|
A
Olimpíada Matemática Galega é unha competición entre estudiantes
de Galicia que ten como obxectivo fundamental o estimular o estudio das matemáticas
descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo,
en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución
de problemas.
Este concurso constitúe a Fase de Distrito Galego da Olimpiada Matemática
Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española. As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, celébranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de
Santiago de Compostela, e nelas selecciónase ata 9 estudiantes para
representar a Galicia na Fase Nacional.
Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que
curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes
da última
etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes.
Os problemas das diferentes fases non requiren uns
coñecementos especiais de matemáticas, senón que buscan a capacidade
de raciocionio e a orixinalidade do pensamento.

|