![]() |
David
Araújo-Vilar Profesor Titular de Medicina Especialista en Endocrinoloxía e Nutrición E-mail: david.araujo@usc.es Tfno: +34 981 563100 ext.12407, 12383 |
|
David
Araújo
Vilar é licenciado en Medicina e Cirurxía dende 1985
pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1986 inicia os seus
estudos
de doutoramento con unha beca F.P.I. acadando o título de Doctor
en Medicina (1990) pola mesma Universidade. Posteriormente,
realiza,
durante dous anos, estudos postdoctorais na Universidade de
Oxford,
UK, no Radcliffe Infirmary cunha beca F.P.I de estadías no
estranxeiro.
De 1992 a 1996 foi Axudante de Universidade no Departamento de Medicina
da Universidade de Santiago de Compostela, e dende 1998 é
Profesor
Titular Numerario de Medicina na mesma Universidade. De 1992 a
1995
completa a sua formación clínica como Médico
Residente
do Servicio de Endocrinoloxía e Nutrición do Complexo
Hospitalario
Universitario de Santiago, acadando en 1996 o título de Medico
Especialista
en Endocrinoloxía e Nutrición. As suas áreas de
interés
son a patoxenia da resistencia á insulina na diabete mellitus
tipo
2, na obesidade e nas lipodistrofias, o gasto enerxético e a
composición corporal
na obesidade.
