| |
O ODA presenta
os resultados do informe
sobre a industria audiovisual en Galicia no bienio 2001
- 2002. O
máis salientable durante estes últimos dous anos
é a reducción en 4.500.000 de euros do investimento
nas produccións con respecto ó bienio do ano 1999
- 2000. Do mesmo xeito tamén se percibiu un descenso dun
30% no número de productos realizados. Pola contra observouse
que as empresas do audiovisual galego superan a media das PEMES
nos marcadores indicativos da Sociedade da Información.
Se o desexa,
pode descargar en formato PDF o informe
completo e a nota
informativa de divulgación para a prensa.
Máis
información
|
|
O observatorio
do audiovisual, ODA, ten por obxecto o seguemento sistemático
da producción, modo de financiamento e circulación
das obras cinematográficas e audiovisuais galegas, a súa
catalogación, e a actualización permanente dunha base
de datos e documental arredor desta ponla da industria da comunicación
e da cultura.
Dende a súa posta en marcha mantén como parceiros
a Compañía de Radiotelevisión
de Galicia, CRTVG e ó Consello
da Cultura Galega, CCG.
Máis información
|