A Real Sociedad Matemática Española (RSME) convoca, baixo o patrocinio da Subdirección General de Becas y Promoción Educativa do Ministerio de Educación, a XLVIII Olimpíada Matemática Española consonte ás seguintes
BASES:
1. Participantes:
Poderá participar na XLVIII Olimpíada Matemática Española todo o alumnado do sistema educativo español que estea matriculado durante o curso 2011-2012 en Bacharelato.
Con carácter excepcional, e con aval individual por escrito da súa profesora ou profesor, tamén poderá tomar parte na XLVIII Olimpíada Matemática Española o alumnado do 2º Ciclo de ESO de excelentes capacidades.
A participación é individual.
2. inscrición:
Quenes teñan interese en participaren na XLVIII Olimpiada Matemática Española en Galicia débense inscribir en liña a través da páxina web da OME en Galicia http://www.usc.es/olympia. Tamén o poden facer por escrito, cumprimentando íntegramente o Boletín de inscrición anexo, o que enviarán ó Delegado da RSME para esta Olimpiada en Galicia, ó enderezo que alí se indica, ben por sí mesmos ou a través do Centro no que cursan os seus estudios.
3. Primeira Fase.
3.1 Desenvolvemento.
En Galicia, a primeira Fase, ou Fase Autonómica, da XLVIII Olimpiada Matemática Española, é a Olimpíada Matemática Galega 2011-12, e consistirá en dúas sesións de resolución de problemas de Matemáticas, que se realizarán o día 17 de decembro de 2011, no lugar e horas que figura á fin destas páxinas.
O alumnado inscrito queda xa convocado para as probas sen necesidade de comunicación persoal posterior.
Sómentes se permitirá o uso de útiles de escribir e debuxar. En particular, non están permitidas calculadoras, libros, táboas ou outros documentos distintos dos que proporcione o Tribunal.
3.2 Tribunais da Primeira Fase.
En Galicia, un Tribunal delegado pola RSME cualificará os ejercicios e clasificará as persoas gañadoras da Primera Fase, en número de nove como máximo.
3.3 Premios da Primeira Fase.
A Subdirección General de Alumnos, Participación e Igualdad do Ministerio de Educación concede, para a Primera Fase, os seguintes premios en metálico:
| Tres primeiros premios de |
380 € |
| Tres segundos premios de |
285 € |
| Tres terceiros premios de |
220 € |
que se entregarán ó alumnado gañador da Primera Fase clasificado nas posicións primeira a terceira, cuarta a sexta, e sétima a novena, respectivamente.
Asimesmo, a Real Sociedad Matemática Española premiará a este alumnado gañador con una cuota anual de socio-estudiante individual, o que lle dá dereito, entre outros beneficios, a recibi-la revista La Gaceta da Real Sociedad Matemática Española durante un ano.
O alumnado gañador da Primera Fase recibirán, asimesmo, un diploma acreditativo.
4. Segunda Fase.
4.1 Desenvolvemento.
A Segunda Fase, ou Fase Nacional, da XLVIII Olimpiada Matemática Española terá lugar en Santander, do 22 ó 25 de marzo de 2012. Nela, adquiren o compromiso de participar, salvo forza de causa maior, quenes obteñan algún dos tres primeiros premios na Primeira Fase, e consistirá na resolución de problemas de Matemáticas durante dúas sesións.
O aloxamento e a mantenza do alumnado participante, durante a súa estadía en Santander será por conta da organización local da Segunda Fase.
4.2 Tribunal da Segunda Fase.
Para a proposta e cualificación de exercicios constituirase un Tribunal formado por Profesorado representante dos Distritos Universitarios e da Comisión de Olimpiadas da RSME. Este Tribunal realizará unha clasificación do alumnado participante, de acordo cos criterios de cualificación e desempate establecidos pola Comisión de Olimpiadas da RSME.
