DATAS 
  
Do 11 ao 14 de xullo
  ------------------------------

  LUGAR
  Salón de Actos da    
  Facultade de Ciencias

  da Comunicación

  ------------------------------

  HORAS LECTIVAS
  35
  ------------------------------

  DIRECTORES

  
  Xosé Soengas Pérez
  Francisco Campos Freire

  ------------------------------

  SECRETARIO
  
  Xosé Pereira Fariña
  ------------------------------

  ENLACE RECOMENDADO
  
  GLOBAL PORTAL IPTV
  ------------------------------

              OBXECTIVOS        PROGRAMA      MATRÍCULA      PUBLICO AO QUE VAI DIRIXIDO


PROGRAMA

Mércores, día 11 de xullo de 2007

--- 9:00. Apertura do curso a cargo do Secretario Xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado García, sobre O desenvolvimento da TDT en Galicia, e do Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Miguel Túñez

--- 9:30. Conferencia sobre A comunicación interactiva a cargo da Dra. Rosa Franquet, Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade Autónoma de Barcelona

--- 12:00. Presentación e debate sobre A nova televisión dixital autonómica e local de Galicia a cargo de Xesús Iglesias (Director de TVG), Carlos Carballo (Televoz), Rafael Ramos (Cope), Luis Pérez (Correo TV), Javier Otero (Localia), José de Cora (Progreso), Ideal Gallego e La Región. Coordina Xosé María Besteiro, creador dunha plataforma de contidos para a televisión dixital

--- 14:00. Almorzo

--- 16:00. Conferencia-presentación sobre Televisión móbil e servizos de comunicación para a sociedade dixital a cargo de Xabier Franco Tubío, Director da Area TIC da USC, e de Xosé Luis Fernández Carnero, Director de Estratexia e I+D de Televés

--- 18:00. Conferencia-presentación sobre A TV.2: A nova televisión persoal por Internet a cargo de Raúl de la Cruz, Director de Vivo.com e creaador de varios modelos de Web TV e IPTV en España

--- 20:00. Presentación da Web TV e da Canle Multimedia Virtual que ofrecerán a través de Internet e de Second Life as sesións xunto cunha mostra de curtametraxes e traballos audiovisuais dos alumnos participantes neste curso de verán da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Xoves, día 12 de xullo de 2007

--- 9:30. Conferencia sobre A linealidade interactiva. Creación en 3D e mundos virtuais a cargo do Dr. Isidro Moreno, Profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade Complutense de Madrid

--- 12:00. Conferencia-presentación sobre Tra-la Web 2.0, chega a Web semántica 3.0: Creación e intelixencia artificial a cargo de Salvador Pérez Crespo, Profesor de Deusto, Xerente de I+D de Telefónica e Director do grupo de expertos de avaliación de proxectos CELTIC para temas de “Mobile/Wireles and Broadband Transport” da Iniciativa Eureka de I+D de Europa

--- 14:00. Almorzo

--- 16:00. Conferencia-presentación sobre Vivir 1000 vidas: contando historias con videoxogos a cargo de Miguel Sicart, Profesor do ITU da Universidade de Copenhague

--- 18:00. Debate sobre Ciberdereitos, creación e propiedade intelectual, canon dixital, difusión e circulación de contidos no mundo dixital coa participación do Dr. Anxo Tato Plaza, Catedrático de Dereito da Universidade de Vigo; Marcelo d'Elia (Brasil), Consultor de tecnoloxía para a Sociedade da Información e actualmente traballa na Secretaría das Telecomunicacións e a Sociedade da Información da Generalitat de Catalunya e Javier Trujillo San José, Director Comercial e do Departamento de Radiodifusión da Sociedade Xeral de Autores (SGAE)

Venres, día 13 de xullo de 2007

--- 9:30. Conferencia sobre Converxencia dixital e novos modelos de negocio hipermedia a cargo do Dr. Jorge E. Pérez Martínez, Catedrático da ETSI da Universidade Politécnica de Madrid e Director do Grupo de Análise e Prospectivas das Telecomunicacións (GAPTEL)

--- 12:00. Debate sobre Cibermedios, economía dixital, identidade e participación social a cargo de Ricardo Galli (Menéame), Juan Varela (Periodistas 21) e André Sendín, Director do Departamento Multimedia da Escola Superior de Comunicación Social do Instituto Politécnico de Lisboa

--- 16:00. Presentación e debate sobre Televisión, radio e multimedia por Internet a cargo de Xosé María García Lastra, Director de Xestión de Contidos de Unión Radio Cadena Ser; Oscar Sacristán, Director de LambdaStrean da Coruña; Miguel Castro, xornalista de CNN internacional e Julio de Diego, Director de contidos de TV por Internet

--- 18:30. Charla sobre A dixitalización da produción televisiva a cargo de Miguel Castro, xornalista de CNN internacional.

Sábado, día 14 de xullo de 2007

--- 9:30. Obradoiros prácticos sobre Como facer televisión e radio por Internet a cargo de Julio de Diego, Xosé María García Lastra e Xosé Ramón Pousa

--- 13:30. Clausura do curso

PATROCINADOR XERAL DOS CURSOS DE VERÁN     
 
COLABORAN