FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

 
   
  [INVESTIGACIÓNS]  
 

 

 



 

A audiencia de radio en Galicia

A audiencia da radio en Galicia" nace dentro das liñas de investigación en audiencias radiofónicas da Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago. O obxectivo é realizar un estudio de audiencias, o máis completo posible, da radio en Galicia, cubrindo tódolos concellos do país. Ata este momento, non había investigacións de audiencias específicas para o país. O proxecto foi financiado pola Xunta de Galicia e proposto polo Consello Asesor de RadioTelevisión Española.

 

Os informativos diarios nas televisións locais de Galicia.
A información televisiva no espacio local
Para ver este estudio precisa de Adobe Acrobat e de WinZip

A aldea global comeza na beirarúa. Este é un dos puntos de partida desta tese doutoral que aborda os distintos xeitos de facer información nas televisión locais. Este estudio está realizado por Ana Isabel Rodríguez Vázquez e foi dirixido polo profesor Xosé Soengas Pérez da Universidade de Santiago de Compostela.
A autora defende que a televisión local está construída por e para os cidadáns dunha mesma comunidade, o que supón un novo xeito de plasmar a información diaria. Esta tese doutoral foi defendida en marzo do ano 2001.

 

 
[SECCIÓNS]
   
Contacto Investigacións Informes Enlaces Equipo de investigación