|
|
Centro de Estudos e Investigacións Turísticas
ÁREAS DE ACCIÓN
O obxectivo principal do centro é a investigación, a docencia, a información, a formación continua e o asesoramento técnico sobre calquera aspecto relacionado co turismo no contexto territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
A actividade do CETUR estructúrase en diferentes áreas de traballo, asociada cada unha delas aos obxectivos estratéxicos e operativos establecidos. Son:
1. Área de actividades docentes, na que se promoven e desenvolven cursos de especialización e/ou formación continua no campo do turismo.
2. Área de investigación, encargada de incentivar, promover e coordinar os diferentes equipos de investigación integrados no propio CETUR.
3. Observatorio Turístico, no que se realiza un seguimento do sector turístico a partir da análise e estudo das súas principais compoñentes de oferta e demanda.
4. Área de relacións exteriores, encargada de propor e asinar convenios con outros centros converxentes co CETUR, estimulando principalmente a colaboración intercentros a nivel nacional e internacional.
5. Área de actividades, destinada á promoción e desenvolvemento de todo tipo de actos e actividades destinadas á divulgación e aprendizaxe de coñecementos relacionados co turismo (seminarios, congresos,...).
|