www.usc.es   
Benvido ás páxinas web xestionadas polo
Departamento de Física da Materia Condensada
www.usc.es/mat-cond
versión en castellano
english version

versión accesible

inicio web USC external link | inicio web mat-cond | mapa web mat-cond | área privada | contacto  

www.usc.es » mat-cond » Acerca de este sitio web
Páxinas web do  
Departamento de Física da Materia Condensada www.usc.es/mat-cond
da Universidade de Santiago de Compostela 
turbulencia


Acerca do noso sitio web, www.usc.es/mat-cond

Actualización dos contidos. En última instancia, para manter actualizada a información presentada neste sitio web é necesaria a implicación dos membros do departamento. Se desexas que algunha sección sexa actualizada, se detectas que algún enlace ou outro aspecto do sitio web deixa de funcionar correctamente, ou se tes calquera suxestión, por favor non dubides en contactar co administrador da web

Planéase implementar en breve medios para que a tecnoloxía wiki subxacente ao noso sitio web permita aos membros do departamento introducir cambios e novas páxinas sen a intervención directa do administrador do sitio web.

O administrador deste sitio web é na actualidade o profesor do departamento M.V. Ramallo, a quen tamén correspondeu o deseño e a implementación iniciais. Anteriormente o noso departamento contaba con outro sitio web, http://aiff.usc.es/~mcdpto/ARCHIVOS, deseñado por Nieves Lorenzo González.

Aloxamento. Para o aloxamento deste sitio web empregamos os servidores web centrais da nosa Universidade. De acordo coa normativa dos devanditos servidores external link, e as recomendacións do FECYT external link, a dirección de internet da nosa web (http://www.usc.es/mat-cond) é un subdominio da web principal (http://www.usc.es external link) da nosa universidade. Con todo, as dúas direccións constitúen sitios web distintos, con distintos responsables de contidos, administradores, etc.

Accesibilidade para persoas con discapacidade visual. A nosa infraestrutura software xera de forma automática unha versión accesible das nosas páxinas, sen perda de información. A entrada na versión accesible da nosa web pode realizarse desde a cabeceira de calquera das nosas páxinas.

O software encargado da conversión foi desenvolvido por M.V. Ramallo. Está en proceso de avaliación, e en breve licenciarase en dominio público. A elaboración de páxinas web accesibles para persoas con discapacidade visual, total ou parcial, é un proceso laborioso que este sistema simplifica considerablemente, reducindo o traballo dos autores a practicamente só engadir etiquetaxes identificativas ás súas imaxes e táboas (o cal xa por outros motivos considérase boa praxe de escritura de webs). O sistema xera páxinas en texto de alto contraste e que normalmente superan o test de accesibilidade TAW3 external link con máxima cualificación (triplo-A). En comparación, o habitual neste momento en sitios web mantidos por persoal especializado é un nivel dobre-A en menos da metade das páxinas.

Conformidade coa Guía de Estilo Web da USC. Este sitio web está en conformidade co Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual external link da USC, en particular na súa sección "Guía de estilo do sitio web", vinculante para sitios web institucionais da USC como o noso.

Na versión accesible para discapacitados visuais do noso sitio web deuse prioridade á lexibilidade da páxina antes que ao Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual da USC.

Plan Estratéxico. A elaboración da versión actual do noso sitio web encadrouse na execución do Plan Estratéxico do noso departamento.

Imaxe empregada na parte superior de cada páxina. A imaxe que precede ao texto de cada unha das nosas páxinas correspóndese cun vórtice turbulento visualizado co uso de colorantes. Escollimos esta imaxe como representativa de varias das temáticas de investigación do noso departamento (aínda que non de todas!). Así, as formacións de vórtices turbulentos son habituais nos problemas de física non lineal, na física atmosférica, en estudos de sistemas fora do equilibrio, ou no comportamento dos portadores eléctricos nos materiais superconductores. Os colorantes coloidales son tamén obxecto de estudo no noso departamento. A imaxe que empregamos provén realmente dunha fermosa fotografía feita pública polo NASA Langley Research Center (NASA-LaRC) external link, imaxe que segundo o noso coñecemento está libre de copyright.turbulencia-foto completa









versión para imprimir

Para manter esta web actualizadaDepartamento de Física da Materia Condensada
necesitamos a túa colaboración:Facultade de Física, Campus Sur
Se tes correccións ou suxestións, por favor15782 Santiago de Compostela
contacta ao administrador da webTeléfono: +34 881814053
ou edita esta páxina co teu contrasinalFax: +34 881814112
 Correo electrónico: fmsec@usc.es


Este sitio web usa direccións dinámicas. Para enlaces e marcadores, usar http://www.usc.es/mat-cond