Facultade
de Medicina e Odontoloxía


PROGRAMA
TEORICO (Calendario de
Clases
Teóricas
Curso 2008-09)
CREDITOS: 12 teóricos e 12 prácticos
DOCENCIA CLINICA
CALENDARIO DE EXAMENES
SISTEMA DE AVALIACIÓN
CALENDARIO DE EXAMES (Curso 2008-2009)
- PARCIAL : febreiro 2009 (Pendente)
- XUÑO: 11 de xuño de 2009.
- SETEMBRO: 01 de setembro de 2009
<>
Está
prohibido introducir
na aula do exame: carpetas, apuntes, bolsos, PDAs, móviles, etc.
So se permitirá un par de bolígrafos e a
documentación (DNI ou pasaporte ou carnet de conducir). As/os
alumnas/os deberán acudir as aulas previamente asignadas nun
listado exposto no taboleiro de anuncios. A notificación oficial
de aprobados, xunto cos dias de revisión de exames será
publicado en esta web e no taboleiro de anuncios da Facultade de
Medicina e no Departamento de Medicina do Hospital Clínico
Universitario de Santiago.
Os exames
teóricos serán tipo tests con 5 posibles
respostas, sendo correcta SO unha delas. Cada pregunta mal
contestada resta 0.33 puntos.
EXAME PARCIAL
Só poderán
presentarse a este exame as/os alumnos/os que se anoten a unha lista
que deberá ser remitida ao coordinador da asignatura antes do 15
de decembro de 2008
SISTEMA
DE AVALIACION
1. Para aprobar a asignatura é
necesario superar a
avaliación teórica e a práctica.
2. A avaliación teórica
farase mediante o examen final (e
un parcial liberatorio). A nota de corte será do 50% (salvo cambios que se informarán
ca debida antelación)
3. A avaliación
práctica farase a partir dunha folla de
avaliación que deberán entregar os alumnos o día
señalado, sendo necesario que alomenos 9 dos 17 puntos da folla
de auto-avaliación leven a resposta "SI" e esto sexa
confirmado nunha proba oral que realizarase no lugar, dia e hora que se
indique con antelación.
4. Na cualificación final a
parte teórca
representará o 75% e a práctica o 25% (sempre que se
teñan superado cada unha das partes).
5. As/os alumnas/os que teñan feito as prácticas en
anteriores convocatorias NON TEÑEN
que repetilas. Non obstante, sí poderían presentarse, de
forma voluntaria, a proba de avaliación práctica oral. A
nota acadada no examen práctico conservarase só na
convocatoria de Setembro.
6. Nos alumnos que habendo realizado as prácticas en anteriores
convocatorias opten por no reptilas,a nota final será a do
examen teórico.
DOCENCIA CLINICA
A Docencia Clínica consta: 1. dos seminarios de
Propedéutica Clínica que se impartiran na aula 2 do
Bloque D do Hospital Clínico, de 8:15 a 9:15 os luns e martes. A
asistencia é obligatoria. O profesorado que imparte esta
docencia reservase o dereito de pasar lista. A falta de asistencia a
algún de estos seminarios, de non estar documentalmente
xustificada, suporá o suspenso nas prácticas. e 2.
Actividade asistencial tutelada, que terá lugar nos Servicios de
Medicina Interna do H. Clinico, H. Gil Casares e H. Provincial (Conxo),
de Hospitalización Domiciliaria e Coidados Paliativos (H.
Gil Casares) e no Servicio de Urxencias do H. Clinico, asi como nos
Servicios de Endocrinoloxía e Nutrición (H. Clinico e H.
Provincial), Servicio de Gastroenteroloxía (H. Clinico) e
Servicio de Hematoloxía (H. Clinico). A cada alumna/o
asignaráselle un titor clínico, que será o
responsable da docencia e programación das actividades
asistenciais. E obligatoria a asistencia as sesións
clínicas e bibliográficas que se organicen en cada
Servicio asistencial. O horario de actividade asistencial é de
9:30 a 15 horas.
As/os alumnas/os deberá acudir as actividades de Docencia
Clínica con: unha bata blanca ou pixama (verde, blanco ou
granate), un fonendoscopio, un martelo de reflexos, unha linterna
pequena e un diapasón (128 Hz). E OBLIGATORIO
que os alumnos de Medicina leven nun lugar visible da sua bata ou
pixama unha tarxeta identificativa onde conste o seu nome e apelidos e
a indicación
de que son Estudantes de Medicina. Para a asistencia aos
quirófanos deberán seguir escrupulosamente as
indicacións que lles den, no seu momento, os profesores do
Departamento de Cirurxía. A información clínica a
que teñan acceso os alumnos de Medicina é ESTRICTAMENTE
confidencial. O incumplimento de esta norma conlevará a
correspondente sanción (independentente das accións que
establece a Lei para estos supostos). Anímase ao alumnado que
mentras estén nos Centros Asistenciais observen as normas de
urbanidade na conducta, aspecto e indumentaria personal que se espera
de personas que traballan en Centros onde se atenden a persoas con
problemas de saúde. As/os alumnos de Medicina nunca
deberán dirixirse aos doentes e familiares sen antes presentarse
e identificarse como Estudantes de Medicina, e sempre que reciban a
correspondente autorización do seu titor clinico ou facultativo
responsable. Nun plazo breve indicarase o procedemento de
asignación de taquillas.
OBXETIVOS
DOCENTES DE PROPEDEUTICA CLINICA
DESCARGUE A FOLLA DE AVALIACION EN PDF
DESCARGUE
MODELO DE IDENTIFICACION DE ESTUDANTE DE MEDICINA
SEMINARIOS
LISTADO DE
DOCENCIA PRACTICA
H.C.: Hospital
Clínico, H.G.C.: Hospital Gil
Casares, H.P.: Hospital Provincial (Conxo)