Facultade de
Medicina e
Odontoloxía

 





 

O Departamento de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela é o responsable da docencia dos contidos médicos das asignaturas de  Patoloxía Xeral Médico-Cirúrxica, Patoloxía e Clínica Médico-Cirúrxica I, II e III, Medicina do Deporte, Nutrición Clínica e Dietética Hospitalaria, Coidados Paliativos, Medicina e Urxencia Clínica, Enfermidades Infecciosas Tropicais e Entomoloxía Médica e Transplante de Organos, Tecidos e Células na Licenciatura de Medicina e da Patoloxía Xeral e Médica da Licenciatura de Odontoloxía. Así mesmo, ofértanse duas asignatura de libre configuración denominadas Medicina Familiar e Atención Primaria e Bases Moleculares da Medicina Clínica. A docencia clínica impártese no C.H.U.S en Santiago de Compostela, no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC), no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)  e nos Centros de Saúde de Vite, Concepción Arenal, Fontiñas e Conxo en Santiago de Compostela.

A actividade docente, investigadora e asistencial desenvólvese nos distintos centros que compoñen o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (C.H.U.S.), así como nos Centros de Saude, actualmente conveniados co
Servicio Galego de Saúde, así como nas dependencias da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Actualmente no Departamento de Medicina impártese docencia a perto de 1350 alumnos das Licenciaturas de Medicina e Odontoloxía.

A actividade  investigadora  está artellada ó redor dos diferentes Grupos de Investigación do Departamento ubicados nas dependencias dos Centros Hospitalarios concertados e na propia Facultade de Medicina e Odontoloxía
Os profesores do Departamento con plaza vinculada realizan a sua actividade asistencial nos distintos Servicios do C.H.U.S.  Na actualidade están vinculados á USC, dentro da Area Médica, os Servicios de Medicina Interna, Cardioloxía, Oncoloxía Médica, Neumoloxía, Neuroloxía, Endocrinoloxía e Nutrición, Gastroenteroloxía, Nefroloxía, Alergoloxía, Reumatoloxía e Hematoloxía.

                            DOCENCIA        INVESTIGACION        ASISTENCIA       PROFESORADO E ORGANIZACION ACADEMICA



      INFORMACION/NOVAS

POR INDICACION DO DECANATO DA FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXIA INFORMASE QUE TODOS OS ALUMNOS DEBERAN LEVAR, DURANTE A SUA ESTADIA NOS CENTROS ASISTENCIAIS, OBLIGATORIAMENTE, UNHA IDENTIFICACIÓN ONDE SE FAGA CONSTAR QUE SON ESTUDANTES DE MEDICINA E SE INDIQUE O SEU NOME E APELIDOS E CURSO DE LICENCIATURA (Descargar modelo)

NOVAS NORMAS PRA DOCENCIA CLINICA EN PATOLOXÍA XERAL MEDICO-CIRURXICA
GRUPOS DE PRACTICAS E CALENDARIO PATOLOXIA XERAL M-C

DOCENCIA CLINICA (4º, 5º   e 6º), CALENDARIO E DISTRIBUCION DE GRUPOS
GRUPOS DE PRACTICAS

  
RELACION DE ALUMNOS QUE SUPERARON O EXAME PARCIAL DE PATOLOXIA XERAL M-C (NOVO!!)

BOLSA PARA UN TÉCNICO DE LABORATORIO (NOVO)
Suxerencias ao responsable de esta páxina                                                                                                                                    Ultima actualización:04/02/10 


                                                                                                                 Novidades   X-500       Noticias   Internet    Arbore       Busca       Axuda