| Se desexan presentar unha comunicación deberán enviar un resumo (dun máximo de 1500 caracteres, sen contar espazos, en formato RTF), antes do 1 de marzo de 2005 ao enderezo electrónico da secretaría do Congreso ( sec3cfe@usc.es) ou ao enderezo postal seguinte: Secretaría do III Congreso de Fonética Experimental No resumo da comunicación -en galego, español
ou inglés - só se consignará o título da mesma; en folla á parte incluiranse
os seguintes datos: A aceptación dos relatorios darase a coñecer antes do 1 de abril de 2005. O texto completo e definitivo para a súa publicación nas actas deberá ser entregado no propio congreso no momento da súa exposición. A presentación non excederá dos 20 minutos e haberá dez minutos para a súa discusión cos asistentes Todos os participantes no congreso recibirán por correo electrónico
un documento coas normas de estilo para a publicación das comunicacións
nas actas; se aínda non o recibiu, reclámeo en sec3cfe@usc.es. |