4.3 Premios da Segunda Fase.
Nesta segunda fase entregaranse os seguintes premios:
- Diploma e Medalla de Ouro a quenes se calsifiquen nos seis primeros postos.
- Diploma e Medalla de Prata a quenes se clasifiquen entre os postos séptimo e decimoitavo.
- Diploma e Medalla de Bronce a quenes se clasifiquen entre os postos decimonoveno e trixesimosexto.
Ademáis, aSubdirección General de Alumnos, Participación e Igualdad do Ministerio de Educación concede para cada un dos seis primeiros postos un premio en metálico de 750 €.
4.4 Listas de premiados.
A relación de participantes que obteñan premio farase pública na páxina web da olimpíada. A participación na mesma implica a caeptación da publicación das anteditas listas por parte dos concursantes afectados.
5. Propiedade intelectaual.
A Olimpiada é propiedade da Real Sociedad Matemática Española, a cal cede libremente o uso dos exerccios eprobas publicadas con fins educativos, académicos ou similares e en actividdes sen ánimo de lucro e sen efectos comerciais. En calquera uso público deberá citarse a procedencia.
6. Dereitos de imaxe.
A efectos de imaxes (fotografías, vídeos, etc), as probas, concursos e outras actividades da olimpiada serán tratadas segundo as normas da sede onde teñan lugar o acto correspondente ou, no seu defecto, segundo os criterios da RSME. O acto de entrega de premios será sempre un acto público e as reportaxes gráficas que nel se fagan serán propiedade da institución que o organice e da RSME; estas institucións poderán usar libremente este material nas súas publicacións, sitios web, etc. A participación na Olimpíada implica expresamente a aceptación desta condición por parte dos concursantes afectados
7. Preparación e Participación en Olimpiadas Internacionais.
Quenes se clasifiquen nos seis primeiros lugares na Fase Nacional formarán parte do Equipo Olímpico de España, e ostentará a súa representación na 53rd International Mathematical Olympiad, que se celebrará en Mar del Plata, (Arxentina) en xullo de 2012.
Quenes se clasifiquen nos seguintes lugares terán o carácter de suplentes, a estes efectos.
Corresponde á Comisión de Olimpiadas da RSME decidi-la composición do Equipo Olímpico de España participante na XXVII Olimpiada Iberoamericana de Matemática, a celebrar en Bolivia, en setembro de 2012, á luz dos resultados obtidos pola participación na Olimpiada Matemática Internacional.
Ser membro do Equipo Olímpico leva consigo a obriga de participar con aproveitamento nas sesións de preparación que organice a Comisión de Olimpiadas da RSME. A falla de participación non xustificada nas sesións de preparación pode ser motivo de exclusión do Equipo Olímpico. As devanditas sesións poderán ser invitado, segundo as dispoñibilidades económicas, alumnado suplente ou clasificado na Fase Nacional en lugares posteriores ós seis primeros, sempre dentro dos premiados na Segunda Fase. En tal sentido, darase prioridade ó posto acadado e á xuventude, especialmente quenes poidan aínda participar en futuras edicións da Olimpiada Matemática Española.
8. Decisións dos Tribunais
As decisiones dos Tribunais, tanto da Primeira como da Segunda Fases da XLVIII Olimpiada Matemática Española, así como os acordos da Comisión de Olimpiadas, son inapelables.
Excepcionalmente, os premios poden ser declarados desertos.
A percepción dos premios queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente.
9. Profesores preparadores
O profesorado que realice a preparación de participantes nas distintas Fases da XLVIII Olimpiada Matemática Española que resulten seleccionados, recibirán a credencial para accederen ó recoñecemento e certificación de actividades de innovación que se establecen na Resolución de 8 de novembro de 1995 da Secretaría de Estado de Educación (BOE 02-12-95). A tales efectos, deberán cumprimenta-la parte correspondente do Boletín de inscrición.
10. Aceptación
A participación na XLVIII Olimpiada Matemática Española supón a aceptación destas bases. |