FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

 
 
  [INFORME DO AUDIOVISUAL EN GALICIA 2001 - 2002]
Para ver os informes precisa de Adobe Acrobat
 

 


Descende o investimento nas produccións audiovisuais galegas

O investimento total en producción audiovisual galega nos últimos dous anos foi de 47.124.499 € (7.800 millóns de ptas), o que supón un descenso de preto de 4.500.000 € con respecto ó bienio anterior. Este descenso tamén se evidencia no número total de produccións, que pasou de 107 a 75 neste periodo, o que supón un retroceso do 28,9%, tal e como se desprende da investigación realizada polo Observatorio do Audiovisual Galego da Universidade de Santiago de Compostela. Cómpre subliñar que das 8 longametraxes rexistradas no catálogo de producción audiovisual 2001-2002, o 50% delas non foron aínda estreadas no cinema.

 

  [INFORME DO AUDIOVISUAL EN GALICIA 2001 E CATÁLOGO 1999 - 2000]
Para ver os informes precisa de Adobe Acrobat
 

 


Catálogo de produccións galegas (1999 - 2000)

107 productos, entre obras únicas e seriadas, delas 35 de ficción, 55 documentais, 7 de animación e 6 multimedia, máis as que se ordean no epígrafe de 'outros', foi o volumen da producción de stock do audiovisual galego no bienio 1999-2000. Unha producción de longa permanencia no mercado, que a respecto do bienio anterior (1997-1998) representa un suba do 72,5 por cento, unhas obras que poden ser almacenadas e vendidas ao longo do tempo e que, asemade, pasan a formar parte do patrimonio cinematográfico e audiovisual da Galiza, é dicer, da nosa capacidade de expresión e de relación con outras culturas a traverso da producción material.

 

  [CATÁLOGO 1997 - 1998]
Para ver os informes precisa de Adobe Acrobat
 


Catálogo non dispoñible na web
 


Catálogo de produccións galegas (1997 - 1998)

É certo que ó principio pensamos nun catálogo como esa parte útil que, asemade, lles confire ós productos que sistematiza unha certa aura de profesionalidade. Neste caso tratábase de obras para clasificar en catro partes, a de Cinema -coas pólas convencionais de Curta e de Longametraxes-, a de Televisión -coa subdivisión entre ficción seriada, telefilmes, comedias de situación ou sit-com e mais documental-, a do que se adoita denominar Audiovisual -video publicitario e mais insitucional - e a Multimedia, para novos proxectos, para outros soportes coma o CD-Rom ou para outro modo - na Rede- de circulación.

 

  [EUROPEAN MINORITY LANGUAGE TV SERVICES]
Para ver os informes precisa de Adobe Acrobat
 
 


Cara un servicio europeo de televisión en linguas minoritarias
(1998 - 1999)

Falar do inicio dun proceso que conduza á integración de determinados activos das televisións públicas en linguas nacionais de Catalunya, Galicia, Ireland e Wales nun Servicio de oferta de localización e utilización de contidos, de colaboración para a producción e a difusión, de intercambio de información sobre as estratexias para a Sociedade do Coñecemento, e sobre as necesidades crecentes en poñer ao día criterios acaídos para un tipo de formación versátil e polivalente, como tantas veces se leva dito, que ten que contemplar o rendemento económico inserido na dinámica de soberanía cultural que reclama a Política Europea do Audivisual e o principio de cidadanía como orientador das liñas mestras da Sociedade da Información.
Algunhas cuestións atravesan os sucesivos capítulos da investigación e, obviamente, reaparecen no balance final a modo de pontos de referencia, de ancoraxe, como urxencia e mesmo como recomendación, a partir da interpretación de certas variabeis como cualitativas, é dicer, como elementos capaces de modificar o impasse actual en problemas de prolongada falla de solución.


 

  [TELEVISIÓN E INTERCULTURALIDADE]
Para ver os informes precisa de Adobe Acrobat
 
Informe en Galego
 
 
 
 
 


Televisión e Interculturalidade en Bretaña, Galicia e País de Gales (1997-1998)

A liña lene que debuxa a construcción da Identidade como un proceso histórico vai enlazando entre sí Televisión pública, linguas minorizadas, neste caso as linguas propias de Bretaña, de Galicia e do País de Gales e a consciencia da Europa multicultural como un dos sinais do mundo contemporáneo, cando se axuntan a industria informática, as telecomunicacións e os fornecedores de programas, de contidos, para establecer os termos do que se denomina converxencia e que está na orixe non só de novos modelos de competitividade, modelos que terán que atravesar un tempo no que se tentan recuperar compoñentes éticos, é dicer sociais, no eido da producción, circulación e consumo de bens simbólicos, como de fórmulas de colaboración entre a investigación universitaria e os profesionais do audiovisual.

É no ámbito que debuxa esta liña onde se incardina o traballo que apresentamos, un traballo que parte dun plantexamento de tipo holístico no que caben diferentes xeitos de nos representar como países, políticas televisivas distintas verbo das responsabilidades públicas e das actividades na producción e na distribución, fases específicas do proceso identitario e da súa formalización, e do que se poden deducir actuacións concretas, no tempo e no espacio. Agora, cando o modo de pensar o espacio audiovisual europeo está a sufrir variacións sustanciais.

 


 
[SECCIÓNS]
   
Contacto Investigacións Informes Enlaces Equipo de investigación