Presentación

Importancia destes estudos

A transcendencia económica e social do turismo en Galicia e no resto de España converte a formación dos recursos humanos en materia turística nunha tarefa ineludible para a Universidade de Santiago de Compostela.

Obxectivos

Este máster oficial, que segue as directrices do Espazo Europeo de Educación Superior, persegue un dobre obxectivo:

  1. Dotar ao alumnado das competencias máis relevantes, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada, da planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas no ámbito turístico, proporcionándolle unha visión global e integradora, seguindo os criterios de innovación, eficiencia e sustentabilidade.
  2. Formar dun modo rigoroso a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.

A Universidade de Santiago de Compostela participa na Rede Interuniversitaria de Posgrados en Turismo (Rede-Intur).

Descrición do título

Título conferido: Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Duración: un curso académico (60 créditos ECTS)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas

Tipo de ensino: presencial

Orientacións: profesional, investigadora e académica.