Facultade
de Medicina e Odontoloxía


PROGRAMA
TEORICO (Calendario
de
Clases
Teóricas
Curso 2009-10)
CREDITOS: 12 teóricos e 12 prácticos
DOCENCIA CLINICA
CALENDARIO DE EXAMENES
SISTEMA DE AVALIACIÓN
CALENDARIO DE EXAMES (Curso 2009-2010)
- PARCIAL : febreiro 2010 (Pendente)
- XUÑO: 08 de xuño de 2010, as 09:00, aulas
3,4, 5, 6, 7 e 8.
- SETEMBRO: 01 de setembro de 2010, as 12:00, aulas 3,
4, 5 e 6
<>
Está
prohibido introducir
na aula do exame: carpetas, apuntes, bolsos, PDAs, móviles, etc.
So se permitirá un par de bolígrafos e a
documentación (DNI ou pasaporte ou carnet de conducir). As/os
alumnas/os deberán acudir as aulas previamente asignadas nun
listado exposto no taboleiro de anuncios. A notificación oficial
de aprobados, xunto cos dias de revisión de exames será
publicado en esta web e no taboleiro de anuncios da Facultade de
Medicina e no Departamento de Medicina do Hospital Clínico
Universitario de Santiago.
Os exames
teóricos serán tipo tests con 5 posibles
respostas, sendo correcta SO unha delas. Cada pregunta mal
contestada resta 0.33 puntos.
EXAME PARCIAL
Só poderán
presentarse a este exame as/os alumnos/os que se anoten a unha lista
que deberá ser remitida ao coordinador da asignatura antes do 15
de decembro de 2008
SISTEMA
DE AVALIACION
1. Para aprobar a asignatura é
necesario superar a
avaliación teórica e a práctica.
2. A avaliación teórica
farase mediante o examen final (e
un parcial liberatorio). A nota de corte será do 50% (salvo cambios que se informarán
ca debida antelación)
3. A avaliación
práctica farase a partir dunha folla de
avaliación que deberán entregar os alumnos o día
señalado, sendo necesario que alomenos 9 dos 17 puntos da folla
de auto-avaliación leven a resposta "SI" e esto sexa
confirmado nunha proba oral que realizarase no lugar, dia e hora que se
indique con antelación.
4. Na cualificación final a
parte teórca
representará o 75% e a práctica o 25% (sempre que se
teñan superado cada unha das partes).
5. As/os alumnas/os que teñan feito as prácticas en
anteriores convocatorias NON TEÑEN
que repetilas. Non obstante, sí poderían presentarse, de
forma voluntaria, a proba de avaliación práctica oral. A
nota acadada no examen práctico conservarase só na
convocatoria de Setembro.
6. Nos alumnos que habendo realizado as prácticas en anteriores
convocatorias opten por no reptilas,a nota final será a do
examen teórico.
DOCENCIA CLINICA
A Docencia Clínica consta: 1. dos seminarios de
Propedéutica Clínica que se impartiran na aula 10 do
Edificio Dopcente Nóvoa Santos do Hospital Clínico, de
8:15 a 9:15 os luns e martes. A
asistencia é obligatoria. O profesorado que imparte esta
docencia reservase o dereito de pasar lista. A falta de asistencia a
algún de estos seminarios, de non estar documentalmente
xustificada, suporá o suspenso nas prácticas. 2.
da Actividade asistencial tutelada, que terá lugar nos Servicios
de Endocrinoloxía (H. Clínico e H. Provincial),
Nefroloxía (H. Clínico), Hematoloxía (H.
Clínico), Dixestivo (H. Clínico), Alergoloxía (H.
Provincial), Urxencias (H Clínico), Unidade Médica de
Alta Precoz (UMAP) (H Clínico), Unidade de Media Estancia e
Coidados Paliativos (H Gil Casares) do C.H.U.S. e nos Centros de
Saúde Concepción Arenal e Conxo. A cada alumna/o
asignaráselle un titor clínico, que será o
responsable da docencia e programación das actividades
asistenciais. E obligatoria a asistencia as sesións
clínicas e bibliográficas que se organicen en cada
Servicio asistencial. O horario de actividade asistencial é de
9:30 a 15 horas.
As/os alumnas/os deberá acudir as actividades de Docencia
Clínica con: unha bata blanca ou pixama (verde, blanco ou
granate), un fonendoscopio, un martelo de reflexos, unha linterna
pequena e un diapasón (128 Hz). E OBLIGATORIO
que os alumnos de Medicina leven nun lugar visible da sua bata ou
pixama unha tarxeta identificativa onde conste o seu nome e apelidos e
a indicación
de que son Estudantes de Medicina. Para a asistencia aos
quirófanos deberán seguir escrupulosamente as
indicacións que lles den, no seu momento, os profesores do
Departamento de Cirurxía. A información clínica a
que teñan acceso os alumnos de Medicina é ESTRICTAMENTE
confidencial. O incumplimento de esta norma conlevará a
correspondente sanción (independentente das accións que
establece a Lei para estos supostos). Anímase ao alumnado que
mentras estén nos Centros Asistenciais observen as normas de
urbanidade na conducta, aspecto e indumentaria personal que se espera
de personas que traballan en Centros onde se atenden a persoas con
problemas de saúde. As/os alumnos de Medicina nunca
deberán dirixirse aos doentes e familiares sen antes presentarse
e identificarse como Estudantes de Medicina, e sempre que reciban a
correspondente autorización do seu titor clinico ou facultativo
responsable. Nun plazo breve indicarase o procedemento de
asignación de taquillas.
OBXETIVOS
DOCENTES DE PROPEDEUTICA CLINICA
DESCARGUE A FOLLA DE AVALIACION EN PDF
DESCARGUE
MODELO DE IDENTIFICACION DE ESTUDANTE DE MEDICINA
SEMINARIOS
CALENDARIO E
GRUPOS DE
DOCENCIA CLINICA
A docencia clínica dará comenzo o 5 de outubro para os
grupos indicados no calendario. Aqueles alumnos que non aparezcan nos
listados deberán anotarse na Secretaría da Facultade
antes de 15 de outubro (Manuel Lareo)
GRUPOS DE
PRACTICAS
Os alumnos que non aparezan en estos grupos de prácticas
deberán anotarse na Secretaría da Facultade (Manuel Lareo)