ciencias Políticas, Relacións Laborais, Ciencias da Comunicación, Socioloxía) así como de no campo da Enxeñería.

3. OBXECTIVOS

  • Ampliar a formación dos graduados en economía, empresa e outras titulacións da área de Ciencias Sociais nas materias básicas de ciencia económica, con especial énfase nas relacionadas coa economía internacional, a integración e o desenvolvemento económico.
  • Formar profesionais capacitados para exercer nas dúas áreas de especialización, Desenvolvemento Rexional e Integración Económica.
  • Formar investigadores que, dentro do amplo abano de liñas de investigación que se ofrecen, elaboren unha tese doutoral e cheguen no seu caso, a alcanzar o título de doutores.

4. SAÍDAS PROFESIONAIS

Este máster ten unha dobre orientación académico-profesional e investigadora. Os alumnos poderán optar por unha formación que os capacite para desempeñar unha labor profesional (onde ademais dos coñecementos teóricos se pretende que adquiran a experiencia necesaria para desenvolver as súas habilidades como economistas tanto no sector privado como no público) ou por unha formación na que prime o carácter investigador e que os prepare para realizar as súas teses de doutoramento e, no seu caso, converterse en futuros investigadores.
En definitiva, o que se pretende é formar especialistas de alto nivel que estén capacitados tanto para o desenvolvemento de actividades profesionais complexas como para iniciar unha carreira investigadora, ao dotalos de ferramentas metodolóxicas que lles permitan, no caso de que así o desexen, orientarse cara a investigación.

DATOS DE CONTACTO

Coordinador: Roberto Bande Ramudo
Fac. de CC. Económicas e Empresariais
Avda Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
Correo-Electrónico: aesec@usc.es
Teléfono: 981 563100 Ext. 11537

Mais información:
Universidade de Santiago de Compostela /Programas Oficiais de Posgrao