XXXIX SIMPOSIO INTERNACIONAL DA SEL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

1-4 FEBREIRO DE 2010

Curso de Lingüística Clínica

Ao longo de dúas tardes impartirase un curso sobre Lingüística Clínica ao que poderán asistir todos os congresistas que o desexen, pero que estará dirixido fundamentalmente aos estudantes inscritos no Simposio.

Os estudantes que asistan a este curso terán no seu crédito de libre configuración unha mención especial de aproveitamento do curso de Lingüística Clínica.

Profesoras responsables do curso: Beatriz Gallardo Paúls (Universidade de Valencia), Sonia Madrid Cánovas (Universidade de Murcia), Isabel Fernández López (Universidade de Santiago de Compostela).