Presentación
Proxectos de investigación
Actividades
Resultados
Enlaces
Área reservada

Dicionario de Lingüística

Resultados

Para coñecer de xeito detallado os logros alcanzados pódese consultar o texto "El Diccionario de Lingúística: Autores. Objetivos, estructura y muestras de su contenido". Foi publicado nas Actas del I Congreso Internacional de la Sociedad Española de Historiografía Lingúística (A Coruña, 18-21 de febreiro de 1997). Facilitamos o acceso a unha copia en versión PDF a través do enlace no título. Neste escrito o lector atopará, ademais dunha presentación xeral do proxecto e dos seus obxectivos, unha descrición dos resultados acadados tanto no referido á base de datos recopilada, como no que atinxe á redacción de algunas entradas do diccionario. Concretamente, o texto ofrécenos información sobre os seguintes puntos:


  1. Sobre a base de datos:

    1. Unha descrición detallada do contido que teñen as fichas de cada autor que xa foron elaboradas.
    2. Un listado bibliográfico completo das obras que foron revisadas e expurgadas en busca de datos.
    3. Un listado exhaustivo dos autores seleccionados; preséntanse organizados cronolóxicamente.
    4. Exemplos das diversas fichas que conteñen a información referida a tres autores.

  2. Sobre as entradas do dicionario:

    1. Indicacións sobre a estructuración habitual da información.
    2. Exemplos de varias entradas do diccionario.

Finalmente, non podemos concluír sen advertir que a falta de financiamento e a escaseza de recursos humanos fixeron que o proxecto quede, de momento, interrumpido, en espera de ser retomado con forza nun futuro próximo.