DATAS 
  
Do 11 ao 14 de xullo
  ------------------------------

  LUGAR
  Salón de Actos da    
  Facultade de Ciencias

  da Comunicación

  ------------------------------

  HORAS LECTIVAS
  35
  ------------------------------

  DIRECTORES

  
  Xosé Soengas Pérez
  Francisco Campos Freire

  ------------------------------

  SECRETARIO
  
  Xosé Pereira Fariña
  ------------------------------


  ENLACE RECOMENDADO
  
  GLOBAL PORTAL IPTV
  ------------------------------

              OBXECTIVOS        PROGRAMA      MATRÍCULA      PUBLICO AO QUE VAI DIRIXIDO


OBXECTIVOS


O curso pretende servir de foro para a presentación e discusión de novos conceptos, ideas, experiencias e coñecementos que configuran o debate aberto na sociedade da información arredor da converxencia das novas tecnoloxías coa cultura e a ciencia, cos contidos e o coñecemento. En definitiva, sobre as posibilidades e alternativas da comunicación interactiva, sobre o novo paradigma da hipermedia, máis aló da confluencia dos multimedios, cando xa se empeza a falar das web semánticas, a experimentar coa creación virtual e con potentes buscadores ontolóxicos que están a convertir Internet nunha disputada galaxia de novas redes de intelixencia, poder e mediación social. A trascendencia deste novo marco de relacións e experiencias crúzase coa aparición, debate e formulación dos chamados ciberdereitos e coa necesidade de facer visible a través da Rede e da expresión hipermedia a nosa propia cultura e identidade.

Comunicación interactiva, cibercultura, dereitos emerxentes, modelos de negocio, converxencia hipermedia e identidade son eixos conceptuais arredor dos que xira este curso. Abórdase a problemática da converxencia dixital desde a triple dimensión tecnolóxica, económica e social, a través dos soportes e modelos que propician as novas formas de comunicación relacionadas cos cibermedios, comunicación móbil e interactividade, radio e televisión por Internet, Web 2.0 e 3.0, creación virtual e 3D. O curso comprende 7 conferencias e 4 mesas de presentación e debate sobre a posta en marcha da nova oferta de televisión dixital terrestre en Galicia, sobre a propiedade intelectual e sobre ciberdereitos, canon dixital, cibermedios e participación social, así como obradoiros sobre como crear e producir contidos para a televisión e a radio a través de Internet. A inscripción no curso dará opción á emisión dos traballos audiovisuais seleccionados dos participantes a través de Web TV e do lanzamento da primeira Canle Multimedia Virtual de Galicia en Second Life. ---


PATROCINADOR XERAL DOS CURSOS DE VERÁN     
 
COLABORAN