| |
|
O
observatorio do audiovisual, ODA, ten por obxecto o seguemento sistemático
da producción, modo de financiamento e circulación
das obras cinematográficas e audiovisuais galegas, a súa
catalogación, e a actualización permanente dunha base
de datos e documental arredor desta ponla da industria da comunicación
e da cultura.
ODA é un dos resultados prácticos da liña de
investigación sobre política audiovisual europea que
a partires de vectores lingüísticos, tecnolóxicos,
de mercado e nacionais, se desenvolve no seo do Departamento de
Ciencias da Comunicación da USC. O estudo da integración
sectorial trans-rexional Galiza-Norde de Portugal e máis
a elaboración e publicación de informes bianuais sobre
o estado do audiovisual é outra das súas aplicacións.
ODA fuciona como centro de referencia para outros emprendementos
parellos en Universidades e Insitucións do Estado español
e da Europa, abríndose dende xa á consulta directa
dos seus arquivos, proxectos en curso e servicios. Dende a súa
posta en marcha mantén como parceiros a Compañía
de Radiotelevisión de Galicia, CRTVG e ó Consello
da Cultura Galega, CCG.
|
|